Archivo de la categoría: festas

Desfile e baile de Entroido

O DESFILE DE ENTROIDO DE BARREIROS REPARTIRÁ PRETO DE 1.000 EUROS EN PREMIOS O VINDEIRO 3 DE MARZO. HABERÁ TAMÉN CEA E BAILE ESA XORNADA NUNHA CARPA INSTALADA NA PRAZA DO CONCELLO.

Barreiros, 14 de febreiro de 2017. En Barreiros o Desfile e Baile de Entroido terá lugar o vindeiro 3 de marzo, organizado polo Concello.

Ás 21 horas dará comezo o desfile polas rúas do pobo coas actuacións de Os Fandangueiros, A Folixa, Habelas Hainas e Os Macanudos. O percorrido será o seguinte: praza do Concello, Rúa Veiga, vivendas sociais, Camiño de Covas, Estrada da Praia, Rúa Urbanización Pedrós, Rúa Vila e remate na praza do Concello.

E ás 22:30 horas nunha carpa instalada na propia praza do Concello haberá a cea, que será servida por Chao dos Navais. O menú inclúe: entrantes fríos, churrasco, postre, pan, bebida e café por 12 euros persoa. Os interesados en acudir poden reservar no seguinte número de teléfono: 647 65 32 88.

Segundo explican desde o Concello “despois da cea será a entrega de premios e o Baile de Entroido, que estará amenizado polo grupo musical Lecer”. En total repartiranse preto de 1.000 euros en premios.

Da organización do Desfile e Baile de Entroido de Barreiros encárgase o Concello que conta coa colaboración de Mar e Monte, Comerciantes de Barreiros, Os Macanudos, Habelas Hainas e Chao dos Navais.

Festa dos Reis Magos

Moitos foron @s nen@s e adultos que gozaron o pasado 5 de xaneiro coa Cabalgata de Reis, que percorreu as rúas de San Cosme de Barreiros e que rematou coa visita das súas Maxestades ao nacemento vivente situado no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Esta foi unha das últimas actividades das que desfrutaron os máis novos en Barreiros, xunto coa presenza dos Bolechas o pasado sábado, 7 de xaneiro. Durante as últimas semanas tamén houbo música, festa infantil e a recepción de Papá Noel. 

Samaín mexicano no CEIP de Barreiros

samain-barr

O Ceip San Cosme celebra unha Noite dos Mortos temática, dedicada a México e ás súas famosas “calaveritas”. Os profesores maquillaron aos alumnos cos típicos motivos do carnaval hispano. Cantaron, xogaron e disfrutaron mentras aprendían os misterios e lendas doutra cultura. Unha actividade organizada polo equipo docente en horario escolar.