Archivo de la categoría: festas

No Concello de Barreiros tivo lugar a presentación do DisfraBAR

No Concello de Barreiros tivo lugar a presentación do DisfraBAR, unha actividade de Entroido organizada pola asociación de
Hostelería de Barreiros e na que se vai sortear un menú completo de cocido para un grupo de 10 persoas. Será entre todos aquelas persoas que percorran os 7 establecementos hostaleiros que participan na iniciativa entre o 4 e o 6 de marzo. Cada persoa obterá

un selo para a súa papeleta por cada consumición realizada. O sorteo do premio terá lugar o 8 de marzo, na praza do Concello, durante a Festa do Entroido de Barreiros.

Para facilitar a participación no DisfraBAR e favorecer a mobilidade segura haberá un bus gratuíto durante os tres días, grazas á colaboración do Concello de Barreiros. Funcionará o luns e o mércores entre as sete da tarde e as doce da noite e o martes de Entroido de doce do mediodía a 4 da tarde e de sete da tarde a doce da noite. Partirá das inmediacións do Centro de Saúde e percorrerá os bares que se dan cita no DisfraBAR e que son La Barrica, A Yenka, A Curva, Lozano, O Asador, Moderno e Centro Social.
Na presentación desta mañá estivo o alcalde, Alfonso Fuente, xunto a representantes da asociación Hostelería de Barreiros.

O FESTIVAL INFANTIL DO ENTROIDO 2019 EN BARREIROS TERÁ LUGAR O 3 DE MARZO. HABERÁ DESFILE, BAILE, XOGOS MÁXICOS E PHOTOCALL

O FESTIVAL INFANTIL DO ENTROIDO 2019 EN BARREIROS TERÁ LUGAR O 3 DE MARZO. HABERÁ DESFILE, BAILE, XOGOS MÁXICOS E PHOTOCALL.

Barreiros, 18 de febreiro de 2019. A Concellería de Cultura organiza o Festival Infantil do Entroido 2019 o 3 de marzo.

A festa terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro entre as 17:30 e as 20:15 horas.

Haberá un desfile infantil de disfraces con agasallos, bailes en grupo, xogos máxicos e photocall. Desde o Concello advirten que “nas actividades os menores deberán estar acompañados dun responsables desa rapaza ou rapaz”.

Os números de dinamización e maxia correrán a cargo de Chrystyan Magic. No Festival Infantil do Entroido 2019 en Barreiros tamén participarán Os Cabezudos.

O VINDEIRO SÁBADO, 23 DE FEBREIRO, TERÁ LUGAR EN BARREIROS A II FESTA DO COCIDO. AS ENTRADAS PARA ASISTIR XA ESTÁN Á VENDA

O VINDEIRO SÁBADO, 23 DE FEBREIRO, TERÁ LUGAR EN BARREIROS A II FESTA DO COCIDO. AS ENTRADAS PARA ASISTIR XA ESTÁN Á VENDA.    

Barreiros, 18 de febreiro de 2019. O Concello de Barreiros colabora co CF CeltaBarreiros e as charangas Os Macanudos e Habelas Hainas na organización da II Festa do Cocido que se celebrará o vindeiro sábado, 23 de febreiro. Terá lugar no polideportivo de San Cosme e dará comezo ás 21:30 horas.

O menú consistirá en sopa de cocido, cocido, postre, viño, auga, refrescos, pan, café e chupito. O prezo é de 20 euros para os adultos e de 10 euros para @s nen@s de ata 10 anos. A cea será servida polo cátering Chao dos Navais e o baile estará amenizado pola discoteca móbil Eventec. Ademais haberá sorteo de grandes premios.

As persoas interesadas en asistir a esta festa poden facer as súas reservas nos números de teléfono: 659 392 666 (Manolo), 667 316 459 (Demelsa) ou 609 575 536 (Iria).

No evento colaboran ademais do Concello os restaurante O Asador e La Yenka, Chao dos Navais, Eventec, Eroski e Gadis.

A II Festa do Cocido foi presentada hoxe polos organizadores, que estiveron acompañados polo alcalde e polo tenente de alcalde, Alfonso Fuente Parga e José Manuel Gómez Puente, respectivamente.

O CONCELLO DE BARREIROS PROGRAMA, PARA ESTES DÍAS, TEATRO O 3, A CABALGATA DE REIS E O NACEMENTO VIVENTE QUE TERÁN LUGAR O 5 DE XANEIRO

O CONCELLO DE BARREIROS PROGRAMA, PARA ESTES DÍAS, TEATRO O 3, A CABALGATA DE REIS E O NACEMENTO VIVENTE QUE TERÁN LUGAR O 5 DE XANEIRO.

Barreiros, 31 de decembro de 2018. O Concello de Barreiros continúa coa súa programación de Nadal cunha actuación teatral que terá lugar este xoves, día 3, e a cabalgata de reis e o nacemento vivente que se celebrarán o sábado, 5 de xaneiro.

O grupo Palimoco Teatro representará Queres que cho conte?. A obra, dirixida ao público familiar, será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, ás 12:00 horas. Esta actuación está incluída no programa Nadal pola Provincia, que desenvolve a Deputación de Lugo.

O sábado, 5 de xaneiro, ás oito da tarde terá lugar a apertura ao público do nacemento vivente. E celebrarase a tradicional cabalgata de reis. A comitiva chegará ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro arredor das 20:15 horas.

Todas estas actividades están organizadas pola Concellería de Cultura de Barreiros e a Oficina Municipal de Información Xuvenil coa colaboración de moz@s e voluntarios.

AS COMISIÓNS DE FESTAS DE SAN ROQUE, SAN BARTOLO E SAN COSME AGRADECEN A COLABORACIÓN DO CONCELLO BARREIRENSE COA ORGANIZACIÓN DESTES EVENTOS

AS COMISIÓNS DE FESTAS DE SAN ROQUE, SAN BARTOLO E SAN COSME AGRADECEN A COLABORACIÓN DO CONCELLO BARREIRENSE COA ORGANIZACIÓN DESTES EVENTOS.

Barreiros, 9 de outubro de 2018. As comisións de festas de San Roque, San Bartolo e San Cosme queren agradecer ao Concello de Barreiros a axuda prestada para a realización de ditas festas, que consistiu en facilitar carpas, instalación eléctrica, grupo electróxeno e combustible, tal e como fai en todas as demais festas do municipio.

Festas Patronais na Honra de San Cosme

No hay texto alternativo automático disponible.

SAN COSME DE BARREIROS CELEBRA AS SÚAS FESTAS PATRONAIS OS DÍAS 26 E 27 DE SETEMBRO. HABERÁ MISAS, PROCESIÓN, SESIÓNS VERMÚ, VERBENAS E XOGOS INFANTÍS.

Barreiros, 25 de setembro de 2018. San Cosme de Barreiros celebra as súas festas patronais os días 26 e 27 na praza do Concello. O edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anima a asistir ás actividades programadas. Haberá misa solemne os dous días, á unha do mediodía, e sesión vermú. Mañá, mércores 26, actuará un grupo de gaiteiros á saída da misa, e ás 21:30 horas celebrarase a festa-verbena coas orquestras Abanico e Metrópolis. O xoves 27, festivo local, terá lugar a misa cantada pola Coral de Barreiros, ás 18:00 horas haberá xogos infantís e ás 21:30 horas festa-verbena coas orquestras Essencia e Alaska.

O concelleiro barreirense anunciou que “mañá e o xoves se vai celebrar o San Cosme, que é a festa patronal de San Cosme e de Barreiros. É festivo local o día 27 e como é costume sempre se fan os días propios de festa, que van ser o 26 e 27”.

Gómez Puente dixo que “os dous días a misa vai ser á unha. Mañá na igrexa de Abaixo, seguida de procesión e despois a actuación dunha agrupación folclórica de gaiteiros. De seguido será a sesión vermú e a festa-verbena ás nove e media. Ímola facer cedo porque imos ter dúas orquestras e para que non se alongue moito a festa, acabar sobre as tres e media ou catro da madrugada parécenos que está ben”.

O edil sinalou que “o día 27 haberá tamén misa solemne á unha e vai estar cantada pola Coral de Barreiros, que o fai moi ben. Animo á xente a que veña á misa para que os escoite e despois haberá sesión vermú. Ás seis vai haber xogos infantís e ás nove e media festa-verbena con dúas grandes orquestras”.

José Manuel Gómez Puente subliñou que “son dous días que coinciden pola semana, pero a tradición di de respectar ese día festivo local que é o xoves. Animamos a que a xente disfrute destes dous días de lecer, tantos aos veciños de Barreiros como aos de toda a comarca. Esperemos que nos acompañe o tempo que creo que si. Vai haber carpa para non notar a friaxe da noite e animar á xente para que nos acompañe”.

NOTA: 

26-09-2018  Actuación folclórica despues de la música.

27-09-2918  Misa cantada pola Coral de Barreiros.

Xogos infantiles ás 18:00 Horas

Medio centenar de miembros de la familia Cela celebraron su comida anual hace unos días en el restaurante O Asador, de Barreiros

Medio centenar de miembros de la familia Cela celebraron su comida anual hace unos días en el restaurante O Asador, de Barreiros. Oriundos de San Martiño los 11 hermanos y hermanas y sus hijos se reúnen desde hace 16 años para pasar una jornada compartiendo mesa y mantel, conversación y recuerdos. A este encuentro llegaron procedentes de Foz, Burela, Barreiros, O Valadouro, A Coruña, Oza, Cesures, Carballiño, Madrid y Ourense.

San Cosme continúa en modo fiesta con el San Bartolo

San Cosme continúa en modo fiesta con el San Bartolo

.
MAITANE LOPEZ

Hoy •?Todo el día?•?San Cosme de Barreiros?•?Todo listo y más que preparado para que la fiesta haga brillar San Cosme de Barreiros. Es la cita de San Bartolo, que continuará en esta jornada de viernes con misa a las 13.00, seguida de procesión, y sesión vermú a las 14.00 horas con Versalles. Esta misma orquesta amenizará la verbena nocturna, junto a otro grupo musical, Ciclón.