Archivo de la categoría: festas

La Xunta subvenciona con 24.000 euros a ocho concellos de la Mariña

La Xunta subvenciona con 24.000 euros a ocho concellos de la Mariña para colaborar con la organización de sus fiestas de interés turístico

Así o comunicou hoxe a delegada territorial, Raquel Arias, quen subliñou a necesidade de potenciar estas festas que “pola súa singularidade teñen un recoñecemento a nivel autonómico e supoñen un importante reclamo de atracción turística, ademais de constituír un incentivo para as economías locais”.

Arias apuntou, ademais, que as axudas á comarca significan o 50% do total concedido á provincia, nunha mostra máis do esforzo que fan os municipios mariñáns por potenciar e diversificar a súa oferta turística e do apoio da Xunta a este labor.

A Xunta outorgou 3.000 euros a cada concello solicitante, xa que as subvencións se convocan en concorrencia non competitiva, para colaborar cos gastos relativos á promoción e a difusión turística da festa, como publicidade, cartelaría, anuncios nos diferentes medios de comunicación ou actuacións artísticas. No caso de celebración de festas gastronómicas son subvencionables tamén os gastos de adquisición do produto obxecto da festa. Subvenciónase un evento por cada municipio.

A delegada territorial indicou que as festas subvencionadas “forman parte da nosa cultura e son un escaparate da diversidade da nosa provincia cara aos visitantes, un abano de manifestacións festivas de diversa índole, gastronómica, relixiosa, cultural ou histórica, que teñen lugar ao longo do ano nos distintos concellos lucenses”.

Así, obtiveron a axuda da Xunta, xestionada a través de Turismo de Galicia, as seguintes festas: A Romaría do Naseiro, en Viveiro; as Festas Patronais de San Lourenzo, en Foz; as San Lucas, en Mondoñedo; a Xira de Santa Cruz, en Ribadeo; a Feira do Bonito de Burela; a Festa da Faba de Lourenzá; a Festa do Ourizo en Cervo, e o Festival Internacional do Emigrante, en Barreiros.

O PSOE de Foz convida a participar na celebración do 1º de Maio no Bispo Santo Foz

O PSOE de Foz convida a participar na celebración do 1º de Maio no Bispo Santo Foz.- 23/04/2016 A Agrupación Socialista de Foz convida a tódolos veciños, veciñas, simpatizantes e militantes de Foz e da comarca da Mariña, a celebrar o 1º de Maio compartindo o tradicional xantar, que levan celebrando ininterrompidamente dende fai 30 anos por esta data, na área recreativa do monte Bispo Santo, baixo unha carpa, a carón da vila de Foz. A partires da unha do mediodía comezará a recepción dos asistentes, para a partires das dúas degustar un menú composto por: paella mixta, lacón asado con patacas e pementos e Tarta Santiago, viños, refrescos café e licores variados. O prezo é de 20€ para os adultos, gratuíto para menores de 4 anos e de 10€ para os nenos e nenas de 5 a 10 anos. Quen queira asistir ten que anotarse chamando ao teléfono 667 052 058 antes do mércores día 27.

O CONCELLO ORGANIZA UN ESPECTÁCULO MUSICAL PARA ESTE DOMINGO

O CONCELLO ORGANIZA UN ESPECTÁCULO MUSICAL PARA ESTE DOMINGO, 3 DE ABRIL. O CANTAUTOR GALEGO MANOLO COUTO PRESENTARÁ O DISCO TESOUROS OCULTOS.

Barreiros, 31 de marzo 2016. Este domingo, 3 de abril, o intérprete galego Manolo Couto presentará o disco titulado Tesouros Ocultos.  Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 18:30 horas e está organizado pola Concellería de Cultura de Barreiros a través da súa Oficina de Información Xuvenil.

Neste espectáculo musical o cantautor, humorista e intérprete galego presentará o que é o seu cuarto disco e que leva por título Tesouros Ocultos. Este traballo está composto por famosos clásicos do vinilo como Os Panchos ou Pucho Boedo, e composicións do propio Manolo Couto con denuncia de temas de actualidade tales como o maltrato ou os incendios forestais.Cantautor Barreiros

Abre una nueva sala de fiestas en San Miguel de Reinante

La antigua sala Metro se llamará ahora O que che dixen 2

BARREIROS / LA VOZ, 17 de febrero de 2016. Actualizado a las 22:30 h. 0Un detalle de la nueva sala.

AMPLIAR IMAGEN

Un detalle de la nueva sala.

Mañana viernes abrirá sus puertas una nueva sala de fiestas en A Mariña, la antigua Sala Metro de San Miguel de Reinante, que ahora con Toni Novo al frente, se llamará O que che dixen 2. El local, explica Novo, «vai destinado a sala de festas con diferentes orquestras todos os venres e sábados». Y mañana, para abrir el negocio, a partir de las 23.30 horas actuará Jerusalen. Las siguientes actuaciones ya confirmadas serán el 26 Fenix, el 4 de marzo Palladium, el 11 de marzo Lecer, el 18 Matiné y el 25 Claxxon.

O TANGO SOARÁ ESTE DOMINGO, 21 DE FEBREIRO, NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO

O TANGO SOARÁ ESTE DOMINGO, 21 DE FEBREIRO, NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO.

Barreiros, 15 de febreiro 2016. O espectáculo Tango porase en escena este domingo, día 21, no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros.

O grupo Nova Poesía ofrecerá este espectáculo de audición musical no que versionará famosos tangos dentro do panorama histórico-musical. Este grupo está integrado por profesionais da música que interpretarán as pezas á guitarra, bandurria e rapsodia.

O concerto que terá lugar este domingo, día 21, comezará ás seis e media da tarde no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros.

Esta actividade está organizada polo Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil.

Maxia, desfile de disfraces, baile e animación o Domingo 7 en Barreiros

En Barreiros o centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acolleu onte, domingo, o Festival de Entroido, organizado pola Concellería de Cultura e pola Oficina de Información Xuvenil. Alí houbo maxia, desfile de disfraces, baile e animación, unha cita á que non faltaron os tradicionais cabezudos. O público asistente con ou sen disfraz gozou moito con esta festa.080216 Foto desfile Barreiros 1

080216 Foto desfile Barreiros 2

080216 Foto desfile Barreiros 3

080216 Foto desfile Barreiros 4

Todo listo en Ribadeo para el pregón y la Gala do Entroido, con muchas sorpresas

Todo listo en Ribadeo para el pregón y la Gala do Entroido, con muchas sorpresas

En Barreiros mañana habrá desfile de disfraces infantil y juvenil y baile

RIBADEO / LA VOZ, 06 de febrero de 2016.

Anoche se celebró la Cena de Comadres en Ribadeo y hoy toca el turno al pregón y a la Gala do Entroido, a partir de las nueve de la noche en el Cine Teatro.

El «domingo lardeiro» pasearán por Ribadeo «o porco de Entroido», ese día habrá por la tarde baile infantil en el Rosalar y baile juvenil en El Molino. El desfile será el martes.

También en Barreiros tienen todo preparado para festejar el Carnaval mañana en el centro sociocultural Díaz Sampedro desde las 17.30. Habrá magia con Chrystian Magic. Luego habrá desfile de disfraces infantil y juvenil con bailes.

Entroido no CEIP San Cosme de Barreiros

Entroido no CEIP San Cosme de Barreiros

IMG_3461Barreiros, 5 de febreiro de 2016.- Os alumnos do CEIP San Cosme de Barreiros disfrazáronse este venres da Idade Media. Cabaleiros medievais, reis, bufóns, donas e incluso un monxe, ademáis das mesoneiras. Tiñan o seu propio castelo con fantasma incluido. O castelo elaborárono os alumnos e profesoras ao longo do curso e está feito con briks e material de reciclaxe. Os disfraces tamén se fixeron con teas e trapos vellos. Todo elo grazas ao esforzo do equipo docente e coa máxima da reciclaxe.

Ademáis dunha pequena representación para as familias, os rapaces xogaron ao Lingo e degustaron dóces típicos de Entroido.