Archivo de la categoría: festas

Os Concertos ao Solpor, que se celebran nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, os domingos do verán trouxeron o pasado 14 de agosto a Aramat

100_2849Os Concertos ao Solpor, que se celebran nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, os domingos do verán trouxeron o pasado 14 de agosto a Aramat, un espectáculo de música e danza inspirados nas músicas do mundo, sobre todo do leste de Europa: Romanía, Bulgaria, Eslovenia… “un espectáculo case fundamentado na danza do ventre”, segundo explicaba 100_2843Celso Dourado hai uns días. Os Concertos ao Solpor seguirán o 21 de agosto.

O EIDO DOURADO CONTINÚA COS CONCERTOS

O EIDO DOURADO CONTINÚA COS CONCERTOS AO SOLPOR E ESTE DOMINGO ACOLLERÁ A ACTUACIÓN DE ARAMAT, UN GRUPO INTEGRADO POR TRES MÚSICOS E TRES BAILARINAS INSPIRADO EN MÚSICAS E BAILES PROCEDENTES DO LESTE DE EUROPA.

Aramat2Barreiros, 11 de agosto de 2016. O Eido Dourado continúa cos seus Concertos ao Solpor e este domingo, 14 de agosto, ofrecerá a actuación do grupo Aramat. Composto por tres músicos e tres bailarinas o seu repertorio está composto por pezas musicais e bailes procedentes do leste de Europa. A actuación dará comezo arredor das 22:00 horas.

Aramat1Celso Dourado explicou que “este é o cuarto e penúltimo evento dos Concertos ao Solpor. É un proxecto novo que ten unha curta vida, se pode dicir que semanas. Está capitaneado pola bailarina Tamara Sánchez”.

O artista barreirense dixo que “o proxecto chámase Aramat e mestura música e danza. Tanto no apartado musical como na danza a inspiración é un pouco músicas do mundo, sobre todo do leste de Europa, Romanía, Bulgaria, Eslovenia, etc… É un espectáculo atrévome a dicir que case fundamentado na danza no ventre no que se refire ao baile e estará composto por tres músicos e tres bailarinas. A parte principal da danza vaina levar Tamara Sánchez”.

Dourado comentou que “eu vinas en Santiago hai uns días e pareceume moi interesante. Coñezo a Tamara e establecemos diálogo hai un tempo e ela mesma me chamou e me dixo que estaba traballando nun proxecto absolutamente novo acompañada doutras bailarinas. E ímolo presentar no Eido Dourado este vindeiro domingo coa caída do sol. A entrada é libre ata completar aforo como sempre”.

O responsable do Eido Dourado lembrou que “dispoñemos case de duascentas sillas e complétase practicamente sempre os domingos pola noite. Queda xente de pé e andamos nunha media entre duascentas e duascentas cincuenta persoas. O aforo tampouco dá para máis. A nosoutros tampouco nos gusta presentar grupos medianamente coñecidos senón aquelas propostas que consideramos innovadoras para que dado o espazo no que se desenvolve haxa unha combinación de luz, música e movemento que realmente responda ás expectativas”.

Cámping Gaivota

O cámping Gaivota continúa tamén coas súas actividades de verán, promovidas polo Eido Dourado, e este venres celebrará a tradicional queimada. Dará comezo ás 23:00 horas e contará coa actuación en directo do grupo Os Cascarillas.

GRUPOS DE ESLOVAQUIA, PORTUGAL E CIUDAD REAL PARTICIPARÁN NO XXXV FESTIVAL FOLCLÓRICO DO EMIGRANTE

GRUPOS DE ESLOVAQUIA, PORTUGAL E CIUDAD REAL PARTICIPARÁN NO XXXV FESTIVAL FOLCLÓRICO DO EMIGRANTE, QUE SE CELEBRA ESTE SÁBADO, 6 DE AGOSTO, EN SAN MIGUEL DE REINANTE. O EVENTO PRESENTOUSE HOXE NO CONCELLO.

Barreiros, 4 de agosto de 2016. O Concello acolleu esta mañá a presentación da XXXV edición do Festival Folclórico do Emigrante que terá lugar este sábado, 6 de agosto. Tamén foi presentada a VI Foliada do Emigrante que se celebrará na noite do venres 5.

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, manifestou nesta presentación que “o que pediría a todos os turistas e a todos os veciños e veciñas de A Mariña e moi especialmente aos do noso concello, que é unha cita obrigada todos os anos participar neste festival. Tamén se presentaba a VI Foliada do Emigrante que vai ser o venres e para a que pedimos tamén esa participación de todos. É a noite do venres ao sábado na que se vai poder gozar dese folclore galego e do folclore internacional o sábado pola tardiña”.

Pola súa banda o presidente da asociación Arco da Vella, que organiza este festival, Enrique Penabad, comentou que “o venres é a foliada con grupos de gaiteiros e pandeireiteiras. Tocar e bailar en plan informal. Na praza do Souto a partir das 21:30 horas ven xente de Vilalba, de Ribadeo, de A Coruña, da asociación de Arco da Vella, de Lourenzá e o grupo invitado de Ciudad Real”.

Penabad engadiu que “o Festival Folclórico Internacional do Emigrante será o sábado a partir das 22:00 horas no campo de fútbol de As Valgas. Este ano houbo grandes dificultades para confeccionar a parte internacional debido aos atentados en Turquía. Un grupo de Romanía e outro que viña de Asia tiñan xa comprados os billetes vía Estambul, pero non se atreveron a viaxar”.

O presidente de Arco da Vella subliñou que “con iso é todo nós este ano imos ter por parte estranxeira ao grupo Raslavicanik de Eslovaquia e A Rusga de Braga-Portugal. E por parte nacional Virgen de la Sierra de Villarrubia de los Ojos de Ciudad Real e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Ao remate de todo isto haberá unha pequena verbena na praza do Souto co grupo Lecer”.

Festival Emigrante Foliada Barreiros040616 Foto festival emigrante

O grupo municipal e a Executiva local do PSdeG-PSOE de Foz non comparten as declaracións do Alcalde de Foz tras o percance acontecido na verbena de San Martiño

O grupo municipal e a Executiva local do PSdeG-PSOE de Foz non comparten as declaracións do Alcalde de Foz tras o percance acontecido na verbena de San Martiño. 

– A executiva socialista e os concelleiros creen que se trata dunhas manifestacións con un marcado tinte xenófobo e sen ningún tipo de autocrítica.

– Non se pode ensalzar a magnifica organización e cando hai un problema derivar as responsabilidades.

– Á vista esta que non é suficiente congregar a mais de 15.000 persoas e unicamente esperar que non pase nada.

Tras o acontecido na verbena de San Martiño onde varias persoas resultaron feridas de madrugada nunha pelexa e as posteriores declaracións feitas aos medios polo Alcalde de Foz os representantes do PSdeG-PSOE consideran que as cousas non se fixeron tan ben como se pretende facer ver, máxime cando non é a primeira vez que ocorren incidentes dese tipo en dita festa.

A vista esta que os medios despregados non foron os suficientes e que é preciso adaptar o Plan de Seguridade á realidade, non pode ser que se autorice o evento con un Plan para 8.000 persoas e logo sexa o propio Alcalde o que dea cifras de asistencia moi superiores, mais de 15.000 persoas, o que case duplica as cifras manexadas no Plan de Seguridade.

É completamente irresponsable culpabilizar a outros concellos de algo que pasa nun evento autorizado polo propio alcalde, e moito mais, culpabilizar a toda unha comunidade de persoas inmigrantes que levan mais de 30 anos asentados na comarca da mariña e que son un referente de integración.

O PSdeG-PSOE agarda do Alcalde Javier Castiñeira, unha rectificación das declaracións, autocrítica e asumir que, si hai problemas, o responsable é quen autoriza.

Moitos foron os que se deron cita onte, domingo, nos xardíns do Eido Dourado

100_2675Moitos foron os que se deron cita onte, domingo, nos xardíns do Eido Dourado, a carón da praia barreirense de A Pasada, para gozar coa música de Barahúnda e coa intensa voz de Helena De Alfonso. 100_2669Con esta actuación arrincaron os Concertos no Solpor, que organiza o Eido Dourado durante o verán e que este ano chegan á súa oitava edición. A lúa, as estrelas e a música de Barahúnda encheron de maxia os xardíns do Eido Dourado.

La gran cita de hoy: Malú en Barreiros

La gran cita de hoy: Malú en Barreiros

A las 21.00 horas abrirán puertas en el campo de fútbol

24 de julio de 2016. 

Hoy, domingo 24 • A partir de las 23.00 horas • Apertura de puertas: 21.00 horas • Entrada en taquilla: 35 euros • El VI Festival Internacional de Música de Piantón, en Vegadeo, arranca y lo hace con una edición que trastes de que llegue a Vigo el próximo día 5 y a A Coruña al día siguiente, Malú hace una parada en A Mariña con su Tour Caos. Es uno de los conciertos estelares de este verano en la comarca y que hoy tendrá lugar en Barreiros donde presentará al público temas de su último disco, que da nombre a la gira al mismo tiempo, Caos, y de otros de anteriores trabajos discográficos. Toni Novo Rivas, promotor del concierto con Espectáculos Pico, señaló ayer que la venta de entradas ha ido «genial» y que en el recinto habrá amplios aparcamientos, zona para gente con discapacidad, área infantil, tiendas de alimentación, además de los servicios de emergencias.

 

O sabor da aventura está no mar

O Concello de Barreiros organizou coa colaboración da Xunta de Galicia (Consellería do Mar) na xornada de onte a actividade O sabor da aventura está no mar. Segundo explica a educadora familiar, Vanesa Fernández, “os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos desprazáronse ata a nave das redeiras, sita en Burela, e alí aprenderon o seu oficio e as diferentes artes de pesca. Porteriormente degustaron un cátering de produtos do mar coñecendo os alimentos extraídos do mar desde o punto de vista culinario. Para rematar a xornada fixeron unha visita á zona de marisqueo da ría de Foz, onde adquiriron nocións sobre a extracción de moluscos bivalvos e a diferenciación das distintas especies de marisco”.

Vanesa Fernández engadiu que “esta xornada lúdica trasmitiu aos nenos e nenas participantes a importancia dos produtos do mar na súa dieta e o fomento do seu consumo”.DSC06280

O CONCELLO CELEBRA O REMATE DO CURSO COA REPRESENTACIÓN DE ESPANTALLO AMIGO O VINDEIRO LUNS, DÍA 20

O CONCELLO CELEBRA O REMATE DO CURSO COA REPRESENTACIÓN DE ESPANTALLO AMIGO O VINDEIRO LUNS, DÍA 20.

Espantallo2Barreiros, 17 de xuño de 2016. O remate do curso escolar celebrarase en Barreiros coa representación de Espantallo Amigo a cargo de Os Quinquilláns.

Esta actividade está dedicada especialmente ao remate do curso escolar dos nenos e nenas dos colexios do concello. O grupo Os Quinquilláns porá en escena a obra Espantallo Amigo sobre o texto de Xosé Neira Vilas. Está dirixida a un público familiar.

A representación terá lugar o luns, 20 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 11:30 horas. A entrada é gratuíta.

Organiza o Concello de Barreiros.

 

Luciendo tipo en Barreiros por una buena causa

El públicó abarrotó los colegios de San Miguel, y mucha gente quedó fuera, para asistir al desfile benéfico a favor de Ring 14

JOSÉ ALONSO BARREIROS / LA VOZ, 30 de mayo de 2016. Actualizado a las 05:00 h. 0

ba cantado que Barreiros se iba a volcar en el desfile benéfico de ayer, en favor de Ring 14, colectivo al que pertenece una familia de Barreiros con un miembro, la joven Sofía, que sufre la enfermedad. Pero la asistencia superó todas las expectativas.

Organizó la red de voluntariado de Barreiros, con la colaboración de empresas de varios concellos (desde peluquerías a tiendas de ropa y calzado), de Protección Civil y el grupo musical Lecer, entre otros, y se eligió para el desfile los colegios de San Miguel. Acudió tanta gente que se llenaron y mucha quedó viéndolo desde fuera, desde la puerta. Muchos, aún sin poder asistir, optaron por comprar de igual modo la entrada, para contribuir. Costaba tres euros y se recaudaron sobre 1.400.

El alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, destacaba la gran respuesta de la gente.

Luciendo tipo con gracia y buen humor desfilaron niños y adultos, bomberos, jugadores del Praias de Barreiros… «e moitos máis que o farían se llo propuxeramos, e que estarían encantados de colaborar», comentaba el alcalde. «Toda a axuda que conseguimos para que se estude unha enfermidade rara como é esta, pois penso que está moi ben. Agora estase preparando unha cena solidaria. E tamén lle quero agradecer a súa presenza á familia de Sofía e á Sofía, que aguantou todo o tempo como unha campiona», concluyó.

La madre de Sofía, Lucinda, quiso agradecer la respuesta de colaboradores y de tanta gente que asistió y de quien no pudo hacerlo.