Archivo de la categoría: Entroido Barreiros

Aquí vos traemos un pequeno resumo deste primeiro fin de semana de entroido.

📸Aquí vos traemos un pequeno resumo deste primeiro fin de semana de entroido.
1️⃣ O domingo á mañá tivo lugar a presentación dos xigantes e cabezudos tras a súa restauración. Á mesma acudiron persoas vencelladas á creación, a historia e a actualidade dos xigantes e cabezudos de Barreiros. Todas elas compartiron a enorme satisfacción que lles produciu o traballo levado a cabo por Kukas Monicreques así como anécdotas ocorridas nestes 25 anos de vida dos cabezudos.
2️⃣ Xa á tarde, no pavillón municipal, tivo lugar a festa infantil de entroido a cal estivo amenizada polas 2 charangas locais e a estrea dos 6 cabezudos que fixeron as delicias da cativada cos seus bailes a ritmo de música carnavaleira🕺
3️⃣ E esta mañá, as nenas e nenos de Barreiros puideron participar no obradoiro de máscaras organizado no centro sociocultural de San Cosme. Primeiro debuxaron e decoraron con cores as máscaras para despois pegarlle outros accesorios (pompóns, ollos móbiles, plumas, purpurina…). Cada crianza puido elaborar 2 verdadeiras máscaras venecianas 🎭
Agora, só quedan 4 días para ultimar os disfraces e, o venres, tod@s

ENTROIDO BARREIROS

Puede ser una imagen de texto que dice "ENTROADO BARREIROS DOMINGO 27 Presentación restauración Xigantes Cabezudos Praza do Concello (12 horas) VENRES 4 DESFILE Saída Praza do Concello (21 horas) CATEGORÍAS: -INFANTIL INDIVIDUAL PARELLA INFANTIL GRUPO ADULT@S INDIVIDUAL PARELLA ADULT@S GRUPO COMPARSAS CHARANGAS Festa infantil de disfraces Amenizado por MACANUDOS, HABELASHAINAS KIGANTESE CABEZUDOS Pavillón municipal (18 horas) 1000 EN PREMIOS!! LUNS 28 Obradoiro de mascaras de entroido Centro sociocultura (10:30 horas) CONCELLO DE Tਲ BARREIROS a. Hacanudes"

Barreiros, a 18 de febreiro de 2022. O desfile contará con novidades xa que cambia o percorrido, comezando na praza do Concello ás 21 horas e finalizando no Centro Social, con 3 puntos de exhibición marcados pola organización. Repartiranse 1000 euros en premios entre as distintas categorías.

Actividades infantís previas ó desfile

Os máis pequenos gozarán de dúas actividades. O domingo 27 a festa infantil de disfraces no pavillón municipal no que participaran animando a festa Os Macanudos, Habelas Hainas e os xigantes e cabezudos, para os que será a primeira saída despois da súa restauración nos pasados meses. O luns 28 será a quenda do obradoiro de máscaras para o cal será preciso anotarse previamente.

Os cabezudos, protagonistas con novas caras.

Na mañá do domingo 27 será a presentación da restauración dos xigantes e cabezudos na que estará presente, entre outros o artista encargado da restauración, Kukas Monicreques, e que será o pistoletazo de saída para os distintos eventos do entroido nos que serán protagonistas.

A programación:

Domingo 27
Presentación restauración Xigantes e Cabezudos
Praza do Concello (12 horas)

Festa infantil de disfraces
Pavillón municipal (18 horas)
Amenizada por: Macanudos, Habelas Hainas e os xigantes e cabezudos

Luns 28
Obradoiro de máscaras de entroido
Centro sociocultural (10:30 horas)

Venres 4
Desfile
Saída praza do concello (21 horas)

A información das actividades así como para inscricións estará dispoñible nos vindeiros días na web municipal www.concellodebarreiros.gal