Archivo de la categoría: Drons

XORNADA DE PILOTAXE DE DRONS NA AULA CEMIT DE BARREIROS

Fecha de publicación:
Martes, 20 Agosto, 2019 – 13:14

Este luns, 26 de agosto, rapaces e rapazas de 9 a 16 anos poderán iniciarse na pilotaxe de drons.

Barreiros, 20 de agosto 2019. O Concello de Barreiros xunto co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan a actividade “Voa con nós” para que os rapaces e rapazas se inicien no mundo dos drons creando un circuíto onde adestrarán as súas habilidades na pilotaxe destas aeronaves.

Comezarán coñecendo que é un dron, porque voa, que partes ten, … e despois pilotaranos. Unha vez iniciados na pilotaxe, probarán unhas gafas FPV para sentir a velocidade vendo o que ve un coche teledirixido con cámara incluída. Para os máis habilidosos que cheguen a dominar dron e coche, probarán a pilotaxe FPV nun dron.

A inscrición debe facerse na propia aula CeMIT (telf. 666 87 59 46) ou dende a web: https://cemit.xunta.gal