Archivo de la categoría: Día da Bicicleta

Día da Bicicleta 2021

🚴‍♀️🚴🚴‍♂️ O CONCELLO ORGANIZA PARA ESTE DOMINGO O DÍA DA BICICLETA
▶️ Este domingo 19 de setembro, terá lugar unha xornada lúdico-deportiva para celebrar o Día da Bicicleta, unha actividade que serve para reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte saudable e sostible así como para fomentar o deporte en familia segundo salientan desde a concellería de deportes.
📍 A saída da ruta, que está prevista para as 17:00 horas, terá lugar desde a pista deportiva situada na zona da praia de Altar, percorrerá a zona costeira do municipio ata completar unha distancia de 7km aproximadamente e será unha marcha neutralizada, NON competitiva. Trátase de pedalear todas e todos xuntos desfrutando da tarde.
🎁 Ao remate da ruta haberá xogos lúdicos e cada participante, co seu número de dorsal, entrará no sorteo dunha bicicleta e varios agasallos máis.
✍️ As inscricións deberán facerse preferiblemente a través do seguinte formulario: https://forms.gle/42N7rGgdojpXMP177
🏫 Tamén poderán facerse presencialmente no rexistro do Concello de luns a venres de 9:30 a 14:30 ou o propio día no lugar da saída (praia de Altar) desde ás 16:00h.
‼️Obrigatorio o uso de casco e mascarilla.

Puede ser una imagen de texto que dice "19 de SETEMBRO DÍA DA BICICLETA 2011 PROGRAMA >Entrega de dorsais e inscricións 16:00h. >Charlas de seguridade vial e mantemento básico de bicicletas INSCRIBETE 1.Online Escanea O código QR cargo de Decathlon Ribadeo) 1630h Saído Praia de Altar 1700h Paseo neutralizado 7km »Xogos ludicos »Sorteo de agasallos e1 bicicleła 2. Presencial No Concello L-V de 9:30 a 14:30 h. CONCELLODE BARREIROS 3. Presencial día da bicicleta de 16:00 a 17:00 h. na pista deportiva (Zona praia Altar) MOTOCICLET IGLESIA ROSKI city BARREIROS AUGAS SANTAS BARREIROS DECATHLON"