Archivo de la categoría: Deportes

Óscar Buján y Ana Belén González Margaride ganan en Barreiros

Óscar Buján y Ana Belén González Margaride ganan en Barreiros

2020010614454249500

 2020010614454249500
El municipio mariñano fue el escenario de una concurrida prueba

Óscar Buján (Atletismo La Bañeza) se proclamó vencedor de la Carreira Popular Solidaria de Reis de Barreiros tras emplear 25:17 minutos en cubrir los siete kilómetros de recorrido. El vencedor aventajó en siete segundos en la línea de meta al burelés Cristián Expósito. Más apretada fue aún la lucha por el tercer puesto, que le correspondió a Xián Rodríguez Puente (Lucus Caixa Rural), con el mismo tiempo que Noel Fernández Marcos. Ambos llegaron en 25.58 segundos.

En la prueba absoluta femenina se impuso la pontenovesa Ana González Margaride (Fluvial de Lugo) con un crono de 29:52. Margaride ya se adjudicó este verano la Terra Mar barreirense. Cristina Loeda Soto (30.55) y Romina Reimundo Gasalla (Praias de Barreiros) completaron el podio. La ourensana Ana Isabel Soutillo (Burgas Atletismo) quedó cuarta.

Los tres primeros clasificados masculinos ocuparon la misma posición en el podio de la categoría Melchor, para nacidos entre 1984 y 2000. Romina Reimundo, Marta Fernández y Rosalía Rodríguez Gigirey se llevaron las medallas en el apartado Melchor femenino.

O 5 DE XANEIRO TERÁ LUGAR A CARREIRA POPULAR SOLIDARIA DE REIS EN BARREIROS

O 5 DE XANEIRO TERÁ LUGAR A CARREIRA POPULAR SOLIDARIA DE REIS EN BARREIROS

Na maña de onte foi presentada a Carreira Popular Solidaria de Reis e a I Andaina Solidaria que por primeiro ano organiza o Concello de Barreiros.

Barreiros, 13 de decembro de 2019. O 5 de xaneiro terá lugar a Carreira Popular Solidaria de Reis (7km) e a I Andaina Solidaria (10km), ámbalas dúas organizadas pola área de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros que este ano colle o relevo da organización dunha carreira que se iniciou fai xa 20 anos.

“Queremos darlle un novo enfoque a esta mítica carreira, retomando na proba absoluta un dos circuítos que mais lle gusta ós/ás corredores/as, cunha distancia de 7 km e a creación da primeira andaina solidaria que compartirá parte do recorrido da carreira e contará  cunhas vistas espectaculares no entorno da Lagoa dos patos e a Ría do Masma” indica o edil Dani García.

Unha proba solidaria 

Parte do recadado coas inscricións tanto na carreira como na andaina será doado a APNED (asociación de pais e nais de nenos con discapacidade da Mariña Lucence) con sede en Barreiros, e da cal forma parte Nico Veiga que foi un dos precursores da carreira no ano 2000. “Decidimos darlle un novo impulso a esta proba mantendo as raíces e a súa razón de ser, unha proba para os verdadeiros/as reis e raíñas, os/as nenos/as, polo que colaboramos cunha asociación que traballa día a día con eles/elas e tamén é unha forma de agradecerlle ós precursores desta carreira, tanto Nico, Suso e os demais colaboradores que sempre fixeron desta data un referente polos seus valores” comenta Dani García, concelleiro de Dinamización e Participación Veciñal.

O prazo de inscrición, que xa se atopa aberto, finaliza o 2 de xaneiro. As inscricións para as categorías menores será de balde e formalizarase dende a web www.championchipnorte.com. Para a inscrición da andaina existe tamén a posibilidade de facelo na Biblioteca Municipal ou no Concello.

Dende o Concello de Barreiros animan a toda a veciñanza a que participe nas probas así como agradecen a todas as empresas e particulares que desexen colaborar co evento.

CARREIRA POPULAR SOLIDARIA DE REIS 2020

CARREIRA POPULAR SOLIDARIA DE REIS 2020

A falta xustamente de un mes, queremos anunciarvos que o Concello de Barreiros, a través da concellería de dinamización e participación veciñal, organiza por primeira vez a Carreira Popular Solidaria de Reis.

A distancia será de 7 km para a categoría absoluta pasando
polo Camiño Natural do Cantábrico, Lagoa dos Patos, O Xuncal…

🗓 Domingo, 5 de xaneiro 2020
🕚 A partir das 11 h.
📍 Campo de fútbol O Cascabeiro

Nos próximos días abriranse as inscricións e vos iremos contando máis información.

La imagen puede contener: 11 personas, exterior

Estes son os tres atletas do Praias de Barreiros que participaron nas distintas carreiras do Monte Comado

Estes son os tres atletas do Praias de Barreiros que participaron nas distintas carreiras do Monte Comado este pasado fin de semana.
FRANCISCO OTERO.1/2 KM vertical. Puesto 29-
tempo 44:26
ROMINA REIMONDO. 10 KM – Puesto 1ª da categoría – tempo 1:16:45
MANUEL PEREZ. 28 KM – Puesto 6º
tempo 3:08:20
Hai que felicitalos polos meritorios postos alcanzados, e mais ainda porque estas carreiras son de unha extrema dureza.💪💪💪

NOTA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN ACD PRAIAS DE COMADO

NOTA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
ACD PRAIAS DE COMADO
Este sábado tivo lugar a presentación do Trail Monte Comado e a Carreira 1/2 Vertical que terá lugar no municipio de Barreiros a segunda fin de semana de outubro.
Compoñentes do colectivo organizador, ACD Praias de Comado, xunto con Daniel García, concelleiro responsable da área de Dinamización e Participación Social, e Manuel Otero Méndez, Manolo “Cadramón”, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, presentaron “Comado 2019”: unha nova edición da carreira e trails que terán lugar en dito monte do concello barreirense.
A cita deportiva, que terá lugar os días 12 e 13 de outubro, conta coa colaboración das administracións municipal e autonómica. Trátase da quinta edición do Trail Monte Comado e sexta da carreira 1/2 vertical, o que fai desta ocasión deportiva xa un referente no calendario deportivo mariñao.
Ao igual que en anteriores edicións, o 1/2 Vertical terá lugar na tarde do sábado 12 de outubro ás 16:30h., saíndo da praia de Arealonga e rematando no mesmo Monte Comado, lugar onde terá tamén lugar a carreira infantil. No día seguinte, domingo 13 de outubro terá lugar o Trail Monte Comado, do cal se diferencias dúas modalidades: percorrido curto, de 10 km.; e percorrido longo, de 28 km. No caso do percorrido curto, a saída terá lugar ás 10:30h. nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, consistindo nun percorrido circular que acade o cumio do monte e tendo lugar a meta no mesmo lugar da saída. No caso do percorrido longo, a saída estará situada na Ponte do Barral, en Celeiro de Mariñaos e a meta estará igualmente situada nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, téndose pasado previamente polos monte Cornería, paraxe natural de Santo Estevo do Ermo, e montes Penabor, Lousedo e Comado. Neste caso haberá servizo de bus, debendo estar nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante ás 9h. todas as persoas que desexen participar para ser trasladadas á saída, que será ás 9:30h.
A presentación desta cita deportiva tivo lugar no lugar da Roda, na parroquia barreirense de Santiago de Reinante, xacemento arqueolóxico de renomeada importancia, que será tamén bordeado polas persoas que participen en calquera das 3 modalidades adultas.
As inscricións estarán abertas ata o mércores 9 de outubro, sendo xa preto dun cento as persoas apuntadas para participar. A modalidade infantil é de balde, e no caso das modalidades adultas, a
inscrición inclúe de agasallo unha árbore autóctona e un turbante técnico para o caso do 1/2 Vertical, e un
vaso plegable a maiores para os Trail longo e curto. Igualmente, a inscrición en calquera das dúas
modalidades de Trail inclúe a participación de balde no 1/2 Vertical. Todos os percorridos contarán con
avituallamento en varios puntos, así como unha merenda a base de pinchos para todas as persoas
participantes, ao remate das probas.
Toda a información referida a esta nova edición, así como a pasarela de inscricións, están dispoñibles na
páxina web https://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/.

Este luns, 30 de setembro, remata o prazo para beneficiarse da cota reducida para participar no Trail “Monte Comado” e na Carreira 1/2Km. Vertical, de Barreiros

La imagen puede contener: texto

La imagen puede contener: 1 persona, sonriendo, de pie, niños, césped, montaña, árbol, exterior y naturaleza

Foto del año 2018

Luns, 30 de setembro, remata o prazo para beneficiarse da cota reducida para participar no Trail “Monte Comado” e na Carreira 1/2Km. Vertical, de Barreiros.
A segunda fin de semana de outubro, días 12 e 13 nesta ocasión, é xa unha data de referencia no calendario deportivo mariñao. Un ano máis, no concello de Barreiros, terá lugar unha nova edición da
Carreira 1/2 Km. Vertical e o Trail Monte Comado, que organiza o colectivo ACD Praias de Comado.
Serán a quinta e sexta edición, respectivamente, dunha cita que cada  vez colleita máis participantes chegados desde distintos puntos de todo Galicia, mais tamén do norte español e incluso da meseta, tendo alcanzado preto dos dous centos de persoas inscritas.
As inscricións xa están abertas e ata o último día deste mes, luns 30 de setembro, aquelas persoas que desexen participar poderán beneficiarse da cota de inscrición reducida. Ata dito día, o prezo da inscrición é de:
– 8€ para o 1/2Km. Vertical. Prezo estándar a partir do 1 de outubro, 10€.
– 15€ para o Trail Curto (10km). Prezo estándar a partir do 1 de outubro, 18€.
– 18€ para o Trail Largo (28km). Prezo estándar a partir do 1 de outubro, 21€.
Ambos os dous trails, curto e longo, terán lugar o domingo 13 de outubro, e a inscrición en calquera destes inclúe, de balde, a participación na Carreira 1/2 Vertical que se celebra o día previo, sábado 12 de outubro pola tarde. O mesmo sábado celebrarase tamén a carreira infantil no mesmo Monte Comado, a cal é de balde pero que require igualmente de inscrición. Toda a información está dispoñible na páxina web https://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com, dende a cal se pode acceder tamén á pasarela de inscricións.
A inscrición en calquera das probas inclúe, ademais dos correspondentes medidas e cobertura de seguridade e atención médica durante a proba, agasallos, avituallamentos durante todo o percorrido e os xa tradicionais pinchos ao remate, como peche lúdico e en confraternidade a unha intensa fin de semana deportiva.