Archivo de la categoría: Deportes

Finais provinciais de Futbol Sala

O Praias de Barreiros C.D. organiza as Finais Provinciais de Fútbol Sala das categorías Benxamín e Alevín.
A fase final das “Xogade 2014-15” disputarase o próximo sábado 25 de abril no Pavillón Municipal de Barreiros dende as 10:00 ata as 20:30 horas.
¡Esperámoste!PlayasBarreirosCD

Colocación de aparatos para ejercicio físico

Nuevos aparatos para hacer ejercicios que se están colocando en la zona de juegos de la Plaza de O Canteiro, una buena idea para que sobre todo los mayores nos podamos mantener en forma.

Por mi parte ya estrene los tres y puedo darles el aprobado.

22/Abril/2015 Progreso A MariñaAparatos (1)

Os barreirenses desfrutan de varios parques biosaudabeis tanto nacosta coma nas aldeas
Os barreirenses, como Alvaro de Carreiras (na imaxe), responsable dunha web sobre Barreiros, desfrutan xa de varios parques biosaudabeis. O rexedor, Alfonso Fuente, afirma que estes espazos supuxeron inversións que roldan os 3.000 euros e instaláronse, entre outros, no Canteiro. Vilamar. Celeiro e en breve en San Xusto.

AparatosCanteiro (1)

AparatosCanteiro (2)

 

Canteiro3

Canteiro1

Las fotos son de actualidadbarreiros.info del día 21/Abril/2015

As praias de Barreiros acollerán a terceira carreira popular o 17 de maio

As praias de Barreiros acollerán a terceira carreira popular o 17 de maio

A III Carreira popular das praias foi presentada este sábado 4 de abril coa presenza de Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación, en Punta Anguieira-San Barolo – Barreiros – Lugo, diante do Hotel Ría do Masma.

Ó mesmo tempo organizouse unha “kedada runner”, na que as persoas interesadas en participar fixeron correndo o percorrido da carreira para dalo a coñecer e facer un adestramento do mesmo.

Houbo duchas no campo de fútbol do Cascabeiro para os participantes e, de maneira opcional, tamén se organizou unha comida no Café Bar Moderno de Barreiros.

Esta terceira edición da Carreira Popular das Praias de Barreiros, organizada pola Peña Barcelonista San Miguel, desenvolverase o vindeiro 17 de maio dende Punta Anguiera ata Barreiros percorrendo unha distancia de 11 km dos que o 90% se realizará pola propia area das praias. Tamén haberá circuitos infantís con varias distancias e tamén pola area.

A carreira de adultos dará comezo ás 10.30 horas, mentres que as dos máis pequenos se realizará a partir das 12.00 horas.

Categorías e distancias:

– PITUFOS: NADOS 2011 – 2014 / 100 m. – Carreira non competitiva

– PREBENXAMIN: 2008- 2010/ 200 m. – Carreira non competitiva

– BENXAMIN: 2006 – 2007 / 400 m.

– ALEVIN: 2004 – 2005 / 800 m.

– INFANTIL: 2002 – 2003 / 1.500 m.

– CADETE: 1998- 2001 / 3.000 m.

– PROMESA: 1991 – 1997 / 11 km.

– SENIOR: 1981 – 1990 / 11 km.

– VETERANO A: 1974 – 1980 / 11 km.

– VETERANO B: 1967 – 1973 / 11 km.

– VETERANO C: 1960 – 1966 / 11 km.

– VETERANO D: antes de 1959 / 11 km.

– PARELLA MASCULINA / 11 km.

– PARELLA FEMININA / 11 km.

– PARELLA MIXTA / 11 km.

(Nas categorías parella, computarase o posto do 2º membro da parella en chegar a meta).

Máis información e inscricións na web: www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com.

Iberia C.F. celebra a Cena Baile anual

Coma todos os anos achégase unha das citas máis agardadas por toda a familia branquiazul, a cea -baile. Bo xantar, bo beber, boa música e mellor compañía para facer entre todos unha velada inolvidable. Coma sempre chea de sorpresas, de agasallos, dalgunha que outra actuación sorpresa, de fenomenal ambiente e de troula e de festa, que ao fin e ao cabo é do que se trata. Porque que mellor xeito de botarlle unha man ao clube que facéndoo pasándoo ben ao mesmo tempo. Así que veña, a animarse e ir collendo tod@s os tickets que os tendes á vosa disposición nos diferentes locais de hostelería do pobo, no campo de fútbol o domingo ou solciitándolllos a calquer membro da xunta directiva.. Agardámosvos!!! Pegarásevos o noso vicio…polo Iberia. 😉

Lagoa dos Patos

A Lume Manso nos recomienda un paseo matinal por un precioso paraje de la ría do Masma en Barreiros

Hoy es un día estupendo para acercarse a La Laguna de los Patos, muy cerquita de A Lume Manso, que como su nombre indica en ella se pueden ver patos, pero también otras aves, solo hay que madrugar un poco para pillarlas infraganti dándose un baño.Como se puede ver en la foto, el baño también les gusta a otros que no son patos ,jajaja. Es un paseo muy tranquilo y relajante de una belleza espectacular, que voy a recomendar a nuestros huéspedes.Feliz domingoooo!

Lagoa dos Patos 01

Lagoa dos Patos 02

Lagoa dos Patos 03

O Praias de Barreiros FS proclámase campión da Liga Provincial Masculina de fútbol sala de Lugo

O conxunto barreirense impúxose en Sarria por 2 goles a 6 á Peña Españolista, unha victoria que o confirma como o campión da Liga Provincial Masculina de fútbol sala de Lugo a falta de seis xornadas para o final da competición. O primeiro posto acadado de forma matemática conleva tamén o ascenso directo á Liga Autonómica de fútbol sala.

O Praias de Barreiros saiu moi concentrado á pista do Pavillón Jose Mario González (Chanto) de Sarria, dous goles de Sergio nos primeiros minutos puxeron por diante ó cadro barreirense que se marchou ó descanso cun 1-4 a favor. Os integrantes do conxunto local non baixaron os brazos e atacaron toda a segunda parte con porteiro-xogador, os barreirenses defenderon a renta e aproveitaron as ocasións que tiveron para ampliar a vantaxe ata o 2-6 final.

O Praias de Barreiros leva unha racha imparable na súa primeira tempada na Liga Provincial, contando os 14 encontros disputados ata o momento como victorias, con 78 goles a favor e tan só 21 en contra. Uns resultados que sumados ós dous encontros que lle restan por disputar ó cadro barreirense ante o excluído Ribeiras do Neira (e que se resolverán por 3-0), garantizan o primeiro posto ó final da tempada. O conxunto barreirense descansará precisamente este próximo fin de semana por este motivo, e volverá á competición o próximo 14 de marzo na pista do Cubelas FS.

Praias de Barreiros. Unha final polo ascenso

O próximo sábado 28 de febreiro o Praias de Barreiros viaxará a Sarria para enfrontarse á Peña Españolista. Un partido que pode ser decisivo na loita polo ascenso á Liga Autonómica de Fútbol Sala.

Trala victoria conseguida a pasada fin de semana en Barreiros ante o Talleres Vilaboa (7-1) o conxunto barreirense visitará a cancha do segundo clasificado. Un hipotético triunfo ante a Peña Españolista de Sarria deixaría ós mariñáns cunha vantaxe de 15 puntos, unha distancia que resultaría decisiva na loita polo primeiro posto da Liga Provincial Masculina de Lugo, e en consecuencia, polo o ascenso de categoría.

O Praias de Barreiros ocupa a primeira posición da táboa con 39 puntos, contando os 13 partidos disputados como victorias. A Peña Españolista de Sarria é segunda con 27 puntos (9 victorias e 4 derrotas). Se a estas circunstancias lle sumamos que o conxunto barreirense lle quedarían dous enfrontamentos ante o Riberas do Neira (que está fora da competición) e que se resolverán por 3 goles a 0, fai que unha hipotética victoria do Praias de Barreiros resulte decisiva no devir da competición.

Nesta situación, o Praias de Barreiros atópase ante o seu primeiro “match ball” para acadar o título ligueiro e o consecuente ascenso de categoría.

PRAIAS DE BARREIROS FS – TALLERES VILABOA FS (DÍA DA AFICIÓN)

PRAIAS DE BARREIROS FS – TALLERES VILABOA FS (DÍA DA AFICIÓN)

O próximo sábado 21 de febreiro ás 18:30 horas o Praias de Barreiros FS recibe no Pavillón Municipal ó Talleres Vilaboa FS. O conxunto barreirese segue a contar os partidos por victorias, xa son doce triunfos nos 12 encontros disputados e cada vez está mais preto de acadar o obxetivo final. O partido ante o Talleres será o primeiro dos tres últimos encontros que lle restan por xogar como local ó Praias.

Por todos estes motivos, o sábado foi nomeado polo clube como o ‘Día da afición’ durante o encontro espérase realizar unha comunión equipo-afición, unha maneira de agradecer o apoio recibido dende o incio da tempada ata o momento actual. Por iso, todos os afeccionados que acudan vestidos con prendas de cor verde recibirán un agasallo por parte do clube.

Ademáis no descanso do encontro sortearase unha noite con almorzo incluido na “suite” da Tapería-Refuxio O Castro (patrocinador principal do equipo de fútbol sala). Para participar pódese cubrir un número por tan só 1€, durante a semana no Mesón Oliñas, no bar A Ribeira e o mesmo día do partido no Pavillón Municipal.