Archivo de la categoría: Deportes

Iberia C.F. con Nicolas Veiga

Foto de Iberia C.F.
Iberia C.F. con Nicolas Veiga

Pois xa está aquí ás portas unha nova tempada e, como non pode ser doutra maneira, afrontámola con toda a ilusión do mundo. Coa ilusión ademais de ter nesta ocasión ao fronte do barco branquiazul a unha persoa ben coñecida e ben querida por todos nós. Temos o pracer de anunciarvos que Nicolás Veiga, “Nico” será o noso adestrador este tempada e agardemos que moito tempo. Nico, veciño de S Miguel, gañouse a reo esta oportunidade despois de levar toda a vida estreitamente vencellado ao fútbol e ao deporte, dende as míticas EE.DD A Mariña Oriental que el mesmo, entre outros, fundara, ata adestrar con notable éxito o equipo cadete e xuvenil do Iberia pasando tamén por adestrar na S.D Ribadeo da que mesmo foi coordinador deportivo. Na súa presentación amosouse Ilusionado con este novo proxecto no IBERIA CF “ainda que non é nada novo xa que é a miña casa e xa fichei polo Iberia nas categorias inferiores en 2012 continuando actualmente tamén co equipo xuvenil polo que coñezo perfectamente o funcionamento e estructura do Clube”. Nico aposta por ter obxectivos claros e de clube a medio prazo e que van máis aló da clasificación na taboa se ben non descarta para nada estar na pelexa polo ascenso. “O obxetivo é formar un grupo en todo o sentido da palabra cunha filosofía de xogo e de clube clara e sendo honesto intentaremos loitar polos máximos obxetivos pero buscando un proxecto de futuro para o clube¨. Para iso dende o clube estase traballando a reo para conformar unha plantilla competitiva na que ademáis se agarda que varios xogadores xuveniles poidan ir collendo protagonismo. “Estou contento co equipo que temos e coas novas altas que estamos a facer xa que son xogadores que coñezo e ó que algun xa adestrei e sei do seu potencial, asimesmo estou confiado e espero incorporar a un ou dous xogadores máis, que aínda se están decidindo, cos que seríamos un grupo fantástico”. Logo da presentación de Nico en breve iremos anunciando a composición da plantilla para esta ilusionante tempada 2015-2016 así como a presentación do equipo e os amigables de pretempada. Forza Iberia!!!!

Presentación a todo el sector hotelero del ayuntamiento de Barreiros, de la III edición de la Carrera Popular Benquerencia Terra Mar

III Carreira Popular Benquerencia Terra Mar

Ayer a las seis de la tarde, se hacía la presentación a todo el sector hotelero del ayuntamiento de Barreiros, de la III edición de la Carrera Popular Benquerencia Terra Mar, con la intención como en ediciones anteriores, de escuchar opiniones y opiniones, para hacer participe a la hosteleria (hoeles, bares, restaurantes, cafeterias, campings, casas rurales, etc), de este evento que reune a un importantisimo número de visitantes.
La idea con deciamos en anteriores ediciones, fue el de REALIZAR UNA OFERTA “BENQUERENCIA TERRA MAR”, especial en el sentido de OFERTAS A BAJOS PRECIOS, MENUS O ESTANCIAS ESPECIALES, que bajo la denominación de Benquerencia Terra Mar, puedan ayudar a la económía de la hostelería y al turismo en general, ayudando a vender una mejor imagen de este evento y de nuestro pueblo y concello, de nuestra zona turistica a todos los visitantes.
Al final el acuerdo fue el mismo del año pasado, y que consite en que se realizarán ofertas especiales (cada uno en su sector y en sus condiciones), y esta oferta estará publicada desde ya, en la página web de la prueba: www.benquerenciaterramar.jimdo.com (que el año pasado cerro con 8.323.- visitas), y desde donde los visitantes podrán conocer los distintos establecimientos que colaboran con la edición de la carrera, a la vez que ver las ofertas y logicamente acceder a sus reservas. Además, se repartiran via internet (a clubes de atletismo, federaciones de atletisco, prensa, etc. y en la propia carrera, dipticos con las ofertas indicadas, para facilitar la labor de contratación de los servicios que cada establecimiento está dispuesto a ofrecer.
Así mismo los hoteles, restaurantes, cafeterias campings, tc. colaboradores, estarán  identificados con una BANDERA de la Carrera, que hara identificativo al hotel como colaborador.
Para aquellos establecimientos, que por algún motivo, no han acudido a la reunión, y desean ser inscritos, y participar en la iniciativa, antes del 31-07-15, deben contactar con la organización en:
[email protected]  – algún miembro de la Directiva del Centro de Instrucción y Recreo de Benquerencia, – o en el teléfono 686.686.671 (cadramón – Pepe)

Cea-Baile do Praias de Barreiros

Con retraso, pero aquí están as fotos da Cea-Baile do Praias de Barreiros.

Página del club

Os premiados nas diferentes categorías foron:

Atletismo:
Trofeo ó máis veterano: Javi
O mais regular da tempada: Iván
Meior clasificado global: Delio
A mellor atleta feminina: Romina

Fútbol Sala:
Máximo goleador: Borja
Porteiro menos goleado: Cholas
Xogador máis regular: Miguel
Premio especial á serenidade e experiencia: Sergio

Afición:
Meior xogador dos descansos: Samuel
máis veterano da grada:Jose Luis “asturianu”
Aficionado/a máis silencioso: Mary Paz

https://www.facebook.com/praiasdebarreiroscd

O próximo venres 26 de xuño celebrarase a Cea-Baile do Praias de Barreiros C.D

O próximo venres 26 de xuño celebrarase a Cea-Baile do Praias de Barreiros C.D.

Terá lugar no Refugio O Castro ás 22:00 horas.

MENÚ:
– Entrantes Ibéricos
– Mexillóns ó vapor
– Croquetas
– Pastel de cabracho
– Medallóns de solomillo en salsa
– Tarta da avoa
– Bebida
– Café e chupito

PREZOS:
– Socios 20€
– Non socios 25€
– Nenos 10€

As tarxetas pódense adquirir en:
– Refugio O Castro
– Bar A Ribeira
– Pavillón Municipal

Ou nos teléfonos:
– Julio 606964163
– Alfonso 620144460
– Tino 699845385

Durante o evento entragaránse os premios da temporada á sección de atletismo, fútbol sala e os premios á afición.

Atletismo: Trofeo ó máis veterano, ó mais regular da tempada, ó meior clasificado global, á mellor atleta feminina.

Fútbol Sala: Máximo goleador, porteiro menos goleado, xogador máis regular, premio especial á serenidade e experiencia da temporada.

Afición: Meior xogador dos descansos, máis veterano da grada, aficionado máis silencioso,

¡Non faltes, contamos contigo!

Foto de Praias de Barreiros C.D.
Foto de Praias de Barreiros C.D.

Fase final Copa Federación de Lugo de fútbol sala

Crónica fase final Copa Federación de Lugo de fútbol sala

O pasado sábado 30 de maio o Pavillón Muncipal de Barreiros vestiuse de gala para a disputa da fase final da Copa Federación de Lugo de fútbol sala, na que participaron os equipos da provincia qu compiten en categoría Autonómica e Provincial. Tralas fases previas, os catro conxuntos que conseguiron o pase foron o Talleres Vilaboa de Lugo, o Praias de Barreiros, Hotel Roma de Sarria e o Outeiro de Rei.

A primeira semifinal enfrontou ó conxunto anfitrión co Talleres Vilaboa. Os lucenses adiántáronse pronto no marcador e defenderon a súa vantaxe durante a maior parte do partido. Os barreirenses conseguiron igualar na segunda parte pero, a pesar das moitas oportunidades das que dispuxeron, non foron capaces de acadar o segundo gol que lles dese o pase á final. Tralo 1-1 final, a clasificación decidiríase dende o punto de penalti, e ahí os da capital estiveron máis atinados.

Na segunda semifinal, o Hotel Roma e o Outeiro de Rei disputaron un encontro moi intenso, similar á primeira semifinal, os de Sarria adiantáronse no marcador e despois aproveitaronse os erros do rival para ampliar a vantaxe. O Outeiro de Rei intentou darlle á volta ó marcador xogando co porteiro-xogador pero o encontro rematou cun 3-2 favorable ós de Sarria.

Tras estes resultados, a gran final da Copa Federación enfrontaba ó Talleres Vilaboa (de categoría Provincial) co Hotel Roma (de categoría Autonómica). Os da capital adiantáronse pronto e foron por diante no marcador durante todo o encontro ante un Hotel Roma que acusou o desgaste da semifinal anterior. O porteiro do Talleres Vilaboa, Rubén, mantivo ó equipo con vida en todo momento, ó igual que no encontro de semifinais ante o Praias de Barreiros, converténdose no xogador máis destacado da fase final. O 3-2 final proclamou vencedor da Copa Federación de Lugo de fútbol sala ó Talleres

campeonCopa

finalistas

 

A Peña Barcelonista celebra este sábado día 30 duas importantes actividades

A Peña Barcelonista celebra este sábado día 30 duas importantes actividades.

En primiero lugar, celebrarán a Asamblea xeral de socios, que será ás 20 h en primeira convocatoria e 20.30 h en segunda. Nela trataranse varios temas como elección de nova directiva, estado de contas, análisis das actividades levadas a cabo durante esta temporada, rogos e preguntas.

Máis tarde, todos xuntos verán por TV a final da Copa do Rei, agás os 6 socios que a peña terá no Camp Nou animando en directo ó Barça.

Estes dous actos celebraranse no Restaurante Oliñas do Mar, sito na praia de Benquerencia (Barreiros) e ainda que a Asamblea é exclusiva para socios, dende a Peña animan a todo-los afeccionados barcelonistas a pasarse xunto deles para ver o partido e disfrutar dun gran ambiente barcelonista.

Por outro lado, a Peña acaba de sacar a sua xa tradicional “camiseta do verán” e será entregada ós socios ese mesmo sábado. A peña dende hai 10 anos edita cada verán unha camiseta conmemorativa da temporada e nesta ocasión o diseño foi sacado a concurso, sendo o gañador do mesmo o Focense Aris Villarino, que presentou un magnífico traballo.

Finalmente como colofón a esta temporada, quedan dous actos máis, o vindeiro 6 de xuño unha xuntanza para ver por TV o partido da Final da Champions Legue e a fin de semana do 13-14 de xuño a asistencia á Xuntanza de Peñas Barcelonistas Galegas que nesta ocasión organiza a peña amiga e veciña de Burela.

O Praias de Barreiros FS exercerá como anfitrión na fase final da Copa Federación de fútbol sala de Lugo

O Praias de Barreiros FS exercerá como anfitrión na fase final da Copa Federación de fútbol sala de Lugo

O conxunto barreirense certificou a súa presencia nas semifinais da Copa Federación de fútbol sala para conxuntos de Liga Provincial e Autonómica o pasado sábado en Begonte. A pesar de caer derrotados por 5 goles a 4, os mariñáns clasificáronse para a fase final ó vencer no encontro de ida por 4 goles a 3.

O Praias de Barreiros enfrontarase na primeira semifinal a outro conxunto da Liga Provincial de fútbol sala, o Talleres Vilaboa. Os de Lugo acadaron a clasificación tras empatar os dous encontros ante o Castroverde FS (2-2 e 3-3) o valor dobre dos goles fóra da casa resultou decisivo nesta eliminatoria.

Pola outra parte do cadro, o Outeiro de Rei FS derrotou con solvencia ó CD Cubelas FS nos dous encontros (5-1 e 1-8) e enfrontarase ó Hotel Roma FS, que resultou vencedor no duelo entre os dous conxuntos de Sarria, na ida empataron 2-2 coa Peña Españolista e no encontro de volta impuxéronse pola mínima (5-4).

Polo tanto, o cadro final da Copa Federación de fútbol sala de Lugo que se disputará o próximo sábado 30 de maio no Pavillón Municipal de Barreiros é o seguinte:

Semifinal 1 | 16:30 horas | Praias de Barreiros – Talleres Vilaboa

Semifinal 2 | 18:00 horas | Hotel Roma  – Outeiro de Rei

FINAL 19:30 horas