Archivo de la categoría: Deportes

Carreira Popular de Reis de Barreiros

A Carreira Popular de Reis de Barreiros volta a desputarse grazas a colaboración da Deputación de Lugo

20151212_112821Lugo, 12 de decembro de 2015.- O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto co representante de Egovarros e da Federación Galega de triatlón e organizador da proba, Paco Rodríguez, así coma cos represtantes de UNICEF Chus Maseda, de ACIA Barreiros Xesús Seivane e José Carlos Díaz colaborador da organización da proba, participaron este sábado pola maña na presentación da Carreira Popular de Reis de Barreiros de 2.016, levada a cabo no campo de fútbol Cascabeiro e na Lagoa dos Patos de Barreiros.

Esta nova edición terá lugar o vendeiro 3 de xaneiro e o escenario da saída e da chegada será o campo de Fútbol Cascabeiro. A partires das 11:00 comezarán as probas infantís, para as 11:45 dar a saída da categoría adulta que percorrerá a través da xeografía Mariñá 12.000 metros. Dende a categoría pitufo até a categoría cadete a participación será de balde, a partires desta categoría as inscricións teñen un custe de 6 euros, que irá a parar íntegramente a entidade UNICEF, neste senso o responsable de Deporte da Deputación salientou que “logo de recuperar a proba no 2015, conséguese dar un novo impulso e facer que este evento deportivo e de lecer sexa tamén un acto solidario”, Veiga concluíu que “desde a Deputación apostamos por este tipo de iniciativas deportivas populares que abranguen desde os máis novos até os adultos sen límite de idade, axudando a democratizar o deporte e logrando que sexa accesible a toda a cidadanía”.

Limite de inscricións
A data límite de inscrición será o vindeiro 29 de decembro de 2015, e os participantes poderán recoller os seus dorsais o propio día da proba entre as 09:30 e até as 10:30, así mesmo e de forma opcional a organización ofrece a posibilidade de apuntarse a comida que terá un prezo de 5 euros para os menores de 12 anos e de 10 euros para os adultos participantes. As inscricións, encargos e a consulta de máis información poden levarse a cabo a través da páxina webcarreirapopulardereis.jimdo.com

O Praias de Barreiros FS tómalle o pulso á Liga Gallega Norte

andresLopezO Praias de Barreiros FS tómalle o pulso á Liga Gallega Norte

Tras un inicio de campaña complicado, os de Andrés López conseguiron encadear unha boa xeira de resultados xusto antes da xornada na que lles toca descansar. Nos últimos catro encontros os barreirenses acadaron dúas victorias e dous empates que lles permitiron escalar varios postos na táboa clasificatoria.

As lesións marcaron o debut do Praias na Liga Gallega Norte, as ausencias de Sergio e Miguel nas primeiras xornadas condicionaron moito o rendemento dos barreirenses. “Costounos moito ó principio, tivemos un lastre importantísimo por culpa das lesións. Chegamos moi xustos de xente para a rotación, a medida que recuperamos xente, vámonos levantando e empezan a chegar os resultasdos” expresou Andrés López nunha entrevista que lle realizaron en Radio Foz.

O técnico do conxunto barreirense engadiu: “Somos un recén ascendido, necesitamos un periodo de adaptación e de consolidación. É preciso implantar unha nova metodoloxía de traballo e aumentar a esixencia. O Praias ten moi boas perspectivas para facer un proxecto bo e ambicioso. Pero para falar dun ascenso e categoría teremos que falar en anos próximos. Ahora é o momento de adaptarse e consolidarse”.

Tras sumar oito puntos nas últimas catro xornadas, Andrés fixou o lugar que debe ocupar o Praias de Barreiros na competición. “Miramos máis cara arriba que cara abaixo, non deberíamos ter problemas para salvar a categoría, non creo que teñamos que pelexar por evitar o descenso”. E tamén destacou o mal do equipo no inicio de tempada: “O noso lastre é a faceta defensiva, o obxetivo é meiorar ahí”.

Da mesma maneira Andrés destacou o traballo da xunta directiva e o apoio da afición. “É unha maravilla xogar os partidos no Pavillón Municipal. É un privilexio poder contar con ese apoio”.

Trala disputa das primeiras once xornadas, o Praias de Barrreiros ocupa a séptima posición da táboa clasificatoria con 14 puntos. O próximo fin de semana tócalle descansar e o seu próximo encontro terá lugar na Fonsagrada o 12 de decembro.

4ª xornada da LNB: Ismael de Outeiro, un tapado que asoma

4ª xornada da LNB: Ismael de Outeiro, un tapado que asoma

DSC09634

16 de novembro de 2015.- O bo tempo do que vimos disfrutando nas derradeiras datas, rematou ca incertidume de donde se xogaría o “Aberto de Flores” e aínda que o venres caeron unas pingas, o sábado voltou lucir o sol e daquela puideron xuntarse os palanadores da NorLeste a carón do campo de fútbol de San Miguel para disputar a cuarta xornada da Liga regular de billarda.

Boa afluencia de xogadores ca inagardada visita de Tere do equipo Casilledín de Ribadumia (que se animou a participar con eles no aberto) e mais Aitor (este non se resistiu a probar co palán mais finalmente abstívose de xogar).

Cando a metade das carreiras iban xa aló, sorprendeunos agradabelmente Flores, que mentres agardaba que lle tocara xogar o seu grupo, fixo unha escapadiña e voltou traendo consigo un par de potas cheas de castañas asadas, ainda quentiñas que fixeron as ledicias de palanadores e siareiros. Que ben viñeron para acompañar as birras que estaban a tomar!

Isto é a billarda: xogo, deporte, competición, amizade, foliada, camaradería…

Sen présa pero sen pausa os enfrontamentos nos seis grupos, foron sucedéndose con relativa axilidade e malia que no prado se comenzada a notar a humidade da nacente xeada, foron quen de rematar mentres a luz do día comenzaba paseniñamente a esmorecer.

Logo das cinco carreiras regulamentarias, cinco palanadores destacaron por riba dos demáis e remataron empatados a 23 puntos, estes foron Daniel e Manolo Pozo (Billardeiros Musicais), Regueiro (Troitas Bravas) e Migho e Isma (Cruzados), que xogaron outras tres carreiras para desfacer o empate e ver quen subía o podio da xornada.
Regueiro non participou no desempate e Migho errou mais do debido co que quedou fora.

A Isma, que estivo xogando toda a tarde de forma maxistral, non lle temblou o pulso cando na segunda carreira errou Daniel e aproveitou para coller vantaxe e facerse de forma brillante co primeiro posto do aberto. Segundo foi Daniel e terceiro Manolo Pozo.

En donas a mellor foi de novo Geni (Billardeiros Musicais), seguida de Paula (Cruzados), Bea (Troitas Bravas) e Lola Eiras (Extensión billarda.)

Por equipos, dominaron a xornada os Billardeiros Musicais.

Artísticas pedras da Praia de Reinante, rotuladas por expertas mans e acompañadas cada unha delas por un saqueto de castañas, foron os agasallos que os gañadores recibiron de mas do seleccionador nacional e anfitrión do aberto Manolo Flores.

Ca lembranza do poema Nouturnio de Curros Enriquez (A noite pechaba i o raio da lúa, nas tépedas cumes comeza a brilar…) liscaron do lugar ca satisfacción do deber cumprido:
Novamente a BILLARDA foi a estrela no campo das Valgas de San Miguel de Reinante!! Billarda sempre! Adiante co Varal!

A vindeira cita será o 28 de novembro en Pillarnu ou Piedras Blancas (Avilés) para a disputa da IX Copa Cantábrica fronte a potente selección astur.

As clasificacións logo desta terceira xornada quedan asi:
Individual: Regueiro 86 p., Daniel 85 p., Pepe Vidal e Pepe Outeiro 78 p., Manolo Pozo 77 p.
Donas: Geni 55 p., Bea 30 p., Lola Eiras 23 p.
Equipos: Billardeiros Musicais 310 p., O Cadaval 274 p., Troitas Bravas 227 p.

“MONTE COMADO TRAIL+ ½ KM. VERTICAL”

Ver más fotos 

Éxito do trail e 1/2 km vertical Monte Comado con preto de 90 participantes

Xoán Rodríguez e Begoña Alonso e Juan Luís Gómez e Marisa Ares, gañadores do Trail e 1/2 km vertical monte Comado respectivamente, celebrado este domingo 11 de outubro na localidade barreirense de Santiago de Reinante.

A saída para esta dobre carreira de montaña dábase ás 10.00 horas na propia praia de Arealonga onde agardaban os preto de 90 participantes para disfrutar dunha gran mañá de deporte. Igualmente, os acompañantes que acudiron á meta do monte Comado, puideron animar ós corredores e disfrutar do ambiente da carreira e das excelentes vistas.

Na 1/2 km vertical, unha carreira de 4,5 km e un desnivel acumulado de case 500 m, impuxéronse na liña de meta Juan Luis Gómez del Río como gañador absoluto e primeiro entre os homes e Marisa Ares Reigosa, primeira entre as mulleres.

As clasificación por categorías foron:
Sénior masculino
1- Aitor García
2- Julián Castaño
3- Rafael Marful

Veterán A Feminino
1- Marisa Ares
2- Begoña Iglesias
3- Liliana Rodríguez

Veterán A masculino
1- José Bernardo Ginzo
2- Juan Pablo López
3 – Ibán Méndez

Veterán B feminino
1- Xoana Mª Dorado

Veterán B masculino
1- Juan Luís Gómez
2- Luís Souto
3- Pablo Fernández

No trail, a carreira de 21 km e case 1.400 m de desnivel acumulado, o vencedor absoluto e masculino foi Xoán Rodríguez Bermúdez, un contrastado trail-runner da Mariña. Entre as mulleres, a vencedora foi Begoña Alonso Fernández.

As clasificicacións por categorías foron:
Sénior masculino
1- Martín Pardiñas
2- Manuel Eiras
3- Aris Villarino

Veterán A feminino
1- Begoña Alonso
2- Loli Piñeiro

Veterán A masculino
1- Paco Gueimunde
2- Marcos Rodríguez
3- Carlos Loriente

Veterán B masculino
1- Xoán Rodríguez
2- Juan Menéndez
3- Juan Carlos Díaz

Os trofeos foron entregados por D. Alfonso Fuente, como alcalde de Barreiros, e D. Antón Veiga como vicepresidente da Deputación de Lugo.

A organización quere agradecer o excelente comportamento e deportividade de tódolos participantes, así como a labor de Protección civil, colaboradores, Concello de Barreiros e Eroski City Barreiros.

Toda a información da carreira, con fotos e clasificacións está aloxada na webwww.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com e na páxina de Facebook carreira popular das praias – 1/2 km vertical monte Comado.

SubidaComado11Oct15 (45)Xa rematou todo!!!!
Esta historia empezou alá polo mes de xullo de 2014, cando me estaba adestrando para a carreira de Valgrande en Pajares. Atopei un camiño tan fermoso como empinado para subir a Comado. E ahí se levou a cabo parte da miña preparación.
Entre tanta subida e baixada en solitario se foi fraguando a carreira 1/2 km vertical monte Comado e logo de comentalo con Xesus Seivane Vazquez, en tres meses a carreira estaba organizada e os corredores subindo e descubrindo o noso monte.
Pero como “a cabeza non para”, 4,4 km facíanse poucos e o potencial do monte de Barreiros era moito. Moitas vistas ó google maps e algunha ruta andando polo monte ata que dous grandes, Agustín e Mario me deron o seu apollo e decidimos afronta-lo reto, organiza-lo Trail monte Comado. Tres meses dando voltas polo monte, buscando os “mellores” camiños e a incertidume sempre na cabeza ata que tivemos todo desbrozado, que non foi pouco e todo grazas a que moitos fumos os que creimos neste proxecto, Iván LabradaIván CentenoSuso DiazXoel Díaz Branco, a Rober de Elena Perez, a comisión veciñal de Reinante con A Valea Taxi Ribadeo ó fronte, o Marqués, Suso Loureiro e moitos máis colaboradores durante o día da carreira.
O resto xa se pode ver na páxina Carreira popular das praias – 1/2 km vertical monte Comado, a loita do home por superarse e o disfrute final da natureza.
Estamos como cabras??? que vaaaaaa!!!! Somos así e que sexa así por moitos anos.
Espero dentro dun ano estar escribindo unha nota parecida.
Dar as grazas ademáis de a todo-los mencionados anteriormente a outros moitos que nos animástedes nas redes, dando publicidade á carreira, invitando a amigos a participar e sobre todo, polo cariño que recibimos nestos días.
Como díce un dos máis grandes, vémonos no monte!!!!!

SubidaComado11Oct15 (34)

SubidaComado11Oct15 (6)

SubidaComado11Oct15 (7)

Ollomao convoca un certame fotográfico con motivo da celebración da carreira “Monte Comado Trail+ ½ km. vertical”

Ollomao convoca un certame fotográfico con motivo da celebración da carreira “Monte Comado Trail+ ½ km. vertical”

A persoa autora da fotografía gañadora recibirá como premio unha estadía nunha casa rural.

O Colectivo Cultural Ollomao convoca a quinta edición do certame fotográfico “Enfocando Barreiros”. Coa finalidade de colaborar na promoción das actividades que contribúen á dinamización da localidade, Ollomao súmase á carreira “Monte Comado Trail + ½ km. vertical”, centrando nesta e nas paisaxes do percorrido da mesma, a temática deste certame. Dende o Colectivo Cultural Ollomao preséntase esta iniciativa coa pretensión de contribuir a dar a coñecer a riqueza natural barreirense, á vez que se colabora na promoción das alternativas lúdicas e deportivas que este entorno ofrece.

Un dos requisitos deste concurso é que as fotografías participantes deben estar realizadas o domingo, 11 de outubro, no tempo de duración da proba deportiva. Asimesmo, as imaxes participantes, aínda podendo ter como elemento central a paisaxe, deberán conter algún elemento identificativo da carreira. Poderán participar todas as persoas que o desexen, indepentemente da súa idade, dado que non existen modalidades diferenciadas; enviando ata un máximo de 3 fotografías ata o mércores, 14 de outubro incluido ao enderezo electrónico da asociación ([email protected]). A foto gañadora, que será elixida mediante procedemento de votación popular na páxina que o Colectivo Cultural Ollomao ten na rede social facebook, estará aberta entre os días 15 e 18 de outubro, e o 19 será dada a coñecer a persoa gañadora. Esta recibirá como premio un vale por unha estadía nunha casa rural.

O Colectivo Cultural Ollomao ten a disposición de todas as persoas interesadas as bases deste certame no seu blog www.blogoteca.com/ollomao, así como habilitadas as canles de correo-e no enderezo [email protected]; e no teléfono 650542932, para resolver calquera dúbida en relación a este certame.

Duelo de necesitados en Barreiros

LogotipoPraiasBarreirosCD

O próximo sábado 10 de outubro o Praias de Barreiros recibe no Pavillón Municipal ó Mera FS.

Ambos conxuntos acadaron o ascenso á Liga Autonómica Gallega Norte a tempada pasada tras proclamarse campións dos reus respectivos grupos de Liga Provincial, sen embargo os inicios e a adaptación á nova categoría non está sendo fácil para ningún dos dous equipos.

Barreirenses e oleirenses son os únicos conxuntos que aínda non conseguiron puntuar nas tres primeiras xornadas de competición. Algo que cambiará trala disputa deste encontro. Os de Andrés López seguirán sen poder contar con Sergio, Miguel e Mario unha xornada máis, pese a iso, tentarán facer bo o factor cancha para intentar que os tres puntos se queden en Barreiros.

O encontro está fixado para o próximo sábado 10 de outubro ás 18:30 horas.

O Praias de Barreiros FS desprázase a Arzúa co obxetivo de estrear o seu casilleiro de puntos

O conxunto barreirense non acadou ningún punto trala disputa das dúas primeiras xornadas da Liga Gallega Norte de fútbol sala. Os de Andrés López caeron derrotados na cancha do KFM Motorsport de Culleredo na primeira xornada e o fin de semana pasada non foron capacer de acadar a victoria ante o Concello de Begonte, a pesar de adiantarse no marcador o resultado final foi un 3-5 favorable ós visitantes.

O Praias de Barreiros centráse ahora no desafío do próximo sábado (16:30 horas) ante o Concello de Arzúa, un conxunto que descansou na primeira xornada e que na segunda se impuxo pola mínima (4-5) na pista do Europizarras Fonsagrada.

Para este encontro Andrés López seguirá sen poder contar con Sergio e Miguel, dúas importantes baixas por lesión que se están facendo notar neste inicio de campaña.

Os interesados en viaxar co equipo a Arzúa poderano facer de maneira totalmente gratuita, para reservar plaza tan só deben poñerse en contacto con algún dos membros da directiva do Praias de Barreiros.

Monte Comado Trail + 1/2 Km. vertical

Queda pouco máis dunha semana para a celebración do Trail e 1/2 km vertical monte Comado, que será o vindeiro domingo día 11 de outubro en Santiago de Reinante – Barreiros – Lugo.

Organizada por Comisión veciñal de Santiago de Reinante, Casa Elena Turismo Rural, Actiboot, Hotel Ría do Masma, Café Bar Moderno e Peña Barcelonista San Miguel.
Consiste en duas carreiras simultáneas, un Trail de 21 km e case que 1.500 m de desnivel acumulado e unha carreira vertical de 4,4 km e 480 m de desnivel acumulado.

A saida será na propia praia de Arealonga ás 10 da mañá e a meta estará situada no cume do monte Comado.

A data final para inscripcións é o 7 de outubro e tanto inscripcións como consulta de información aparecen na web www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com
A organización trata con este evento, ademáis de fomenta-lo deporte, dar a coñecer outras rutas de Barreiros que non sexan únicamente as praias. Para iso tratan de buscar un percorrido o máis fermoso posible, destacando as espectaculares vistas da Mariña lucense.
Agradecemos a sua difución.
Calquer consulta, Jose – 649 57 13 60.

Un saudo e moitas grazas.

http://carreirapopulardaspraias.jimdo.com

Presentada a temporada 2015-2016 das Escolas Deportivas de Barreiros

20150929_195912

Barreiros, 29 de setembro de 2015.-Este martes 29 de setembro tivo lugar no salón de actos do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro a presentación da temporada 2015-2016 das Escolas Deportivas de Barreiros nun acto informativo presentado polo alcalde. D. Alfonso Fuente Parga onde se detallou o funcionamento das mesmas para os vindeiros meses.

En aras de poder ofertar aos veciños de Barreiros actividades de diversa índole que favorezan o benestar xeral dos seus participantes se deseñou este programa deportivo no que para esta temporada 2015-2016 se van a impartir 8 disciplinas deportivas, estando dirixidas por un lado nen@s e mozos nas que se ofertan as seguintes:

-Fútbol Sala Biberón: Luns e Mércores de16,30 – 17,30 horas
-Fútbol Sala Prebenxamin: Mércores e Venres de 17,30 – 18,30 horas
-Fútbol Sala Benxamin: Marttes de 18,30 – 20,00 horas e Venres de 17,30 – 18,30 horas
-Fútbol Sala Alevin: Mércores e Venres de18,30 – 20,00 horas
-Fútbol Sala Infantil e Cadete: Luns e Xoves de 18,00 – 19,30 horas
-Xogos predeportivos – que se desenvolven nos centros educativos de San Miguel (martes de 14,30 – 15,30 horas) e San Cosme (mércores 14.30 – 15,30 horas). Esta actividade está dirixida aos nen@s de educación infantil dos respectivos centros.
-Atletismo: Mércores de 16,30 – 17,30 horas
-Tenis de mesa: Luns de 16,30 – 17,30 horas
-Patinaxe: Martes de 16,30 – 18,30 horas
-Natación: Xoves de 17,15 – 18,00 horas

E por outro lado para os adultos coa oferta de:
-Ximnasia – que se desenvolve en San Miguel (martes e xoves de 17,45 – 18,45 horas) e San Cosme (martes e xoves de 19,00 – 20,00 horas)
-Aerobic: Martes e Xoves de 20,00 – 21,00 horas

Todas as disciplinas comezarán a impartirse dende o día 1 de outubro e finalizarán o vindeiro 30 de maio do 2016. Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 662 090 374 ou ben remitir un mail ao enderezo:
[email protected]

O prazo de inscrición segue aberto polo que calquera persoa interesada en participar poderá inscribirse ao longo das vindeiras semanas.