Archivo de la categoría: Cursillos

CURSO DE TÉCNICAS DE RELAXACIÓN E CONCENTRACIÓN

CURSO DE TÉCNICAS DE RELAXACIÓN E CONCENTRACIÓN

Barreiros, 17 de setembro de 2019. O Concello de Barreiros, a través da Concellería de Dinamización e Participación Veciñal e da Oficina Municipal de Información Xuvenil (Omix Barreiros) organizan un curso de Técnicas de Relaxación e Concentración.

Esta actividade, que está destinada a mozos/as e xente adulta, desenvolverase no salón de usos múltiples do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro os luns e venres en horario de 10:30 a 11:30 horas.

As clases comezarán o día 4 de outubro e a inscrición xa pode realizarse na OMIX ata o día 30 deste mes de setembro.

No hay descripción de la foto disponible.

A Aula Cemit do Concello de Barreiros organiza en maio cursos para aprender a usar a tablet e o smartphone

A Aula Cemit do Concello de Barreiros organiza en maio cursos para aprender a usar a tablet e o smartphone

27-04-18

Aprende a usar a tablet e Aprende a usar o Smartphone comezarán o vindeiro mércores, día 2 de maio, e prolongaranse ata o 23 deste mes. Terán lugar na Aula CeMIT de Barreiros, no Teleclub de San Cosme. O horario será das 16:30 ás 18:00 horas. Estes cursos son gratuítos e o número de prazas é limitado. As persoas interesadas en participar poden inscribirse na propia Aula CeMIT ou no correo [email protected]. Colabora a Fundación Vodafone España que pon a disposición dos asistentes tablets e móbiles de última xeración para que, os que non dispoñen destes dispositivos, poidan practicar durante as clases.

OS TALLERES PARA A TERCEIRA IDADE, QUE ORGANIZA O CONCELLO DE BARREIROS, IMPARTIRÁNSE ESTE ANO EN SAN COSME, SAN MIGUEL E VILAMAR. EMPEZAN O VINDEIRO LUNS, DÍA 22

OS TALLERES PARA A TERCEIRA IDADE, QUE ORGANIZA O CONCELLO DE BARREIROS, IMPARTIRÁNSE ESTE ANO EN SAN COSME, SAN MIGUEL E VILAMAR. EMPEZAN O VINDEIRO LUNS, DÍA 22.

Barreiros, 17 de xaneiro de 2018. O vindeiro luns, 22 de xaneiro, darán comezo os talleres para a terceira idade que organiza o departamento de Servizos Sociais do Concello barreirense. Esta mañá foron presentados.

O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “son uns talleres para a terceira idade, como se viña facendo xa en anos anteriores en San Cosme de Barreiros, pero agora lévanse tamén a San Miguel de Reinante e máis a Vilamar, para dar cabida a que poida participar toda a xente maior que queira”.

O rexedor dixo que “estes talleres consisten en traballar con distinto material para previr enfermidades como ao alzheimer e outras que poden xurdir sobre todo na xente maior. E ao mesmo tempo aproveitar para estar xuntos un día á semana, charlar, verse e contar as súas cousas. Sempre tiveron boa participación e esperamos que este ano tamén sexa así”.

Os talleres están destinados a maiores de 65 anos, xubilados maiores de 60 ou persoas con discapacidade, que se consideren idóneas para participar neles. Os interesados e interesadas en anotarse ou en recibir máis información deben acudir no horario da actividade.

Os luns de 16 a 17:30 horas os talleres serán no centro social de San Cosme, tamén os luns de 18 a 19:30 horas no Ceip de San Miguel de Reinante e os xoves de 16 a 17:30 horas no local do campo da festa de Vilamar. Desde o departamento de Servizos Sociais animan “a acudir a estes talleres con actividades de aprendizaxe e festivas, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo, así como potencias as relacións entre os seus iguais e os veciños e veciñas de Barreiros”.

Na xornada de onte seguiron no Eido Dourado en Barreiros, os laboratorios creativos que está a impartir durante este verán Lucía Vila

 

Na xornada de onte seguiron no Eido Dourado en Barreiros, os laboratorios creativos que está a impartir durante este verán Lucía Vila, artista mariñá e profesora de

educación plástica. Os obradoiros están a ter un grande éxito entre os máis pequenos da casa que pasan unha hora, de sete a oito da tarde, empapándose de arte nese espazo a carón da praia da Pasada. Os laboratorios creativos rematarán o vindeiro 16 de agosto. Este é o segundo ano no que se están a celebrar. Lucía Vila comenta que “están a funcionar cada vez mellor, de feito este verán tiveron moita demanda. Estamos moi content@s”.

O GRUPO DE FOLK TIS CHE TEIN ACTÚA ESTE VENRES, 4 DE AGOSTO, NO CÁMPING GAIVOTA, EN BARREIROS

O GRUPO DE FOLK TIS CHE TEIN ACTÚA ESTE VENRES, 4 DE AGOSTO, NO CÁMPING GAIVOTA, EN BARREIROS.

Barreiros, 3 de agosto de 2017. O cámping Gaivota, en Barreiros acolle este venres, 4 de agosto, un novo concerto dentro das súas Queimadas Proletarias. O grupo de folk tabernario Tis Che Tein actuará a partires das 23:00 horas.

O promotor destas actividades, Celso Dourado, sinalou que “é unha nova cita, unha máis, e esta vez vainos acompañar Tis Che Tein. É un grupo de Santiago formado nos bares a altas horas da noite, beben do folk, beben do celta, e case todos os seus compoñentes forman parte doutros grupos. Os máis coñecidos posiblemente sexan Os de Abaixo. A maior parte deste grupo forma parte tamén de Os de abaixo”.

Dourado explicou que “é un tipo de música moi coidada, moi elaborada. Estamos falando de xente cunha grande formación que leva moitos anos tocando pese á súa xuventude. É habitual velos nas rúas de Santiago tanto no Gramola, que case é o seu local de ensaio, como nas Crechas, onde me atrevo a dicir que deron os seis primeiros pasos”.

O responsable do cámping Gaivota dixo que “con esta formación é a primeira vez que veñen, pero si que pasaron polo cámping formando parte doutros grupos de música, incluso acompañando a grandes músicos e a recitais de poesía. É unha grande formación que veñen do folk pero teñen moitas táboas”.

Celso Dourado manifestou que “unha vez máis se o tempo nos axuda, paralelamente á queimada que acostumamos a facer todos os venres practicamente dende vai facer trinta anos, a partires das once, teremos a actuación estelar desta formación que unha vez máis tratamos de quitar para adiante e de mirar sempre ás nosas músicas. Esa sempre foi a política que nos guiou e este é un expoñente máis”.

DERON COMEZO NO EIDO DOURADO, EN BARREIROS, OS LABORATORIOS CREATIVOS PARA NEN@S. SERÁN IMPARTIDOS ATA O 16 DE AGOSTO POR LUCÍA VILA

DERON COMEZO NO EIDO DOURADO, EN BARREIROS, OS LABORATORIOS CREATIVOS PARA NEN@S. SERÁN IMPARTIDOS ATA O 16 DE AGOSTO POR LUCÍA VILA.

Barreiros, 13 de xullo de 2017. O Eido Dourado, en Barreiros, está a acoller por segundo ano consecutivo laboratorios creativos para nenos e nenas. Son impartidos por Lucía Vila todos os mércores ata o 16 de agosto, en horario de sete a oito da tarde. As prazas xa están cubertas para o obradoiro do 19 de xullo, pero para as vindeiras sesións a inscrición está aberta no propio Eido Dourado ou a través do teléfono 610 90 24 58.

Lucía Vila, artista mariñá e profesora de educación plástica, explicou que “estes laboratorios van dirixidos neste caso aos máis pequenos entre os 4 e os 16 anos. O ano pasado os abríamos a persoas maiores tamén, pero en vista de que non tiveron moita acollida pois os centramos máis nos nenos pequenos”.

A responsable destes laboratorios creativos para nen@s no Eido Dourado engadiu que “seguindo co que empezamos o ano pasado, queremos promover o diálogo entre @s nen@s e a contorna do Eido. Amosarlles a obra de Celso Dourado e que exploren, investiguen e interaccionen coa contorna que nos rodea basicamente”.

Lucía Vila subliñou que “os laboratorios creativos serán todos os mércores, de sete a oito da tarde desde hoxe. E remataremos o 16 de agosto. O grupo estivo completo para a xornada de onte e tamén está para o día 19 deste mes, pero para os catro obradoiros que restan se poden apuntar ben pasando polo Eido Dourado ou contactando comigo por medio do facebook ou do teléfono persoal. Que se animen a vir todos os nenos e que disfruten do Eido Dourado”.

Clausurados os talleres de memoria

Cun xantar foron clausurados os talleres de memoria, que organiza o Concello de Barreiros a través do Departamento de Servizos Sociais. Os maiores, acompañados do alcalde, Alfonso Fuente, gozaron dunha comida e ao seu remate recibiron os diplomas de asistencia correspondentes ao curso 2016/17. Os talleres de memoria desenvolvéronse de outubro a xuño, de luns a xoves en horario de catro a seis da tarde.La imagen puede contener: 17 personas, personas sonriendo, personas de pie e interior