Archivo de la categoría: Cultura

O PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA FALAREDES TRAE O DÍA 17 A BARREIROS UN CONCERTO DE XOÁN CURIEL DIRIXIDO ÁS FAMILIAS

O PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA FALAREDES TRAE  O DÍA 17 A BARREIROS UN CONCERTO DE XOÁN CURIEL DIRIXIDO ÁS FAMILIAS.

Barreiros, 14 de xullo de 2015. Os nenos e as nenas de Barreiros poderán gozar o próximo 17 de xullo xunto aos seus pais dun concerto de Xoán Curiel e a banda Son+d2 no que se mesturarán estilos coma blues, funk, rock ou bossa nova. O espectáculo que FalaRedes, o programa de dinamización lingüística que a Xunta de Galicia pon en marcha por cuarto ano nos concellos de Galicia, preséntase baixo o título Estamos no verán!!! e terá lugar ás 20 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme.

O concerto está dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos e, ademáis da variedade musical proposta conta con divertidas coreografías a cargo da bailarina Marta Alonso, unha combinación coa que se espera facer bailar a cativos e pais.

obradoiro de pintura mural, que organizan a Concellería de Cultura e Xuventude

130715 Foto obradoiro mural BarreirosO pasado venres deu comezo o obradoiro de pintura mural, que organizan a Concellería de Cultura e Xuventude, a Omix e a Biblioteca de Barreiros.

O obradoiro, que se prolongará ata o 29 de xullo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, está dividido en catro partes nas que se abordarán temas como: o entorno urbano e arquitectónico na pintura mural; estudo do entorno; elaboración de bocetos, propostas plásticas; deseño final e propostas de color e aplicación da pintura mural na parede obxecto de decoración; fotografías do traballo rematado.

O curso, que é gratuíto, ten lugar os luns, mércores e venres en horario de 11 a 13 horas. Nel participan rapaces con idades comprendidas entre os 7 e os 30 anos.

OBRADOIRO DE PINTURA MURAL NO QUE PARTICIPARÁN RAPACES CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 7 E OS 30 ANOS

O 10 DE XULLO DARÁ COMEZO EN BARREIROS UN OBRADOIRO DE PINTURA MURAL NO QUE PARTICIPARÁN RAPACES CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 7 E OS 30 ANOS.

Barreiros, 8 de xullo de 2015. O vindeiro venres, 10 de xullo, ás 11 da mañá  dará comezo o obradoiro de pintura mural, que organizan a Concellería de Cultura e Xuventude, a Omix e a Biblioteca de Barreiros.

O obradoiro, que se prolongará ata o 29 de xullo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, estará dividido en catro partes nas que se abordarán temas como: o entorno urbano e arquitectónico na pintura mural; estudo do entorno; elaboración de bocetos, propostas plásticas; deseño final e propostas de color e aplicación da pintura mural na parede obxecto de decoración; fotografías do traballo rematado.

O curso, que é gratuíto, terá lugar os luns, mércores e venres en horario de 11 a 13 horas. Nel participarán rapaces con idades comprendidas entre os 7 e os 30 anos.ACTIVIDADES VERAN XULLO BARREIROS

 

ESTE SÁBADO, 27 DE XUÑO, TERÁ LUGAR O VII ENCONTRO NO EIDO DOURADO

ESTE SÁBADO, 27 DE XUÑO, TERÁ LUGAR O VII ENCONTRO NO EIDO DOURADO. NO ACTO DARANSE CITA A MÚSICA, A POESÍA E O TEATRO CON ARTISTAS COMO LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO, PACO PESTANA, MINI E MERO, FALÚA OU OS QUINQUILLÁNS, ENTRE OUTROS.

Barreiros, 25 de xuño de 2015. O VII Encontro no Eido Dourado terá lugar este sábado, 27 de xuño. No acto, co que arrincará a nova tempada deste espazo dedicado ao arte, daranse cita a música, a poesía e o teatro. O evento estará conducido por Comba Campoy, segundo explicou hai uns días o artista barreirense Celso Dourado.

Dourado indicou que “este sétimo Encontro no Eido Dourado, que dará comezo ás 8 da tarde deste sábado vai ter como cabeceiro a poesía alternativa e musicada feita en galego. Neste apartado dalgunha maneira a voz cantante levarana Lucía Aldao e María Lado, dúas poetisas que musican poesía e a verdade é que fan un espectáculo realmente marabilloso. Serán acompañadas por Paco Pestana, no seu apartado de poeta, e tamén por O Leo Arremecághona. Isto cerrará o apartado da poesía alternativa”.

Celso Dourado seguiu a relatar que “despois na música estará con nós Falúa, que é un grupo que acompaña a unha voz solista, que é a de Sara de Sousa, unha fermosa voz a cabalo entre Galicia e Portugal que levará a batuta da parte musicada. Tamén estarán, como nós, os vellos amigos Mini e Mero; e presentarannos o seu novo disco, que está tendo tanta fama a nivel incluso de Madrid, Vadzim Yukhnevich e Abraham Cupeiro, co seu proxecto Compromiscuo. E xa remataremos con teatro: estarán Os Quinquilláns, un grupo cunha longa traxectoria no panorama da escena en Galicia; Pepe Penabade e Manuel Lourenzo, o dramaturgo por excelencia do noso país, que terá unha breve intervención neste sétimo encontro”.

Dourado lembrou que “os encontros no Eido Dourado, como arranque de tempada, sempre os facemos o último sábado do mes de xuño e son abertos a todo o público”.

O VII ENCONTRO NO EIDO DOURADO CELEBRARASE O 27 DE XUÑO

O VII ENCONTRO NO EIDO DOURADO CELEBRARASE O 27 DE XUÑO. NO ACTO DARANSE CITA A MÚSICA, A POESÍA E O TEATRO CON ARTISTAS COMO LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO, PACO PESTANA, MINI E MERO, FALÚA OU OS QUINQUILLÁNS, ENTRE OUTROS.EidoDourado2015

Barreiros, 19 de xuño de 2015. O VII Encontro no Eido Dourado terá lugar o vindeiro 27 de xuño. No acto, co que arrincará a nova tempada deste espazo dedicado ao arte, daranse cita a música, a poesía e o teatro, segundo deu a coñecer neste xornada o artista Celso Dourado.

Dourado contou que “estamos ultimando os detalles e coordinando todas as intervencións. Cada ano que pasa súmanse máis e máis amigos e a verdade é que non sabemos como vamos facer para darlles cabida, polo que estamos cos últimos preparativos”.

O artista barreirense indicou que “este sétimo Encontro no Eido Dourado, que dará comezo ás 8 da tarde do vindeiro 27 de xuño, sábado, vai ter como cabeceiro a poesía alternativa e musicada feita en galego. Neste apartado dalgunha maneira a voz cantante levarana Lucía Aldao e María Lado, dúas poetisas que musican poesía e a verdade é que fan un espectáculo realmente marabilloso. Serán acompañadas por Paco Pestana, no seu apartado de poeta, e tamén por O Leo Arremecághona. Isto cerrará o apartado da poesía alternativa”.

Celso Dourado seguiu a relatar que “despois na música estará con nós Falúa, que é un grupo que acompaña a unha voz solista, que é a de Sara de Sousa, unha fermosa voz a cabalo entre Galicia e Portugal que levará a batuta da parte musicada. Tamén estarán, como nós, os vellos amigos Mini e Mero; e presentarannos o seu novo disco, que está tendo tanta fama a nivel incluso de Madrid, Vadzim Yukhnevich e Abraham Cupeiro, co seu proxecto Compromiscuo. E xa remataremos con teatro: estarán Os Quinquilláns, un grupo cunha longa traxectoria no panorama da escena en Galicia; Pepe Penabade e Manuel Lourenzo, o dramaturgo por excelencia do noso país, que terá unha breve intervención neste sétimo encontro”.

Dourado lembrou que “os encontros no Eido Dourado, como arranque de tempada, sempre os facemos o último sábado do mes de xuño e son abertos a todo o público. E quero comentar tamén que un ano máis será presentado pola actriz e xornalista Comba Campoy, quen coordina todo este evento”.

 

EN XULLO HABERÁ UN OBRADOIRO PRÁCTICO DE PINTURA E EN AGOSTO UN TALLER DE DANZA MODERNA

A BIBLIOTECA E A OMIX ORGANIZAN DOUS CURSOS DE VERÁN PARA RAPACES CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 7 E OS 30 ANOS. EN XULLO HABERÁ UN OBRADOIRO PRÁCTICO DE PINTURA E EN AGOSTO UN TALLER DE DANZA MODERNA.

Barreiros, 17 de xuño de 2015. A biblioteca pública municipal e a Omix organizan un Obradoiro práctico de pintura. Técnica mural, que terá lugar do 10 ao 29 de xullo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Será os luns, mércores de venres de 11 a 13 horas e está dirixido a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 7 e os 30 anos.

Xa en agosto haberá un Obradoiro de danza moderna. Será do 3 ao 17 dese mes de luns a venres de 10:45 horas a 13:15 horas e tamén está dirixido a rapaces de 7 a 30 anos. Este obradoiro, tamén gratuíto, impartirase no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Segundo informa o Concello as prazas son limitadas e ocuparanse por orde de inscrición. Os obradoiros son gratuíto.

NOVA SESIÓN DE TEATRO ESTE DOMINGO, 21 DE XUÑO, EN BARREIROS

Barreiros, 17 de xuño de 2015. O domingo, 21 de xuño, haberá unha nova sesión de teatro no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A compañía 3DTrans porá en escena “Ride, ride…”!. Será partir das 19 horas.

Sabela Amado, Cristina Mariño e Cristina Moreira levan ao teatro sketchs cos que gañaron o concurso Os humorosos da Televisión de Galicia. “Ride, ride…”! é un espectáculo de risas, relaxación subxectiva e parodia sobre un episodio da vida de tres actrices.

A representación enmárcase dentro do programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta.

Festa de fin de curso Abordaxe pirata

Ducias de nenos e nenas de educación infantil e primaria de Barreiros gozaron esta mañá coa celebración da festa de fin de curso Abordaxe pirata, que organizaou a Concellería de Cultura. Os asistentes participaron en xogos interactivos, corearon cancións de piratas e corsarios, e animaron a festa con globos e bandeiras. Os rapaces estiveron acompañados dos seus mestres e mestras. A festa celebrouse no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.160615 Foto abordaxe pirata 3

160615 Foto abordaxe pirata 2

160615 Foto abordaxe pirata 1

Historias dun ilusionista do Mago Rafa

Un centenar de persoas gozaron onte en Barreiros co espectáculo Historias dun ilusionista do Mago Rafa, un artista polifacético que mesturou humor e maxia con diferentes formas de comunicación. O público participou no escenario nalgúns dos trucos realizados polo Mago Rafa.

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro encheuse para disfrutar con esta actuación incluída no programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta de Galicia, e que contou coa colaboración da Concellería de Cultura de Barreiros e da Oficina Municipal de Información Xuvenil. 010615 Foto actuacion Mago Rafa 1

010615 Foto actuacion Maga Rafa 2

O CENTRO SOCIOCULTURAL ACOLLE ESTE DOMINGO O ESPECTÁCULO DO MAGO RAFA TITULADO HISTORIAS DUN ILUISIONISTA

O CENTRO SOCIOCULTURAL ACOLLE ESTE DOMINGO O ESPECTÁCULO DO MAGO RAFA TITULADO HISTORIAS DUN ILUISIONISTA.

Barreiros, 28 de maio de 2015. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acollerá este domingo, día 31 de maio, ás sete da tarde unha actuación do Mago Rafa, que presentará o seu novo espectáculo titulado Historias dun ilusionista.

O Mago Rafa é un artista polifacético que no seu espectáculo mestura o humor, a maxia e as diferentes formas de comunicación.

Este acto está incluído no programa Cultura no Camiño 2015, da Xunta de Galicia, e conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Barreiros e da Oficina Municipal de Información Xuvenil.