Archivo de la categoría: Concello

MÓVETE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

BARREIROS CONMEMORARÁ O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CUNHA CONCENTRACIÓN, COA LECTURA DUN MANIFESTO E CUNHA ENTREGA DE PREMIOS.

Barreiros, 22 de novembro de 2016. A Concellería de Familia, Muller e Servizos Sociais programou varias actividades para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero baixo o eslogan Móvete contra a violencia de xénero.

Para as oito da tarde do vindeiro venres, 25 de novembro, na praza do Concello está convocada unha concentración para gardar un minuto de silencio polas vítimas desta lacra e darase lectura a un manifesto conmemorativo. Si a climatoloxía non o permite este acto trasladarase ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, segundo informan desde o Concello barreirense.

E a continuación terá lugar a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do II Concurso de Debuxo Di non á violencia de xénero, no que participa o alumnado de primaria dos CEIP de San Cosme de Barreiros e de San Miguel de Reinante.

Actos programados polo Concello de Barreiros, desde a Concellería Familia, Muller e Servizos Sociais, para conmemorar o Día Internacioncal para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se celebra os 25 de novembro.
O acto “MÓVETE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” terá lugar o venres 25 de novembro ás 20 horas na Praza do Concello (se a climatoloxía non o permite a actividade trasládase ao Centro Socio – Cultural D. Manuel Díaz Sampedro), haberá lectura de manifesto e minuto de silencio.
Tras o acto “Móvete contra a violencia de xénero” expoñeránse e fárase entrega dos premios do II Concurso de debuxo “di NON á violencia de xénero”, no que participa o alumnado de Primaria do CEIP San Cosme de Barreiros e do CEIP San Miguel de Reinante.violenciaxenero2016

O ALCALDE, ALFONSO FUENTE, VISITOU ONTE EN SAN MIGUEL DE REINANTE A GUILLERMINA FRAGA IGLESIAS

O alcalde, Alfonso Fuente, visitou onte en San Miguel de Reinante a Guillermina Fraga Iglesias. Esta veciña acaba de cumprir 100 anos e o rexedor fíxolle entrega dun ramo de flores e dun escudo do concello. É a terceira centenaria que celebra o seu cumpreanos estes días e como nos casos anteriores o alcalde quixo felicitala en persona e en nome de todos os veciños e veciñas de Barreiros.

131016-foto-centenaria-barreiros

EDITAR

A CONCELLERÍA DE CULTURA ORGANIZA OBRADOIROS DE TÉCNICAS DE RELAXACIÓN E CONCENTRACIÓN PARA ADULTOS E PARA NEN@S DE 5 A 12 ANOS

A CONCELLERÍA DE CULTURA ORGANIZA OBRADOIROS DE TÉCNICAS DE RELAXACIÓN E CONCENTRACIÓN PARA ADULTOS E PARA NEN@S DE 5 A 12 ANOS.

Barreiros, 7 de outubro de 2016. A Delegación de Cultura do Concello de Barreiros  e a Oficina de Información Xuvenil organizan obradoiros de técnicas de relaxación e concentración para adultos e para nenos e nenas de 5 a 12 anos de idade.

A actividade para os adultos realizarase desde este mes de outubro ata maio de 2017 os luns e venres de 10:30 a 11:30 horas.

O obradoiro para nenos e nenas de 5 a 12 anos desenvolverase desde o 2 de novembro deste ano ata maio de 2017 os mércores de 17:20 a 18:20 horas.

Nos dous casos levaranse a cabo no salón de usos múltiples do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, onde tamén se recollen as inscricións, concretamente na Oficina Municipal de Información Xuvenil. As prazas son limitadas.relaxacion2 relaxacion1

UNHA UNIDADE DE DEFENSA ANTIAÉREA DO EXÉRCITO REALIZARÁ MANOBRAS EN BARREIROS E EN RIBADEO DO 18 AO 22 DESTE MES

UNHA UNIDADE DE DEFENSA ANTIAÉREA DO EXÉRCITO REALIZARÁ MANOBRAS EN BARREIROS E EN RIBADEO DO 18 AO 22 DESTE MES, SEGUNDO DEU A COÑECER HOXE ALFONSO FUENTE.

Barreiros, 15 de setembro de 2016. A Unidade de Defensa Antiaérea do Exército realizará manobras en Barreiros e en Ribadeo do 18 ao 22 de setembro. En Barreiros estarán acampados no Monte Comado e en Ribadeo empregarán o aeródromo de Vilaframil. Está previsto que se achegue ata a costa luguesa unha fragata da armada e tamén se prevé actividade aérea de cazas do Exército do Aire na zona. Deuno a coñecer no día de hoxe o alcalde barreirense, Alfonso Fuente.

O rexedor dixo: “queremos informar desde o Concello de Barreiros de que a partir do domingo, día 18, despregarase una dotación do exército do aire concretamente aquí en Barreiros no Monte Comado, acamparán alí ata o día 22 para facer unhas manobras”.

Fuente Parga quere deste xeito “advertir ou alertar á poboación e aos veciños de Barreiros, concretamente máis en San Miguel de Reinante e en Reinante onde van poder ver ese movemento de jeeps e camións que estarán alí despregados, que acamparán no monte, que non se asusten. É unha manobra máis, unha práctica do exército do aire. Van estar en Barreiros no monte Comado e en Ribadeo no aeródromo en Vilaframil”.

Alfonso Fuente indicou que “tamén na propia nota que nos manda o Ministerio de Defensa di que van contar cunha fragata e tamén pode ser que nestes días sobrevoe Barreiros e Ribadeo algún caza do exército”.

SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA NO FOGAR

O Sr Alcalde-Presidente do Concello de Barreiros, pon en coñecemento de todos/as os/as veciños/as que a Deputación Provincial de Lugo, acaba de publicar a Ordenanza Reguladora do SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA NO FOGAR, mediante o establecemento dun Baremo Único Provincial para o acceso ó Servizo.

REQUISITOS DE ACCESO:

– Estar en situación de necesidade, vulnerabilidade ou risco por razóns sociais ou sanitarias.

– Ter liña telefónica e subministración de enerxía eléctrica no domicilio.

– Estar empadroado nun concello de menos de 20.000 habitantes que esté adherido ó Servizo de Teleasistencia Social no Fogar.

– Ter designada unha persoa de contacto e que teña acceso ás chaves da vivenda do usuario.

– Non ter recoñecida a situación de Dependencia.

Para maior información, así como para tramitación de solicitudes, no Concello, DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS, mediante cita previa no teléfono 982-124002.

Barreiros a 9 de setembro de 2016

O ALCALDE

Asdo.- D. José Alfonso Fuente Parga.

Tipo de anuncio:

Anuncios, Axudas e subvencións

Archivos de anuncio:

anuncio_teleasistencia.pdf

DESPEDIDA NO CONCELLO AOS DOUS NENOS SAHARAUÍS QUE PASARON O VERÁN NO MUNICIPIO BARREIRENSE

DESPEDIDA NO CONCELLO AOS DOUS NENOS SAHARAUÍS QUE PASARON O VERÁN NO MUNICIPIO BARREIRENSE. 060916  Foto nenos saharauis Barreiros

Barreiros, 6 de setembro de 2016. No Concello barreirense tivo lugar a despedida dos nenos saharauís que este ano estiveron pasando o verán no municipio e que nesta xornada partían de regreso cara os fogares. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, fíxolles entrega ao igual que en anos anteriores dun lote de material escolar, que os nenos recibiron con agradecemento.

Tratouse, segundo o rexedor, “dunha despedida emotiva posto que un dos nenos leva varios anos vindo ao noso concello, é coñecido por todos nós como Patxi (Mohamed Lamin Mohamed Ali), que xa non volverá debido a que alcanzou o límite de idade. O outro neno era o primeiro ano que viña a Galicia (Addalami)”.