Archivo de la categoría: Comunicados

UNHA UNIDADE DE DEFENSA ANTIAÉREA DO EXÉRCITO REALIZARÁ MANOBRAS EN BARREIROS E EN RIBADEO DO 18 AO 22 DESTE MES

UNHA UNIDADE DE DEFENSA ANTIAÉREA DO EXÉRCITO REALIZARÁ MANOBRAS EN BARREIROS E EN RIBADEO DO 18 AO 22 DESTE MES, SEGUNDO DEU A COÑECER HOXE ALFONSO FUENTE.

Barreiros, 15 de setembro de 2016. A Unidade de Defensa Antiaérea do Exército realizará manobras en Barreiros e en Ribadeo do 18 ao 22 de setembro. En Barreiros estarán acampados no Monte Comado e en Ribadeo empregarán o aeródromo de Vilaframil. Está previsto que se achegue ata a costa luguesa unha fragata da armada e tamén se prevé actividade aérea de cazas do Exército do Aire na zona. Deuno a coñecer no día de hoxe o alcalde barreirense, Alfonso Fuente.

O rexedor dixo: “queremos informar desde o Concello de Barreiros de que a partir do domingo, día 18, despregarase una dotación do exército do aire concretamente aquí en Barreiros no Monte Comado, acamparán alí ata o día 22 para facer unhas manobras”.

Fuente Parga quere deste xeito “advertir ou alertar á poboación e aos veciños de Barreiros, concretamente máis en San Miguel de Reinante e en Reinante onde van poder ver ese movemento de jeeps e camións que estarán alí despregados, que acamparán no monte, que non se asusten. É unha manobra máis, unha práctica do exército do aire. Van estar en Barreiros no monte Comado e en Ribadeo no aeródromo en Vilaframil”.

Alfonso Fuente indicou que “tamén na propia nota que nos manda o Ministerio de Defensa di que van contar cunha fragata e tamén pode ser que nestes días sobrevoe Barreiros e Ribadeo algún caza do exército”.

FUENTE PARGA ASEGURA QUE A FACTURA Á QUE ALUDE HOXE O BNG CORRESPONDE Á COMPRA DE CARAMELOS E DE AGASALLOS INSTITUCIONAIS

FUENTE PARGA ASEGURA QUE A FACTURA Á QUE ALUDE HOXE O BNG CORRESPONDE Á COMPRA DE CARAMELOS E DE AGASALLOS INSTITUCIONAIS. O REXEDOR CONSIDERA QUE HAI UNHA CLARA INTENCIÓN DE QUERER PERXUDICAR AO EQUIPO DE GOBERNO.

Barreiros, 28 de xullo de 2016. O alcalde, Alfonso Fuente, sae ao paso das acusacións realizadas hoxe polo BNG. O rexedor considera que esas manifestacións obedecen a un descoñecemento total por parte dos nacionalistas ou a unha clara intención de querer perxudicar ao equipo de goberno. Fuente Parga sinala que a factura á que alude o BNG corresponde á compra de caramelos e de agasallos institucionais.

O rexedor quixo acordarse “de algo que di moitas veces miña aboa, que é canto é o non saber, porque saír dicindo hoxe que o Concello de Barreiros gasta 5.000 euros en caramelos é un descoñecemento total, por non consultar a factura nin querer decatarse e intentar prexudicar ao equipo de goberno con notas falsas. Así de claro”.

Fuente Parga explicou que “a empresa, que se chama El Edén del Paladar, desde hai anos subministra todos aqueles artigos de regalo, de gratitude cara a xente que nos visita ou mesmo incluso para as asociacións ou nenos que organizan, por exemplo, torneos de fútbol sala cando veñen pedir trofeos dánselles. Cando os nenos dos nosos colexios visitan centros doutros concellos levan eses regalos institucionais, que son uns escudos do Concello de Barreiros; ou ben cando veñen nenos doutras zonas aquí, como se deu o caso duns de Carballo, entrégaselles uns obsequios do Concello de Barreiros, que son precisamente os que se pagan con estas facturas”.

O alcalde sinalou: “tamén teño que dicirlles aos do BNG, porque eu creo que non o descoñecen, sábeno perfectamente pero o que queren é prexudicar ao equipo de goberno intentando enganar aos veciños. Deben saber, e senón explícollo eu claramente, que os caramelos que se compran tamén son os que se dan nas cabalgatas de Reis, porque os organizadores veñen ao Concello a pedir os caramelos e dámoslles bolsas e bolsas de caramelos que van gravados co anagrama do Concello. Polo tanto non sei se queren acabar coas cabalgatas de Rei, como pasou noutros concellos, e tamén están en contra diso”.

Alfonso Fuente Parga dixo: “por iso quero aclarar este tema. O Concello si compra caramelos para as cabalgatas de Reis, non por ese importe que están a dicir, porque nesas facturas tamén van os regalos institucionais que o Concello compra para diversos eventos, como por exemplo no Festival do Emigrante, que se lles dá un obsequio aos grupos que veñen. Ao mellor queren que non se dean, que o Concello non llos entregue ás asociacións nin ás agrupacións de cabaleiros cando fan rutas ou aos das motos cando veñen a Barreiros e organizan algún evento ou aos que organizan as travesías de kaiak, que tamén piden no Concello que se lles dea algún regalo para usar como trofeo. Pois esa é a factura deses agasallos”.

O rexedor barreirense amósase sorprendido “porque está moi claro o que é, polo tanto saír dicindo que se gastan 5.000 euros en caramelos. Canto é o non saber e o querer prexudicar e difamar. Nós temos a conciencia moi tranquila, sabemos no que investimos para todos os veciños, porque evidentemente se o Concello non comprara unha partida de caramelos para dar nas cabalgatas terían que asumir ese gasto os organizadores deses actos, que xa bastante traballo fan organizando as cabalgatas. Igual que os que se ocupan doutros eventos, como torneos de fútbol sala ou o Festival do Emigrante. Calquera evento ou competición que se fai no noso municipio cando os organizadores se dirixen ao Concello a pedir algún obsequio dáselles; e precisamente son eses regalos os que se compraron e se pagaron, evidentemente, con esa factura. A empresa chámase El Edén del Paladar, pero unha parte moi pequena da factura é de caramelos e a outra corresponde a todos eses obsequios que se lles dan ás asociacións para que poidan entregar en eventos ou para que sirvan de trofeos en competicións”.

Nota informativa da Asociación Hijos de San Miguel y Reinante

FestasReinanteNota informativa da Asociación Hijos de San Miguel y Reinante

Dende a directiva da Asociación Hijos de San Miguel y Reinante e ante os continuos rumores de que impedimos a celebración da Festa do Santiago na pista do local da Asociación,queremos facer público o seguinte:

O día 29 de marzo de 20 1 5 tivo lugar unha Xunta Xeral Ordinaria nos locáis de Vista Alegre de dita Asociación.

Un dos puntos da orden do día foi a aprobación,si procedía da Cesión temporal da pista para O día 2 de maio á comisión de festas do Santiago,baixo as normas establecidas para este tipo de cesións.

Os socios e socias presentes e as socias e socios presentados que sumaban un total de 33, foron chamados a votar -con voto secreto- este punto. Unha socÍa neste momento pregunta si a Festa do Santiago se celebra nas instalacios da asociación que si non e así o seu voto será en contra o cual a Comisión de festas responde que a Festa do Santiago non se fará nestas instalacios solo a do 2 de maio.

“Recollido na Acta deste día polo Sr. secretario alí presente”.

Feito o recontó de votos, a solicitude das instalacios para o día 2 de maio por parte da comisión de festas foi denegada pola mayoría de socios.

Esperamos que con esto quede claro que EN NINGÚN MOMENTO nin a directiva de esta asociación,nin os seus socios e socias,prohibiron á comisión de Festas a celebración da Festa do Santiago ñas súas instalacios, senon que foi a propia comisión de festas a que “deixou claro dende o día 29 de marzo do presente ano,que as festas non se celebrarían ñas instalacios da Asociación

Después de las elecciones en Barreiros 24M 2015

Después de las elecciones en Barreiros 24 M 2015

Ya sabemos lo que pasó y eso es lo único que vale ya, porque  es lo que el pueblo dijo.

A partir de ahora lo que toca es trabajar en el Concello para que todo funcione bien y los que ahora les toca gobernar, que lo hagan con buen criterio y que no tengamos que quejarnos de que no cumplen con lo que prometieron, si es que las promesas si se pueden cumplir.

Pues bien, el trabajar por Barreiros, no solo es arreglar caminos, que está muy bien, sino que también tenemos que hacerlo creciendo como pueblo. Y un pueblo no es capaz de crecer sin la gente, por lo tanto la política que se haga debe de tener en cuenta a las personas y debe de procurar que se asiente es nuestras parroquias, porque con ellos llegará la riqueza y por supuesto también más votantes para las próximas elecciones.

Dicho esto, creo que nos deberíamos de hacer unas cuantas preguntas que nos ayuden a saber algo más sobre los últimos cuatro años:

Cuantos vecinos cumplieron 18 años.

Cuantos vecinos fallecieron.

Cuantos vecinos se marcharon a otro sitio.

Cuantos vecinos se registraron aquí procedentes de otro lugar.

Cuanto disminuyó el nº de votantes respecto a 2011.

No pretendo dar lecciones de nada a nadie, tan solo son estas letras una humilde reflexión de uno que como vosotros también lleva su pueblo en el corazón y que no quiere que vaya a menos.

Saludos, Álvaro

Notas aclaratorias sobre los comentarios de Las Candelas:

Notas aclaratorias sobre los comentarios de Las Candelas:

1.- No existe ningún comentario mío que sea en nombre de nadie.

2.- Todos mis notas están firmada por mí.

3.- Ninguna de dichas notas o artículos personales están en una página de Benquerencia.

4.- La página dedicada a las notas de prensa y otros comentarios se llama www.actualidadbarreiros.info.

5.- En la página de Benquerencia en Facebook no inserto ningún artículo, tan solo son enlaces a la página www.actualidadbarreiros.info.

6.- Pero en esa página de Facebook sí que todos vosotros si lo hacéis y en nombre de quien queréis.

7.- Que si con qué derecho utilizo el nombre de Benquerencia, pues con el mismo que vosotros y muchos más lo hacen.

8.- Yo solo soy el administrador de https://www.facebook.com/benquerencia, una de tantas páginas de Internet con la palabra de Benquerencia en su nombre, páginas tan variadas como un Camping bien conocido por todos, Racing Benquerencia, San Pedro De Benquerencia Agolada, www.benquerencia.info, http://www.lavozdegalicia.es/amarina/barreiros/   etc.

9.- ¿Qué hacemos les prohibimos a todos utilizar el nombre de su pueblo? y nos quedamos parados en el tiempo esperando a que alguien por casualidad nos encuentre y venga a visitarnos, buscar un hotel, alquilar una habitación, buscar un restaurante, construir una vivienda y tantas cosas más que nunca vienen por si solas, sino que tendremos que poner el hombro todos para que esto vaya a más.

10.- Pues no, yo me niego rotundamente y estoy a favor de que cuantas más paginas existan en la Red con el nombre de Benquerencia, mucho mejor será para una localidad como la nuestra en la que actualmente la mayor fuente de actividad proviene del Turismo.

11.- En lo que a mí se refiere, estoy y estaré siempre a vuestra disposición para que a través de mis páginas www.benquerencia.info  http://benquerencia.benquerencia.info   http://www.youtube.com/benquerencia   http://www.actualidadbarreiros.info   http://galeria.benquerencia.info , se pueda difundir el nombre de Benquerencia por todo el mundo, porque ese es únicamente mi interés.

12.- Además si lo queréis ver, en mis páginas existe sitio para que gratuitamente mis vecinos puedan anunciar sus negocios.

Un cordial saludo, Álvaro