Archivo de la categoría: Cita Previa

ℹ️ INFORMACIÓN IMPORTANTE❗️

ℹ️ INFORMACIÓN IMPORTANTE❗️

La imagen puede contener: texto

🗓 A partir do luns 25 de maio, o Concello de Barreiros retoma a atención presencial nas dependencias municipais.
Será de 9:30 a 14:30, en días sinalados para cada servizo e UNICAMENTE CON CITA PREVIA, a efectos de poder controlar a presenza de persoas nas dependencias.
 Non se pode acudir ás depencias municipais sen ter solicitado a cita con anterioridade.
📣Iremos informando dos servizos e o xeito de poñerse en contacto con cada departamento, debendo priorizarse a atención telefónica ou telématica sempre que sexa posible.
📞 Polo momento podedes informarvos e solicitar as citas chamando ao 982.124.002 ou no caso de servizos sociais ao 608.03.89.52.
👧👦🏻 A escola infantil permanece pechada a espera de coñecer protocolos de aplicación por parte das autoridades competentes en materia social e sanitaria. Mantéñense trámites administrativos ou informativos que poidan ser necesarios. SEMPRE CON CITA PREVIA. ☎️982.12.44.07
📕 Na biblioteca municipal funcionarán os servizos de préstamo e devolución de libros, así como consultas en sala. SEMPRE CON CITA PREVIA. ☎️ 982.12.41.06
💻 A aula Cemit abrirá, unha vez se facilite por parte da Xunta o protocolo correspondente, para uso dos equipos para consultas. SEMPRE CON CITA PREVIA. ☎️666.87.59.46
⚽️🎾 As instalacións deportivas mantéñense pechadas.

82.12.44.0