Archivo de la categoría: Cine

Oliver Laxe presenta este mércores en San Xusto (Barreiros) ás 21:30 a súa película “O que arde”

Oliver Laxe presenta este mércores en San Xusto (Barreiros) ás 21:30 a súa película “O que arde”

25-08-20

 Barreiros, martes 25 de agosto 2020. O “Barreiros Convídate”, a programación cultural que o Concello de Barreiros está a desenvolver neste mes de agosto e que continuará en setembro chega este mércores 26 á parroquia de San Xusto, en pleno corazón da zona sur do concello, coa proxección da película “O que arde”. Será no campo da festa, ao aire libre e adoptando as medidas marcadas polas normas sanitarias vixentes.
Ás 21:30 será a presentación do film, coa presenza do director Oliver Laxe e o actor Amador Arias. A continuación, ás 22:00 comenzará a proxección. Desde a concellalía de Dinamización Social, Daniel García convida a asistir a este evento “que terá lugar nun marco incomparable, no corazón do val que conforman as parroquias de San Xusto e Cabarcos, e que trata unha temática moi de actualidade, que o director Oliver Laxe transmite de xeito maxistral nesta película que xa recibíu varios galardóns, destacando o premio do xurado no festival de Cannes, e o premio Goya á mellor actriz revelación a Benedicta Sánchez”, afirmou.
Esta programación cultural que empezou o pasado 3 de agosto, e que está sendo moi ben recibida e con alta participación de público prolongaráse ata o 27 de setembro.

Oliver Laxe presenta este mércores en San Xusto (Barreiros) ás 21:30 a súa película “O que arde”

NACHO OZORES ESTÁ A RODAR ESTES DÍAS EN BARREIROS A CURTA O QUE MEDRA POR DENTRO

NACHO OZORES ESTÁ A RODAR ESTES DÍAS EN BARREIROS A CURTA O QUE MEDRA POR DENTRO, QUE PROTAGONIZA O ACTOR MADRILEÑO JAIME OLÍAS. CON ELES ESTIVO HOXE O ALCALDE, ALFONSO FUENTE PARGA.

Barreiros, 11 de maio de 2017. Barreiros está a ser escenario da rodaxe da curta O que medra por dentro, de Nacho Ozores. Un grupo de 20 persoas, entre equipo técnico e artístico, atópase desde hoxe e ata o domingo no municipio.

O director Nacho Ozores ten casa en Reinante, onde se criou, de aí que se decantase por esta zona como escenario para esta curtametraxe que fala dos incendios, “pero sen incendios”, segundo explica Silvia Fuentes, a xefa de produción. O equipo está a empregar varias localizacións en Barreiros como Santo Estevo do Ermo ou as inmediacións da praia de Arealonga. Tamén rodarán algúns planos no areal das Catedrais e nalgunha finca de titularidade privada en Ribadeo.

Jaime Olías, actor madrileño, é o protagonista desta curta. Olías coincidiu con Nacho Ozores na serie El final del camino, que emitiu TVE, e por iso foi el o elixido para este proxecto.

O alcalde barreirense, Alfonso Fuente, estivo hoxe co equipo da rodaxe desta curta, saudou a Nacho Ozores e a Jaime Olías e desexoulles unha feliz estadía no municipio.