Archivo de la categoría: Camino

Este domingo, 25 de xuño, concluirá a peregrinación por etapas a Santiago

Este domingo, 25 de xuño, concluirá a peregrinación por etapas a Santiago, que durante varias fins de semana realizaron uns 40 veciños e veciñas de Barreiros a través do Camiño Francés. Nesa xornada, para facer os catro quilómetros que separan o Monte do Gozo da Catedral, estarán acompañados por outros 40 amigos e familiares. Todos farán ese treito, visitarán a Catedral e abrazarán ao Apóstol Santiago. O Concello barreirense pon un autobús para que esta expedición poida estar a carón dos camiñantes, que o pasado sábado fixeron o treito comprendido entre Santa Irene e o Monte do Gozo. “Foi unha etapa dura, porque a xornada foi moi calurosa”, relatou o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, quen anima á xente a viaxar a Santiago o 25 de xuño: “aínda queda algunha praza libre. Os interesados en acudir poden chamar ao 618 75 25 60”.La imagen puede contener: 4 personas, personas sonriendo, cielo y exterior

Corenta barreirenses fixeron o pasado sábado a sétima etapa do Camiño Francés

Corenta barreirenses fixeron o pasado sábado a sétima etapa do Camiño Francés, a comprendida entre Ribadiso (Arzúa) e Santa Irene (O Pino). Os camiñantes fixeron 19 quilómetros “cun sol madrugador. Parecía que ía ser unha etapa calorosa, pero debido á lixeira brisa reinante e ao percorrido, que discorreu entre árbores, fíxose ben”, explicou José Manuel Gómez Puente, concelleiro de Medio Ambiente. Este sábado, 17 de xuño, continuará esta peregrinación co treito entre Santa Irene e o Monte do Gozo. E o día 25 faranse os catro quilómetros que separan o Monte do Gozo da Catedral de Santiago. Gómez Puente lembra que “para facer esa última etapa poñeremos un autobús desde o Concello para que veciños e familiares acompañen aos peregrinos”.La imagen puede contener: 8 personas, personas sonriendo, exterior y naturaleza

Cerca de 40 barreirenses realizaron o pasado sábado a sexta etapa da súa peregirnación a Santiago de Compostela

Cerca de 40 barreirenses realizaron o pasado sábado a sexta etapa da súa peregirnación a Santiago de Compostela. Foron 20 quilómetros, os comprendidos entre Casanova (Palas de Rei) e Ribadiso (Arzúa). Entre a expedición atopábase Alejandra, unha nena de 9 anos que completou por primeira vez esa distancia. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “gozamos dun día espléndido e sen percances no camiño. Xa só nos quedan 41,5 quilómetros para chegar a Santiago”. E o alcalde, Alfonso Fuente, dixo: “quero poñer outro autocar na última etapa de catro quilómetros, que discorrerá entre o Monte do Gozo e a Catedral, para que os veciños e veciñas de Barreiros que o desexen poidan acompañar nesa xornada aos nosos peregrinos”.
Antes aínda quedan uns quilómetros de camiño por diante. O vindeiro sábado os participantes nesta peregrinación por etapas, que están a realizar nas fins de semana, farán o treito comprendido entre Ribadiso (Arzúa) e Santa Irene (Pedrouzo). Está organizada polo Concello de Barreiros. La imagen puede contener: una o varias personas, árbol, exterior y naturaleza

Máis de 40 barreirenses participaron o pasado sábado, 27 de maio, na quinta etapa da peregrinación a Santiago que están a realizar

Máis de 40 barreirenses participaron o pasado sábado, 27 de maio, na quinta etapa da peregrinación a Santiago que están a realizar. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “fixemos 18 quilómetros nunha xornada nublada, ideal para camiñar, con moita arboleda e moita xente alegre no camiño. Xa só nos quedan 60 quilómetros para chegar a Compostela”. Pola súa banda, o alcalde, Alfonso Fuente, dalles “moitos ánimos aos veciños e veciñas de Barreiros para que sigan a percorrer o camiño con ilusión e alegría”. A quinta etapa desta peregrinación, organizada polo Concello, discorreu entre Hospital da Cruz e Casanova.La imagen puede contener: una o varias personas, exterior y naturaleza

Máis de 30 barreirense fixeron o pasado sábado o treito comprendido entre Portomarín e Palas de Rei

Máis de 30 barreirense fixeron o pasado sábado o treito comprendido entre Portomarín e Palas de Rei. Así concluiron a cuarta etapa da súa peregrinación a Compostela a través do Camiño Francés. O edil de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, declarou que “a xornada discorreu con normalidade e con bastante calor. Chegamos a Palas de Rei, con sufrimiento, pero a unión fai a forza”.
Esta peregrinación por etapas, durante as fins de semana, foi organizada un ano máis polo Concello de Barreiros.La imagen puede contener: 5 personas, árbol, exterior y naturaleza

Preto de 40 barreirenses participaron o pasado sábado (13 de maio) na terceira etapa da peregrinación a Santiago

La imagen puede contener: una o varias personas, árbol, cielo, niños, exterior y naturaleza

Preto de 40 barreirenses participaron o pasado sábado (13 de maio) na terceira etapa da peregrinación a Santiago, a través do Camiño Francés, que están a realizar as fins de semana. O treito percorrido foi o comprendido entre Sarria e Portomarín. O concelleiro José Manuel Gómez Puente dixo que “seguimos moi unidos facendo camiño e con moita ilusión”. Esta peregrinación está organizada polo Concello de Barreiros.

FOTO DO CONCELLO DE BARREIROS (PEREGRINACIÓN)

La imagen puede contener: 10 personas, personas de pie, árbol, boda, cielo, calzado, niños, exterior y naturaleza

Un total de 45 persoas realizaron o pasado sábado a segunda etapa da peregrinación a Compostela a través do Camiño Francés, que organiza o Concello de Barreiros. Os camiñantes fixeron os 18 quilómetros do treito comprendido entre Triacastela e Sarria nunha xornada cun tempo espléndido. O edil José Manuel Gómez Puente subliñou que “os peregrinos gozaron dunhas paisaxes incribles e o contacto coas xentes da zona e doutros países foi amena e respectuosa”. O concelleiro barreirense e os camiñantes agradécenlle ao alcalde, Alfonso Fuente, “o agasallo que lles fixo entregándolles unhas gorras a tod@s para protexerse do sol, así como a axuda prestada para facer esta peregrinación por etapas, xa que do custe da última delas encárgase o Concello”. Pola súa banda, o rexedor amosóuse agradecido por estas palabras e animou aos veciños e ás veciñas a seguir participando nestas peregrinacións por etapas, que ven organizando o Concello a través dos diferentes camiños que percorren a provincia de Lugo.

CORENTA E DÚAS PERSOAS FIXERON A 1ª ETAPA DO CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POLA PROVINCIA DE LUGO

CORENTA E DÚAS PERSOAS FIXERON A 1ª ETAPA DO CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POLA PROVINCIA DE LUGO, ENTRE O CEBREIRO E TRIACASTELA, O PASADO DOMINGO. ESTA PEREGRINACIÓN FOI ORGANIZADA POLO CONCELLO BARREIRENSE.La imagen puede contener: una o varias personas, personas de pie, cielo y exterior

Barreiros, 2 de maio de 2017. Un total de 42 persoas realizaron a primeira etapa do Camiño Francés ao seu paso pola provincia de Lugo, entre O Cebreiro e Triacastela o pasado domingo. A peregrinación en 9 etapas ata Santiago de Compostela, a través desta ruta, foi organizada polo Concello de Barreiros.

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, contou que “nada máis chegar ao Cebreiro atopámonos con todo nevado e seguiu a nevar. Foi unha etapa esixente, porque houbo de todo: neve, saraiba, xistra e tronos. Pero todos o levaron moi ben e a camiñar cun sorriso na cara”. O edil barreirense dixo que “o compañeirismo estivo presente, e fomos axudándonos uns a outros, porque contamos con varias persoas novas que se incorporaron a estas andainas, que hai tempo vimos organizando desde o Concello. Estou moi satisfeito e orgulloso do comportamento dos participantes”.

A vindeira etapa, a comprendida entre Triacastela e Sarria, terá lugar este sábado, 6 de maio.

O CONCELLO ORGANIZA UNHA PEREGRINACIÓN POR ETAPAS A SANTIAGO A TRAVÉS DO CAMIÑO FRANCÉS

O CONCELLO ORGANIZA UNHA PEREGRINACIÓN POR ETAPAS A SANTIAGO A TRAVÉS DO CAMIÑO FRANCÉS. A PRIMEIRA SERÁ MAÑÁ, 30 DE ABRIL.

Barreiros, 29 de abril de 2017. Mañá, domingo, da comezo en Barreiros unha peregrinación a Santiago por etapas a través do Camiño Francés.

A saída en autobús será ás 7:30 horas desde a praza do Concello para chegar ao Cebreiro e desde alí facer a pé o treito ata Triacastela, uns 18 quilómetros. Esta peregrinación está organizada polas Concellerías de Cultura, Medio Ambiente e Turismo e pola OMIX de Barreiros.

Esta nova peregrinación realizarase en nove etapas. A primeira será a única que se faga en domingo, as outras oito serán en sábado, segundo anuncia o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente.

As persoas interesadas en participar poden obter máis información no teléfono 618 75 25 60. O prezo que pagarán en total será de 55 euros.

O evento foi presentado nas últimas horas polo alcalde, Alfonso Fuente Parga, e polos concelleiros José Manuel Gómez Puente e Lorenzo Penabad.

Sorpresa por la obligación de dar sábanas de tela a los peregrinos en los albergues

Imagen:PEPA LOSADA
En Barreiros, donde no cobran por dormir, ya avanzan que no aplicarán la norma
J.V.L., J.A.
RIBADEO / LA VOZ

Las áreas provinciales de la Axencia de Turismo de Galicia están enviando a los albergues del Camino una carta en la que se les recuerda que el 24 de mayo entró en vigor el 48/2016 del 21 de abril, que determina que «é obrigatorio que a cama ou liteira, no momento da súa ocupación, estea feita como mínimo con xogo de sabas de tea, manta ou edredón e almofada. Así mesmo entregarase a cada cliente unha toalla de ducha». Una medida que ha puesto en pie de guerra a los profesionales del sector, porque son muchos los que la consideran inviable, les obligaría a subir los precios e incluso iría en contra de las condiciones higiénicas que ofrecen con las sábanas desechables.

Antón Pombo, el presidente de Solpor, que aglutina a profesionales del Camino Fisterra-Muxía, dice que la situación está resultando muy confusa porque mientras las delegaciones provinciales de A Coruña y Pontevedra se muestran más estrictas al respecto, no ocurre lo mismo, de momento, con las de Ourense y Lugo.

«Aínda por enriba, os da rede pública, que cobran seis euros e resultan claramente deficitarios, polo que reciben axudas o que deixa claro que non dan para manter a concesión, están exentos, co cal se produce unha situación de manifesta desigualdade», asegura el presidente de la entidad, que ya se ha puesto a trabajar con la Asociación Galega de Albergues (Algaber) y la Rede de Albergues do Camiño Francés para, por medio de abogados, lograr que la Xunta retire la polémica medida antes del inicio de la temporada.

El Concello de Barreiros, por donde pasa el Camino de Santiago, constituye un caso aparte, porque tiene habilitados dos albergues, en Gondán y San Xusto, pero ambos son municipales. No están integrados en la red de la Xunta y el Concello no cobra a los peregrinos por dormir en ellos y usar sus instalaciones. Solo se recaudan donativos. El alcalde, Alfonso Fuente, manifestó: «Sei da normativa, pero nós non cobramos. Damos os servizos que damos e imos seguir así, sen facer cambios».

Desde Ribadeo, la concejal Ana Martínez expresó su sorpresa por la norma que, en todo caso, cree que no será de aplicación en los albergues municipales integrados en la red del Xacobeo, como es el caso del de O Cargadeiro de Ribadeo. «Penso que esta norma está feita para os albergues de máis categoría. Eu estou en contacto con cargos de Turismo e non me dixeron de momento nada diso. Ademais, o material dos albergues o subministra unha empresa que ten contratada a Xunta».