Archivo de la categoría: Cadram0n

Pepe de Cadramón

PEPE CADRAMÓN, ORQUESTRA LECER E MOITAS COUSAS MÁIS.

Aqui con Andrés Bourio que entrevistouno para Mariña Marabillosa e poderedes escoitar a entrevista o vindeiro sábado, día 7.

Pepe Cadramón, de nome real José Otero Méndez, é unha desas persoas que non para de facer cousas no lugar onde vive, neste caso o concello de Barreiros. Na orquestra Lecer é o xefe, mais tamén é músico, técnico e o que faga falta para que o grupo musical funcione. No pobo, organiza múltiples actividades culturais e sociais coa boa intención de que os veciños teñan eventos nos que participar y poidan ser felices no lugar onde viven. Actualmente, colaborando co seu irmán e con outras persoas, está organizando un museo etnográfico que se abrirá en breve e que seguro que atraerá a multitude de turistas. Música, cultura e convivencia unidas neste veciño inquedo e activo. Andrés Bourio entrevistouno para Mariña Marabillosa e poderedes escoitar a entrevista o vindeiro sábado, día 7. Na foto están os dous, compartindo momentos no bar A Bodeguilla.

Ver menos