Archivo de la categoría: Barreiros

Ofertas de emprego

No hay ninguna descripción de la foto disponible.

📣 OFERTAS DE EMPREGO‼️
🗓 No BOP de hoxe saen publicados os anuncios para a presentación de instancias para as bolsas de emprego dos servizos vinculados ás praias e para monitorado de tempo libre para actividades municipais.
ℹ️ As bolsas que se abren son as seguintes:
✅ Socorristas
✅ Persoas auxiliar de información e primeiros auxilios
✅ Persoal técnico sanitario
✅ Limpeza de baños e espazos públicos
✅ Monitorado de tempo libre
👁 Podedes consultar as bases no taboleiro de anuncios físico ou electrónico 👉🏻 https://barreiros.sedelectronica.es/board
⏱ O prazo para a presentación de instancias e documentación son dez días naturais, a contar a partir de mañá, polo que remata o 17 de xuño.

ÉXITO NA PRESENTACIÓN DA NOVELA “A BARCELONESA”, DE XABIER PAZ, EN BARREIROS

Puede ser una imagen de 3 personas

👏🏻👏🏻 ÉXITO NA PRESENTACIÓN DA NOVELA “A BARCELONESA”, DE XABIER PAZ, EN BARREIROS
📔 A presentación de “A Barcelonesa” que tivo lugar onte na biblioteca municipal de Barreiros, con presenza do autor Xabier Paz, foi un éxito de asistencia e participación.
🗣 Segundo a valoración realizada polo concelleiro de dinamización, Dani García, “a acollida entre a veciñanza deste acto foi moi positiva e participativa, producíndose momentos de marcada emoción; ao tratarse dun libro moi vinculado a Barreiros e á súa historia. Mesmo asistiron persoas que aparecen na novela”, afirmou .
🤝 O autor estivo acompañado na súa presentación pola alcaldesa barreirense e polo xornalista Martín Fernández Vizoso, estudoso da emigración galega a América que marca o fío da propia novela.
🌍 Un relato familiar que reflicte a historia do País.
Tal e como se explicou na presentación, A Barcelonesa non e só a historia familiar do escritor contada de xeito novelado; senón que recolle unha importante reflexión sobre a historia local e galega da man de acontecementos como a emigración e o retorno, os anos da guerra e a supervivencia.
🤗 O Concello de Barreiros agradeceu en especial a presenza do autor e da súa familia, que onte asistiron a un emocionante acto cheo de historia, recordos e anécdotas que se foron debullando durante máis dunha hora nunha ateigada biblioteca municipal.

Puede ser una imagen de 4 personas, personas sentadas, personas de pie e interior

Puede ser una imagen de 9 personas e interior

 

Falemos de Barreiros no Canteiro de San Pedro

Puede ser una imagen de 6 personas, personas sentadas, personas de pie e interior

Puede ser una imagen de texto que dice "FALEMOS DE BARREIROS ENCONTROS co GOBERNO MUNICIPAL SAN PEDRO 6 de xuño ás 20.30 h. CANTEIRO CONCELLO DE BARREIROS"

Puede ser una imagen de texto que dice "FALEMOS DE BARREIROS ENCONTROS co GOBERNO MUNICIPAL REINANTE 6 de xuño ás 16.00 h. ESCOLAS CONCELLODE BARREIROS"

📣 ÚLTIMOS ENCONTROS NAS PARROQUIAS‼️
🗣 Se aínda non tiveche a oportunidade de participar nos encontros co goberno municipal, chegan as dúas últimas citas desta quenda👇🏻
🗓 este luns, 6 de xuño
📍En Reinante, nas escolas, ás 16h
📍 En Benquerencia, no Canteiro, ás 20:30h
🤝 Non deixes de participar para falar, escoitar e contribuír a mellorar colectivamente o noso concello.

Barreiros Turismo está en Barreiros, Galicia, Spain.

Puede ser una imagen de flor, al aire libre y texto que dice "Barreiros queda en ti த Aquilaña"

🚶‍♀️Percorrer Barreiros paseniñamente é a mellor forma de averiguar o que agocha. Chega con activar o noso modo “explorador”🧐 e deixarse levar.
Sorprendente, verdade❓
🔎Atopadas na subida ao Miradoiro de Penabor e na contorna da fraga de Santo Estevo do Ermo.
🍃5 de xuño: Día Mundial do Medioambiente🍃
Barreiros queda en ti💚💙
===ESP===
🚶‍♀️Recorrer los caminos de Barreiros pausadamente es la mejor forma de averiguar lo que esconde. Basta con activar nuestro modo “explorador”🧐 y dejarse llevar.
Sorprendente, verdad❓
🔎Encontradas en la subida al mirador de Penabor y en el entorno del bosque autóctono de Santo Estevo do Ermo.
🍃5 de junio: Día Mundial del Medioambiente.🍃
Barreiros queda en ti💚💙
# barreirosquedaenti

Puede ser una imagen de flor, árbol, al aire libre y texto que dice "Barreiros queda en ti B Uz branca"

Puede ser una imagen de flor, césped y texto que dice "Barreiros queda en ti Orquidza silvestre"

Puede ser una imagen de flor, al aire libre y texto que dice "Barreiros queda en a Paxariños ou gallos"

 

Barreiros renova os carteis de información turística

Puede ser una imagen de al aire libre

Barreiros, 2 de xuño, 2022. O Concello de Barreiros segue a traballar na mellora da súa imaxe e posicionamento turístico, mediante a restauración estética e actualización dos contidos dos paneis turísticos situados en puntos estratéxicos do territorio municipal tales como as praias de Arealonga e Altar, o Santo Estevo do Ermo, ou o Camiño de Santiago, entre outros.

A alcaldesa, Ana Ermida explica que, “deste xeito, ademais da substancial mellora da imaxe conseguida, xa que estes paneis estaban bastante deteriorados, aproveitouse para ofrecer información útil e gráfica sobre os recursos imprescindibles e oferta turística do concello. Así, os e as visitantes, practicamente nun só golpe de vista, poden facerse unha idea global de todo o potencial turístico de Barreiros. Por outra banda, remiten tanto aos servizos presenciais de información turística como ás ferramentas online para que os e as viaxeiras poidan ampliar información se o desexan”.

A colocación dos paneis foi posible grazas á colaboración entre o persoal de turismo e o de obras, que se encargaron dos contidos e da colocación, respectivamente.

Neste senso, o Concello tamén está a traballar na mellora de sinais e paneis puntuais tanto no Camiño de Santiago como no Santo Estevo do Ermo atendendo así ás demandas dos e das visitantes e á lóxica e necesaria actualización da imaxe e da información proporcionada. Melloras que en breve estarán finalizadas.

Ermida subliñou que “estes traballos únense tanto ao recente reacondicionamento e sinalización do novo trazado da Ruta Lagoa de Pallares cuxa información está dispoñible na web municipal entre outras plataformas a nivel xeodestino, como á planificación de novidades de cara ao verán que, agardan, redunden nunha imaxe turística actualizada e no posicionamento de Barreiros como destino para visitar en calquera época do ano aproveitando a súa riqueza natural e cultural”.

 

 

O PP de Barreiros urxe ao goberno local a limpar e acondicionar as “intransitables” beirarrúas do casco urbano de San Cosme

O voceiro, José Manuel Gómez Puente, considera “prioritarios” estes traballos e convida á alcaldesa a “dar un paseo pola zona para comprobar o estado de abandono das beirarrúas”

Barreiros, 2 de xuño de 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, esixe ao equipo de goberno local axilizar os traballos de roza e limpeza de beirarrúas no casco urbano de San Cosme ante “o seu estado de abandono: atópanse intransitables”.

O popular advirte que “os veciños teñen que baixarse das beirarrúas e camiñar pola calzada en determinadas zonas como, por exemplo, enfronte á gasolineira. Non é admisible”, subliña. Ademais de ser “incómodo”, Gómez Puente sinala que “pode supoñer risco de caída para os numerosos veciños que pasean ou se achegan ao centro a facer as súas compras. A maleza ocupa a totalidade da beirarrúa impedindo camiñar por ela e, moito máis, co carriño da compra”.

O voceiro popular convida á alcaldesa a dar un paseo pola zona para que poida comprobar o estado de abandono das beirarrúas nunha época na que a maleza medra rapidamente e insiste en que os traballos de roza e limpeza son “prioritarios”.

LLega 700n número de atención gratuíto para veciñanza

Puede ser una imagen de texto que dice "llega × 700 NUMERO DE ATENCIÓN GRATUÍTO PARA A VECIÑANZA 900 833 999 www.llega700.es"

⚠️AVISO:

🆕📶CONEXIÓNS MÓBILES MÁIS VELOCES E MELLOR COBERTURA CHEGAN A BARREIROS.

▶️ Nos vindeiros días, as operadoras de telefonía móbil; Telefónica, Vodafone e Orange, van despregar novas redes móbiles de última xeración sobre as bandas de 700 e 800 MHz. en Barreiros polo que, segundo informan desde a empresa #Llega700, pode haber domicilios que se vexan afectados na visualización das canles da televisión dixital terrestre (TDT).

🥸|📺 No caso de que se detecten anomalías na visualización dalgunha canle, as veciñas e veciños que o desexen poden contactar coa empresa LLega700 no telf. 📞900.833.999 ou a través do correo 📧[email protected].

👩‍🔧👨‍🔧Esta empresa é a encargada de garantir a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil, 4G e 5G, coa recepción do servizo de TDT. Polo tanto, prestan aos cidadáns unha serie de servizos GRATUÍTOS que inclúen un procedemento correctivo tras o acendido das estacións a o longo dos vindeiros 6 meses. 

Ver menos

Sogama inviste preto de 120.000€ en melloras na planta de transferencia de Barreiros

Construirase un novo aparcadoiro de contedores que estará dotado con cinco prazas, fronte ás dúas que ten o actual e que será demolidoNo hay ninguna descripción de la foto disponible.Santiago de Compostela, 28 de maio de 2022. A Xunta de Galicia, a través da empresa pública Sogama, levará a cabo distintas melloras na planta de transferencia do concello de Barreiros, ás que destinará un orzamento de 119.518,94 euros.

A fin de optimizar a operativa e prestacións desta instalación, acometerase a construción dun novo aparcadoiro de contedores dotado con cinco prazas —o actual, que será demolido, conta con dúas—, das cales catro estarán cubertas, destinándose estas a albergar contedores cheos, mentres que a praza restante reservarase para os baleiros.

A obra contempla tamén a execución dunha nova rede de captación de augas residuais do aparcadoiro e outra de bombeo ata a EDAR da propia planta de transferencia, a drenaxe de augas pluviais, a chaira de manobras de contedores —cada un conta con capacidade para 43 m3—, xunto coa instalación dunha barreira de seguridade no perímetro exterior da mesma, e a propia para o depósito do efluente depurado.

Inclúese tamén a execución dun novo punto de vertedura de augas pluviais mediante gabia drenante e a construción dunha nova escaleira metálica con varanda que comunique a plataforma de descarga dos residuos coa zona de oficinas, optimizando desta forma a accesibilidade aos diferentes puntos da infraestrutura.

O contrato, que saíu a licitación esta semana, estipula un prazo máximo de execución de 12 semanas e un mínimo de 7, abarca o desenvolvemento da obra a todos os niveis, a realización dos pertinentes estudos, controis de calidade e servizos, así como a subministración de todos os equipos, elementos e materiais necesarios para a correcta realización do traballo encomendado.

O prazo para a presentación de ofertas a este concurso conclúe ás 14,00 horas do próximo 10 de xuño.

Aposta pola Mariña lucense

Cómpre lembrar que na Mariña lucense, a Xunta, a través de Sogama, está a construír unha nova planta de biorresiduos no polígono industrial de Cuíña, en Cervo, que se prevé que entre en funcionamento a finais deste mesmo ano para dar servizo a 15 concellos.

A instalación conta cun investimento de preto de 6,4 millóns de euros e acollerá todo o proceso de compostaxe —pretratamento, fermentación, maduración e almacenamento—, disporá de capacidade para tratar 3.000 toneladas de materia orgánica anuais, ás que habería que sumar 1.600 toneladas de material estruturante —é dicir, podas e restos de madeira—, e producirá ao redor de 1.500 toneladas de compost que se destinará ao sector da agricultura e da gandería como fertilizante natural.

A planta forma parte da rede de infraestruturas de valoración da materia orgánica deseñada pola Xunta a fin de que a meirande parte dos concellos adheridos a Sogama dispoñan dunha planta de biorresiduos ou de transferencia a menos de 50 km.

Olivia Canoura presenta a súa primeira novela en Barreiros

A artista barreirense Olivia Canoura ven de presentar a súa primeira novela Mientras dure la noche, un relato de relatos narrados no marco dunha noite de tormenta, que recende castañas asadas e no que as sombras que se moven de esguello entre os panos da noite se tornan protagonistas. Relatos de infancia que se transforman en realidade na súas palabras ó memos nivel que nos seus debuxos. A presentación do libro tivo lugar este pasado sábado na Biblioteca Municipal de Barreiros, nun ambiente cercano e familiar nos que os asistente puideron desfrutar dun edificante intercambio coa autora.

Barreiros finaliza a plantación coa que ampliará a zona de fraga autóctona do Santo Estevo

As actuacións están sendo realizadas polo obradoiro de emprego e inclúe outras melloras en espazos naturais.Puede ser una imagen de naturaleza y árbolBarreiros, 13 de maio de 2022. Barreiros está a piques de finalizar a ampliación da fraga do Santo Estevo do Ermo coa plantación de árbores autóctonas que incrementarán a superficie de bosque no que desfrutar deste espazo natural.

Os traballos atópanse dentro dos planificados desde o Concello para o alumnado do obradoiro de emprego “Serra da Cadeira” que o municipio barreirense mantén cos Concellos de Trabada e Lourenzá e que aspiran a renovar, cun grado superior, no vindeiro ano.

Os traballos consistiron no desbroce manual da parcela e adecuación do terreo. A plantación, que tamén se realizou de forma manual, non garda simetría regular e intercala especies que permiten a rexeneración regular da parcela, que conta con máis de 1.500 ha.

Adecuación de espazos

Ademais destes traballos, o obradoiro tamén levou a cabo outras actuacións en espazos de importancia natural, como o camiño do Cantábrico, a Lagoa de Pallares ou a mellora dos accesos aos Pasos de Moscoso, un recuncho de notable beleza na beira da Ría.

O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, valorou moi positivamente os traballos realizados polo obradoiro de emprego “que xeran unha mellora en espazos do concellos ao tempo que obteñen unha cualificación profesional nun ámbito tan demandado como as actuacións en espazos naturais e forestais”.

A intención dos tres concellos asociados neste obradoiro é poder seguir ofertando esta formación na vindeira convocatoria, para o que xa tramitaron a solicitude ante a consellería correspondente, co obxectivo de obter un novo obradoiro dun grado superior co que poder seguir formando profesionalmente ás persoas desempregadas dos municipios.