Archivo de la categoría: Ayuda en el Hogar

«Estou encantada, podo estar na miña casa en lugar de ir a unha residencia»

«Estou encantada, podo estar na miña casa en lugar de ir a unha residencia»

El Concello de Barreiros proporciona servicio de Axuda no Fogar a 60 vecinos, 42 de ellos dependientes

.
J.A 
BARREIROS / LA VOZ 

Sesenta vecinos de Barreiros reciben servicio de Axuda no Fogar, de los cuales 18 son de prestación básica y 42 dependientes. Son atendidos por veinte auxiliares de ayuda a domicilio integrados en el departamento de Servizos Sociais del Concello, que completan una trabajadora social, una educadora familiar y un administrativo.

El alcalde barreirense, Alfonso Fuente, puso esta área como ejemplo del esfuerzo que se hace desde los Concellos para dar servicios a los ciudadanos, prestaciones que a veces -dice- pasan desapercibidas para la ciudadanía, «pero que custa moito manter». Como ejemplo en Barreiros puso también la guardería municipal, servicio que pocos concellos de sus características poseen, «e que non dubidamos en seguir mantendo, por suposto».

«Tendo en conta as características sociodemográficas do noso concello, dende o departamento de Servizos Sociais lévase a cabo tramitación de diversas axudas, como poden ser prestacións económicas para os diferentes colectivos (dependencia, discapacidade, drogodependencias, inclusión social, familia e infancia, muller, maiores….)», manifestó Alfonso Fuente.

Respecto al programa de Axuda no Fogar, apuntó que «préstase dende o Concello mediante xestión directa, abarcando os 72 quilómetros cadrados que ten o municipio e atendendo a un total de 60 usuarios. A día de hoxe non existe lista de agarda».

«Os servizos son prestados de luns a domingo de 7.00 da mañá a 22.00 da noite para a modalidade de dependencia e para a modalidade de libre concorrencia a prestación é de luns a venres en horario de mañá», añadió.

El objetivo que se persigue con este servicio, explicaron desde el departamento de Servizos Sociais, «é posibilitar dende o Concello que a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual retardando ou evitando a institucionalización. Estas accións consisten en atencións de carácter básico (de carácter persoal e doméstico e da vivenda) e atencións complementarias (préstamo de axudas técnicas)».

Y para corroborar esta afirmación aportaron dos testimonios. Uno de, Ramiro, que manifestó: «Ademais da comida e da limpeza o importante tamén é a compañía. A rapaza que eu teño, e que ven unha hora ao día, para min é un anxo». Y de Arsenia, de 93 años, que señaló: «Levo mais de ano e medio con este servizo e estou encantada, porque podo estar na miña casa en lugar de ir para unha residencia. Tanto eu coma o meu fixo estamos moi contentos con esta axuda e co traballo que fan».

O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO BARREIRENSE ATENDE A 60 USUARIOS

O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO BARREIRENSE ATENDE A 60 USUARIOS.

Barreiros, 16 de maio de 2018. O servizo de axuda no fogar do Concello de Barreiros atende a 60 usuarios, dos que 18 son de prestación básica e 42 son dependentes. O departamento de Servizos Sociais conta cunha plantilla formada por 23 persoas.

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros conta cunha plantilla formada por unha traballadora social, unha educadora familiar, un administrativo e 20 auxiliares de axuda a domicilio.

O alcalde, Alfonso Fuente, sinala que “tendo en conta, as características sociodemográficas do noso concello, dende o departamento de Servizos Sociais, lévase a cabo tramitación de diversas axudas, como poden ser prestacións económicas para os diferentes colectivos (dependencia, discapacidade, drogodependencias, inclusión social, familia e infancia, muller, maiores….)”.

O rexedor subliña que “o programa de axuda no fogar préstase mediante xestión directa, abarcando os 72 quilómetros cadrados que ten o municipio e atendendo a un total de 60 usuarios, dos que 18 son de prestación básica e 42 dependentes. A día de hoxe non existe lista de agarda en ningunha das dúas modalidades”.

E engade que “os servizos son prestados de luns a domingo de 7:00 da mañá a 22:00 da noite para a modalidade de dependencia e para a modalidade de libre concorrencia a prestación é de luns a venres en horario de mañá”.

Desde o departamento de Servizos Sociais indican que “o que se pretende dende o Concello é posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual retardando ou evitando a institucionalización. Estas accións consisten en atencións de carácter básico (de carácter persoal e doméstico e da vivenda) e atencións complementarias (préstamo de axudas técnicas)”.

Os usuarios están satisfeitos co servizo de axuda no fogar. Ramiro conta que “ademais da comida e da limpeza o importante tamén é a compañía. A rapaza que eu teño, e que ven unha hora ao día, para min é un anxo”. Este usuario leva pouco tempo con esta axuda, pero coincide nas súas impresións con outros que levan moito máis. Arsenia, de 93 anos, dixo: “levo mais de ano e medio con este servizo e estou encantada, porque podo estar na miña casa en lugar de ir para unha residencia. Tanto eu coma o meu fixo estamos moi contentos con esta axuda e co traballo que fan”.