Archivo de la categoría: Atletismo

ATLETISMO EN PISTA

🏃‍♀️ ATLETISMO EN PISTA
👧👦 Nove nenos e nenas das Escolas Deportivas Municipais Barreiros, EDM BARREIROS, veñen de competir nas diferentes xornadas de Atletismo en Pista (Programa XOGADE), durante os meses de marzo, abril e maio, clasificándose para o Campionato Provincial que se celebrará o día 29 de maio en Lugo.
🎫 As nosas crianzas competiron en 50ml, 60ml, 80ml, 150ml, 500ml, 1000ml, Salto de Lonxitude, Lanzamento de pelota e Lanzamento de peso, obtendo marcas que se atopan entre as 16 mellores de cada una delas, agás en 50 ml e 60 ml, resultados que fan posible que o vindeiro domingo 29 de maio compitan a nivel provincial.
🥇 Noraboa a Derek, Yassín, Samuel, Manuel, Álvaro, Gael, Ana, Carlos e Iago por competir con tanta deportividade e polos seus esforzos, e en especial a Derek García pola súa medalla ouro en lanzamento de pelota e a Iago Díez pola súa medalla bronce en 500m.
🏸 A vindeira fin de semana participarán no campionato comarcal de bádminton que se disputará en Xove. Moita sorte!!!

Puede ser una imagen de 9 personas y personas de pie

Puede ser una imagen de 5 personas, personas de pie, personas practicando deporte y al aire libre

Puede ser una imagen de 9 personas

Puede ser una imagen de 5 personas, personas practicando deporte y al aire libre