Archivo de la categoría: Asfaltado de Camiños

Asfaltando camiños

Puede ser una imagen de 6 personas, personas de pie y carreteraBARREIROS FINALIZA A EXECUCIÓN DOS PLANS DO 2021 CUN INVESTIMENTO DE 215.000€ EN VIAS MUNICIPAIS

A previsión de investimento na rede viaria municipal para o ano 2022 é de arredor de 350.000 euros.

▶ Barreiros, 15 de febreiro 2022. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de obras, Antonio Veiga, visitaron esta mañá as obras de asfaltado das últimas vías municipais que se están a realizar con cargo aos distintos plans do ano 2021. Nesa anualidade o investimento en arranxos de vías municipais superou os 215.000 euros, que se suman aos máis de 700.000 euros investidos desde o inicio do mandato actual.

🗣 “Somos conscientes das necesidades dunha rede viaria tan extensa coma a de Barreiros que require de atención continuada e de planificación de investimentos para evitar un deterioro como o que se atopaba no ano 2019”, explica Antonio Veiga.

✅ Neste sentido, o Concello de Barreiros prevé executar no 2022 máis de 350.000 euros en investimentos na rede viaria municipal para mantela en estado óptimo e para garantir o acceso en condicións aos núcleos de poboación e vivendas.

⚙️ Ata este momento intervíuse en viais na totalidade das parroquias do concello, tanto do interior coma da costa, con limpeza de cunetas dos mesmos, actuando nuns casos sobre o firme con doble tratamento superficial, recargo de grava e gravillón, corrección das deformacións existentes e aplicación de ligante ECR3 (rego asfáltico) e noutros casos con capa de mezcla asfáltica en quente de 5 cm de espesor (aglomerado).

🗣 A alcaldesa destacou que nestes tres anos de execución de orzamentos do novo goberno municipal, o investimento total en vías no municipio superará o millón de euros, sendo posible en moitas ocasións grazas á colaboración doutras administracións, como a Deputación de Lugo que mediante o plan único permite planificar estes traballos mediante cantidades fixas que se destinan a cada municipio.

Ver menos