Archivo de la categoría: Alcaldia

O CONCELLO DE BARREIROS PON EN MARCHA O SERVIZO DE IMPRESIÓN DE TAREFAS ESCOLARES PARA AS PERSOAS QUE NON POIDAN FACELO NAS CASAS

O CONCELLO DE BARREIROS PON EN MARCHA O SERVIZO DE IMPRESIÓN DE TAREFAS ESCOLARES PARA AS PERSOAS QUE NON POIDAN FACELO NAS CASAS.

Barreiros, 3 de abril de 2020. O Concello de Barreiros pon en marcha un servizo de impresión de tarefas escolares para que aquelas persoas que non teñan a posibilidade de facelo nas súas casas.

A alcaldesa explica que se puxeron en contacto cos colexios do municipio para trasladarlles a posibilidade de artellar este servizo e coordinarse para que a impresión e reparto dos traballos poida facerse semanalmente, “evitando os desprazamentos innecesarios de persoas.”

O servizo estará coordinado polo departamento de informática municipal, poñendo a disposición das persoas que o precisen o número de teléfono 666.87.59.46 e o correo electrónico [email protected].

O envío das tarefas tamén se poden facer chegar por esas vías, por correo electrónico ou mesmo por whatsapp. A previsión é que as impresións se realicen unha vez á semana, entregándose nos domicilios coa mesma frecuencia.

“Tendo en conta que a vindeira semana coincide con vacacións lectivas, o servizo entrará en pleno funcionamento a partir do 13 de abril, aínda que xa están a disposición o teléfono (en horario de 9 a 14 de luns a venres) e o enderezo electrónico para dúbidas ou ir facendo a previsión das necesidades”, explica Ana Ermida. Porén, indican tamén que se hai persoas que teñen tarefas atrasadas ou que precisen do servizo antes desa semana, poden poñerse en contacto desde o vindeiro luns cos servizos municipais no 666.87.59.46 ou no correo [email protected]

No caso de que o alumnado non conte con conexión a internet para descargar os traballos que lle envían desde o centro, tamén contarán con asistencia desde o Concello, podendo enviar o enderezo no que se deben obter ou organizándose co propio centro educativo.

BARREIROS SUSPENDE O COBRO DE RECIBOS DA ESCOLA INFANTIL, XIMNASIO, SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR E ALUGUERES MUNICIPAIS DURANTE O ESTADO DE ALARMA

BARREIROS SUSPENDE O COBRO DE RECIBOS DA ESCOLA INFANTIL, XIMNASIO, SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR E ALUGUERES MUNICIPAIS DURANTE O ESTADO DE ALARMANo hay ninguna descripción de la foto disponible.

Barreiros, 31 de marzo de 2020. O Concello de Barreiros vén de anunciar a suspensión da emisión dos recibos municipais correspondentes aos servizos que sofren algún tipo de modificación nestes momentos a raíz da situación xerada polo estado de alarma.

A alcaldesa explica que “se adoptou esta decisión sabendo que a situación que están a vivir moitas persoas é moi delicada tamén no económico” e adianta que “unha vez que sexa posible avaliar as consecuencias e o alcance real desta situación, estudarase a adopción de outras medidas que poidan axudar a sobrelevar as consecuencias que se produzan.”

Polo tanto, as persoas usuarias dos servizos municipais da escola infantil, ximnasio, servizo de axuda no fogar ou aquelas que teñan espazos municipais alugados, non terán que facer fronte ao custo dos mesmos namentres dure o estado de alarma.

“Son servizos que sufriron modificacións na súa prestación a consecuencia do decreto do estado de alarma e, a esperas de saber como se vai poder afrontar a situación que resulte, pareceunos prudente suspender temporalmente a emisión de recibos, ata adoptar as medidas que sexa posible unha vez superada esta situación de crise sanitaria”, afirma Ana Ermida.

Nese sentido, a alcaldesa apuntou  que “posteriormente, unha vez que a situación, o seu alcance e os datos poidan estar máis claros, constituirase unha mesa ou comisión, con participación de todos os grupos políticos e tamén asesoramento técnico para analizar propostas e poder adoptar medidas.”

Desde o concello sinalan que “na actual situación de incertidume social e económica e tendo en conta a situación da economía municipal non é posible adoptar medidas máis profundas sen un rigoroso estudo das consecuencias.”

 

A alcaldesa quere dicirvos unhas palabras nestes momentos. Neste video explica brevemente as actuacións que se están a facer desde o Concello e agradece a solidariedade

👀👂🏻Ollade e escoitade! 🗣 A alcaldesa quere dicirvos unhas palabras nestes momentos. 📹 Neste video explica brevemente as actuacións que se están a facer desde o Concello e agradece a solidariedade, a responsabilidade e axuda que estades a demostrar as veciñas e veciños. #todovaisairben🌈
👀👂🏻Ollade e escoitade! 🗣 A alcaldesa quere dicirvos unhas palabras nestes momentos. 📹 Neste video explica brevemente as actuacións que se están a facer

Nota de prensa do HULLA a á Xefatura Territorial de Sanidade

ℹ️ A respecto da situación do centro de saúde de Barreiros, sobre a que o Concello se dirixiu esta mañá á Xerencia do HULA e á Xefatura Territorial de Sanidade, vimos de recibir un correo electrónico con unha nota remitida aos medios de comunicación que compartimos para coñecemento xeral, por ser a información oficial que temos neste momento👇🏻La imagen puede contener: texto

La imagen puede contener: texto

A Alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, critica a decisión da Consellería de pechar temporalmente o centro de saúde

A Alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, critica a decisión da Consellería de pechar temporalmente o centro de saúde

Barreiros, 23 de marzo, 2020. Ante as novas saídas nesta fin de semana que afectarían ao Centro de Saúde de Barreiros, e a falta de comunicación oficial algunha, a alcaldesa vén de dirixirse á Xerencia do HULA e á Xefatura territorial de sanidade para trasladarlles o seguinte escrito 👇🏻

“Tras as noticias aparecidas nesta fin de semana a respecto da posibilidade de peches de centros de saúde para centralizar a atención sanitaria en centros máis grandes, entre os que se atoparía o centro de Saúde de Barreiros: o goberno municipal de Barreiros, sendo coñecedores da situación excepcional que se está a producir, pero tendo tamén consciencia de que a poboación maioritariamente usuaria do centro de saúde de Barreiros se corresponde con poboación de risco, manifestamos o seguinte:
Primeiro.- É preocupante que se opte por unha medida deste tipo, centralizando a atención nun único centro para a poboación de varios Concellos, cando todas as indicacións que se teñen trasladado á poboación van no sentido de evitar aglomeracións e/ou lugares concorridos.
Segundo.- Existe un importante número de persoas usuarias “habituais” do centro de saúde que teñen que poñer tratamentos ou curas permanentes (Sintrom, curas, etc.) que son poboación de risco, ben por idade ou por ser enfermas crónicas. As indicacións para estas persoas é que eviten as saídas e os contactos. Nese sentido, cremos fundamental garantir a seguridade das persoas usuarias en situación de risco, ás que se obrigará a desprazarse, nalgún caso a máis de 20km dos seus fogares para unha atención sanitaria básica. Debemos ter en conta tamén que moita desta poboación carece de medios propios para o desprazamento o que a obrigará a tomar transportes colectivos ou outras opcións que poden ser de dubidosa oportunidade nesta situación.
Terceiro.- Cómpre que por parte do SERGAS se traslade unha información detallada á poboación e a esta institución municipal, especificando as razóns de tal decisión e se se tiveron en conta outras alternativas que puideran facilitar o acceso da poboación máis vulnerable en condicións de seguridade.

Barreiros ofrece a Sanidad unas 60 camas para pacientes que necesiten estar aislados

Barreiros ofrece a Sanidad unas 60 camas para pacientes que necesiten estar aislados

El Concello ha recibido numerosas llamadas para formar parte de la red de voluntariado

PEPA LOSADA
M. CUADRADO
BARREIROS / LA VOZ 

En plena crisis del coronavirus, la decisión del Concello de Barreiros de ofrecerse para gestionar diferentes espacios que sirvan para acoger a pacientes que deben estar aislados por razón de salud ha sido muy bien acogida entre la población. A los primeros ofrecimientos de particulares cediendo pisos o viviendas desocupadas y a la disposición de un hotelero aportando sus instalaciones, se sumaron desde el martes otros propietarios con sus apartamentos y viviendas libres. La regidora barreirense, Ana Ermida, confirmaba que sobre las dos de la tarde de este martes habían comunicado al Gobierno central que en el municipio ya disponían de instalaciones con unas sesenta camas para poder atender a este tipo de pacientes, si llegado el momento fuese necesario. El Concello facilitó esta información al Ministerio de Sanidad, que será el organismo que coordina y que procedería a la evaluación de la instalaciones.

A los bienes particulares cedidos para esta ocasión se suman también dependencias municipales, como albergues. En todos los casos, explica la regidora, será necesario que otros organismos revisen las instalaciones, que habrá que proceder a limpiar y a desinfectar como así lo indiquen las autoridades sanitarias.

«Nós non podemos dispor das camas, temos a obriga de notificarllo ás autoridades sanitarias»

Ermida aplaudió la ola de solidaridad y aseguró que durante el día de ayer recibieron numerosas llamadas de personas interesadas en formar parte de la red de voluntariado que el Ayuntamiento impulsa para ayudar con compras de primera necesidad a aquellos vecinos que no pueden hacerlo: «O servizo de voluntariado non é por agora urxente e por iso os interesados, tanto en ofrecer medios como para anotarse como voluntarios, poden facelo nos correos [email protected] ou [email protected]». Insiste en la importancia de dejar libres los teléfonos habilitados para casos de urgencia. «Pese ao gran interese dos voluntarios, de momento non tivemos demanda de veciños que precisaran os servizos. Queremos ter todo preparado por si chegara o momento», matizó.

#BANDO SOBRE NOVAS MEDIDAS DO CONCELLO DE BARREIROS PARA FREAR A CRISE SANITARIA DO COVID-19

#BANDO SOBRE NOVAS MEDIDAS DO CONCELLO DE BARREIROS PARA FREAR A CRISE SANITARIA DO COVID-19

Tras a publicación do Real Decreto 463/2020 (BOE núm. 67 do 14 de marzo) polo que se decreta o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID19, o concello de Barreiros vén de adoptar novas medidas para evitar situacións de risco; das que se INFORMA:

1️⃣PRIMEIRO.- Téñense declarado servizos públicos municipais esenciais, con carácter inicial e susceptibles de ampliación ou modificación posterior, os seguintes:
a) Atención á veciñanza (telefónica e telemática)
b) Informática
c) Rexistro xeral
d) Padrón de habitantes
e) Servizos Sociais
f) Brigada municipal de mantemento de espazos públicos
g) Servizo de abastecemento de auga potable
h) Servizo de depuración de augas residuais
i) Limpeza de locais públicos
j) Recollida de lixo e limpeza viaria
k) Electricidade e iluminación pública
l) Secretaría-intervención-tesourería (rexistro telemático de facturas e pagamento a provedores)

2️⃣SEGUNDO.- A atención á veciñanza será unicamente telefónica e telemática. Só se atenderá presencialmente por razóns de urxencia, previa cita nos teléfonos ☎️982124002 (administración xeral – horario de 9 a 14hs) ou ☎️608038952 (servizos sociais).

3️⃣TERCEIRO.- Para cuestións de carácter urxente que se produzan fóra do horario de 9 a 14hs. habilítanse os seguintes teléfonos:☎️619515400 (administración xeral) e ☎️608038952 (servizos sociais).

4️⃣CUARTO.- Para dúbidas ou cuestións non urxentes habilítanse os seguintes enderezos electrónicos:
➡️ registro@concellodebarreiros.com (administración xeral)
➡️ asistenciasocial@concellodebarreiros.com (servizos sociais)

5️⃣QUINTO.- Ponse en marcha un servizo de 🤝voluntariado para a realización de compras de primeira necesidade para aquelas persoas con risco para a saúde, en coordinación cos servizos sanitarios, que operará do seguinte xeito:
A persoa con risco debe permanecer na súa vivenda e chamar ao 608038952 para trasladar a necesidade.
Os servizos sociais articularán cos medios propios ou persoal voluntario as compras a realizar, que se farán evitando os máximos desprazamentos, polo que deben acumularse pedidos; valorando os casos urxentes.
O persoal municipal ou voluntario estará en contacto coa persoa demandante do servizo para a realización da compra, pago e entrega da mesma.

6️⃣SEXTO.- O Concello de Barreiros ponse a disposición de xestionar espazos para aqueles pacientes que deban permanecer illados por razón de saúde e non poidan garantir ditas condicións nas súas vivendas. A necesidade de ditos espazos debe ser comunicada no ☎️ 608038952 e valorarase polo departamento de servizos sociais en colaboración cos servizos sanitarios.

7️⃣SÉPTIMO.- As persoas que queiran participar como voluntarias nos programas explicados nos puntos quinto e sexto deben enviar un correo electrónico a asistenciasocial@concellodebarreiros.com. Só en caso de imposibilidade, co fin de evitar a saturación da liña, poderán chamar ao 608038952.

8️⃣OITAVO.- O servizo de recollida de residuos e enseres a domicilio queda suspendido, salvo casos de urxencia que deben ser previamente notificados e autorizados no ☎️606011564.

O que se fai público para coñecemento xeral, en Barreiros a 16 de marzo de 2020. A alcaldesa,
Ana Belén Ermida Igrexas

Podes descargar o Bando en pdf aquí 👉 http://bit.ly/2QlyZIq

O CONCELLO DE BARREIROS ASINA UN CONVENIO CO CIFP PORTA DA AUGA PARA ACOLLER ALUMNADO EN PRACTICAS

O CONCELLO DE BARREIROS ASINA UN CONVENIO CO CIFP PORTA DA AUGA PARA ACOLLER ALUMNADO EN PRACTICAS

Barreiros, 4 de marzo de 2020. A alcaldesa de Barreiros e representantes do Centro Integrado de Formación Profesional asinaron na mañá de hoxe un convenio para que a entidade local reciba alumnado do centro de formación para realizar as súas prácticas laborais.

A alcaldesa, Ana Ermida, sinalou no acto de sinatura que “este é o primeiro dos convenios que asinamos co centro para acoller alumnado en formación para as prácticas dos seus estudos e agardamos que a colaboración se poida estender no tempo, xa que parécenos importante que as persoas que se están formando nas distintas opcións profesionais poidan tamén coñecer o funcionamento das administracións públicas, neste caso locais, e así complementar mesmo a formación profesional do ciclo que cursan.”

A colaboración entre a institución municipal e o centro de ensino comezará neste mesmo mes, cando a finais do mesmo se incorporará unha alumna do ciclo de atención ás persoas en situación de dependencia a realizar as prácticas no servizo de axuda no fogar barreirense, ata mediados do mes de xuño.

O servizo de axuda no fogar en Barreiros é xestionado de xeito directo polo propio Concello, contando con un cadro de persoal de 25 persoas, que prestan servizo á totalidade de persoas demandantes, non existindo lista de agarda para o mesmo, atendendo a preto de 80 persoas usuarias.

Ao acto de sinatura do protocolo acudiron tamén as concelleiras de servizos sociais, Carmen Veiga, e a de igualdade, saúde e educación, Montse Porteiro.

 

BARREIROS AMPLÍA E RENOVA OS PUNTOS DE RECOLLIDA DE ACEITE DOMÉSTICO USADO

BARREIROS AMPLÍA E RENOVA OS PUNTOS DE RECOLLIDA DE ACEITE DOMÉSTICO USADO

Fecha de publicación:
Jueves, 12 Diciembre, 2019 – 12:39

A concellería de medio ambiente planifica unha campaña de concienciación sobre recollida selectiva dos residuos, ampliando os puntos de recollida e facilitando información á veciñanza.

O mércores 18 de decembro terá lugar unha charla dirixida a toda a poboación sobre selección de residuos nas vivendas.

La imagen puede contener: 2 personas, personas sonriendo, personas de pie, cielo, niños, nube, árbol, exterior y naturaleza

Barreiros, 12 de decembro de 2019. A concellería de medio ambiente do Concello de Barreiros continúa desenvolvendo traballos para facilitar a recollida selectiva de residuos nas vivendas. As actuacións inclúen desde novos puntos de recollida ata charlas divulgativas e accións formativas sobre a recollida selectiva de residuos.

Novos puntos para recollida de aceites domésticos.

Nos últimos días, téñense colocado novos puntos de recollida de aceite doméstico usado e procedeuse tamén a renovación dos xa existentes en Reinante, San Miguel, Altar e San Cosme. Os novos puntos colocáronse en Vilamar, Viladaíde, nas vivendas sociais novas de San Cosme e no punto limpo; facilitando así a reciclaxe de aceite ás veciñas e veciños.

O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, explica que “o aceite debe depositarse en botellas de plástico pechadas dentro dos colectores, evitando así verquidos arredor dos mesmos. O feito de contar con un colector no punto limpo facilita tamén que as persoas poidan enviar este residuo nas recollidas programadas polo concello se non teñen facilidade para desprazarse.”

Charla sobre residuos e reciclaxe.

Ademais deste incremento e renovación de colectores, que prevén continuar nos vindeiros meses, desde a área de medio ambiente organizan tamén unha xornada divulgativa e informativa sobre a recollida selectiva, en colaboración coa empresa Servicios dos Concellos Galegos que se encarga desta recollida.

A charla terá lugar o vindeiro mércores 18 ás 17:30 horas no centro sociocultural de San Cosme e nela explicaranse como xerar menos residuos e como facer correctamente a súa selección. Desde a concellería de medio ambiente insisten en “animar ás veciñas e veciños a acudir para lograr unha separación dos residuos máis eficiente, xa que iso redunda nunha mellor e máis eficiente recollida.”

“Tendo en conta ademais que estamos nunha época na que se xeran moitísimos residuos con motivo das festas, é bo lembrar como debe ser o seu tratamento, para tratar de evitar un maior dano medioambiental”, manifestan.

Con estas actuacións preténdese clarificar que residuos teñen que depositarse, por exemplo, no colector amarelo; xa que é habitual que a xente, con moi boa intención, deposite todo tipo de material plástico nos mesmos e só están destinados a plásticos domésticos. “Hai un exemplo claro: as flores de plástico dos cemiterios, por exemplo, non poden ir ao colector amarelo, senón ao verde. E é habitual que se boten coa mellor intención no amarelo”, asegura Ratoeira.

O goberno de Barreiros continuará levando a cabo campañas divulgativas sobre a xestión dos residuos, xa que ten detectado eivas importantes nos mesmos e consideran que “a administración ten que poñer todos os medios para que os residuos que se produzan sexan os mínimos e que os que existan sexan tratados correctamente.” Por iso, explican, “púxose en marcha un sistema de recollida de restos vexetais previo aviso e estase tratando de divulgar a necesidade de utilizar correctamente todos os medios dos que dispón o concello, como as recollidas a domicilio ou o punto limpo, evitando os depósitos de residuos a carón dos colectores.”

Nestes días tamén se continúa coa limpeza exterior dos colectores co fin de que a imaxe de Barreiros sexa a dun concello limpo.