Archivo de la categoría: Agricultura

BARREIROS ACOLLERÁ UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE A PRAGA DA COUZA DA PATACA O DÍA 22 DE FEBREIRO. O ACTO, ORGANIZADO POLA XUNTA, TERÁ LUGAR EN SAN XUSTO

BARREIROS ACOLLERÁ UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE A PRAGA DA COUZA DA PATACA O DÍA 22 DE FEBREIRO. O ACTO, ORGANIZADO POLA XUNTA, TERÁ LUGAR EN SAN XUSTO.

Barreiros, 13 de febreiro de 2017. Barreiros acollerá unha das charlas informativas organizadas pola Xunta sobre a praga da couza da pataca. Esta sesión informativa, na que intervirán técnicos de Medio Rural, terá lugar o día 22 deste mes ás 19:00 horas no local do campo da festa de San Xusto.

O alcalde, Alfonso Fuente, manifestou que “no día de onte vendo a prensa, e hoxe de novo outra vez, ver como o Bloque Nacionalista Galego de aquí de Barreiros critica que non haxa charla da pataca, me sorprende”.

O rexedor dixo: “me sorprende toda vez que a Xunta de Galicia está a establecer un calendario de charlas polos distintos municipios. Publicou unha relación de Concellos onde se ían impartir, e precisamente hoxe á mañá xa me confirmaban tamén que en Barreiros vai ser o día 22 ás sete da tarde e imos facela no local do campo da festa de San Xusto, que é na zona do interior onde máis patacas se labran”.

Fuente Parga sinalou que “se está organizando isto e me sorprende a rapidez con que critican este feito, cando aínda se está establecendo a axenda, tendo en conta que os que teñen que desprazarse son os técnicos a facer estas charlas, e teñen que ir organizando todo o que é a axenda. Insisto, hoxe a primeira hora me confirmaban que sería o día 22, ás sete da tarde no local de San Xusto, esa charla en Barreiros”.

O alcalde barreirense asegurou que “nin a Xunta abandona aos veciños de Barreiros, nin o alcalde abandona aos veciños de Barreiros, que estean tranquilos que nosoutros imos estar sempre para informar. A día de hoxe hai outros concellos tamén que non teñen data da charla como Foz, Cervo, Lourenzá ou Trabada, que me imaxino que ao longo destes días tamén irán fechando esas charlas informativas para que todo o mundo estea ao tanto sobre a problemática que estamos a ter coa plantación de pataca”.

Alfonso Fuente Parga quixo “recalcar que o alcalde de Barreiros está sempre pendente dos veciños de Barreiros, e van estar informados como os que máis, pero tamén temos que respectar as axendas dos técnicos que teñen que desprazarse”.

 

A XUNTA E O CONCELLO DISCRIMINAN ÁS AGRICULTORAS E AGRICULTORES DE BARREIROS NON PROGRAMANDO CHARLAS SOBRE A PRAGA DA PATACA

A XUNTA E O CONCELLO DISCRIMINAN ÁS AGRICULTORAS E AGRICULTORES DE BARREIROS NON PROGRAMANDO CHARLAS SOBRE A PRAGA DA PATACA

O BNG dirixirase a concello e Xunta para que corrixan a situación e organicen unha charla informativa en Barreiros.

“Se os que estivesen tendo problemas foran os constructores seguro que o PP se apuraba máis a telos informados e solucionar a situación”, afirman desde a formación nacionalista.

Barreiros, 11 de febreiro de 2017. O BNG pídelle ao alcalde de Barreiros que exerza de tal e esixa que a Xunta informe en Barreiros sobre a praga da pataca.

“Non sabemos se o goberno de Barreiros non solicitou as charlas ou foi a Xunta quen deixou fóra ao noso concello. En calquera caso, parécenos unha falta de respecto cara as veciñas e os veciños nunha zona coma esta onde practicamente todas as familias poñen patacas”, asegura a portavoz municipal Ana Ermida.

“O que está claro é que para o Partido Popular os problemas dos agricultores de Barreiros non son prioritarios. Apúranse máis a solucionar os problemas dos constructores que os dos agricultores”, continúa a portavoz municipal.

Desde o BNG aseguran que “xa que o PP non o fai, seremos nós quen solicitemos que técnicos da Xunta se despracen a Barreiros para informar á xente. O luns mesmo presentaremos un escrito dirixido ao concello e á Xunta para que corrixan esta discriminación clarísima dos veciños e veciñas de Barreiros.”

A portavoz municipal nacionalista amosa a súa sorpresa e o seu descontento pola xestión que se está a facer da situación. “O papel da Xunta está deixando bastante que desexar. Primeiro actúan tarde, cando xa coñecían o problema desde hai meses, agardan a dar indicacións cando a xente xa ten a semente e, nalgúns casos, xa están postas as patacas. Pero ademais as indicacións que dan son confusas e están a xenerar máis alarma que solucións. E, por riba, en Barreiros nin sequera imos ter a oportunidade de reunirnos co persoal técnico da Consellería”, continúa.

“Non entendemos que criterio seguiron para marcar as charlas, porque o concello de Barreiros sempre foi unha zona onde se plantou e se planta pataca. Salvo que o criterio sexa discriminar a un concello porque agora desde o PP parece que renegan dun alcalde que eles puxeron e manteñen aí.”