Carreira Popular de Reis de Barreiros

A Carreira Popular de Reis de Barreiros volta a desputarse grazas a colaboración da Deputación de Lugo

20151212_112821Lugo, 12 de decembro de 2015.- O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto co representante de Egovarros e da Federación Galega de triatlón e organizador da proba, Paco Rodríguez, así coma cos represtantes de UNICEF Chus Maseda, de ACIA Barreiros Xesús Seivane e José Carlos Díaz colaborador da organización da proba, participaron este sábado pola maña na presentación da Carreira Popular de Reis de Barreiros de 2.016, levada a cabo no campo de fútbol Cascabeiro e na Lagoa dos Patos de Barreiros.

Esta nova edición terá lugar o vendeiro 3 de xaneiro e o escenario da saída e da chegada será o campo de Fútbol Cascabeiro. A partires das 11:00 comezarán as probas infantís, para as 11:45 dar a saída da categoría adulta que percorrerá a través da xeografía Mariñá 12.000 metros. Dende a categoría pitufo até a categoría cadete a participación será de balde, a partires desta categoría as inscricións teñen un custe de 6 euros, que irá a parar íntegramente a entidade UNICEF, neste senso o responsable de Deporte da Deputación salientou que “logo de recuperar a proba no 2015, conséguese dar un novo impulso e facer que este evento deportivo e de lecer sexa tamén un acto solidario”, Veiga concluíu que “desde a Deputación apostamos por este tipo de iniciativas deportivas populares que abranguen desde os máis novos até os adultos sen límite de idade, axudando a democratizar o deporte e logrando que sexa accesible a toda a cidadanía”.

Limite de inscricións
A data límite de inscrición será o vindeiro 29 de decembro de 2015, e os participantes poderán recoller os seus dorsais o propio día da proba entre as 09:30 e até as 10:30, así mesmo e de forma opcional a organización ofrece a posibilidade de apuntarse a comida que terá un prezo de 5 euros para os menores de 12 anos e de 10 euros para os adultos participantes. As inscricións, encargos e a consulta de máis información poden levarse a cabo a través da páxina webcarreirapopulardereis.jimdo.com