CALIDADE DA AUGA DURANTE O 2014 NOS AREAIS DO MUNICIPIO FOI EXCELENTE

A CLASIFICACIÓN SANITARIA FINAL DAS ZONAS DE BAÑO EN BARREIROS INDICA QUE A CALIDADE DA AUGA DURANTE O 2014 NOS AREAIS DO MUNICIPIO FOI EXCELENTE.

Barreiros, 9 de abril de 2015. A clasificación sanitaria final das zonas de baño en Barreiros indica que a calidade da auga durante o 2014 nos areais do municipio foi excelente. Os datos foron recibidos hoxe no Concello, segundo asegurou o alcalde, Alfonso Fuente.

O rexedor declarou que “en Barreiros, fronte ás críticas que estamos a recibir día tras día sobre a calidade das augas de baño dicindo que hai vertidos nas praias, o que vai en contra dos intereses de todos os veciños, aos que lles interesa que os turistas veñan aos nosos areais, está o que hoxe recibíamos: a clasificación anual das zonas de baño, onde podemos comprobar unha vez máis, e son análises que non fai o Concello senón o Servizo Galego de Saúde, que todas as praias de Barreiros teñen a clasificación de excelente. E quero matizar que excelente é a máxima categoría que pode recibir a auga de baño. É dicir que todas e cada unha das praias de Barreiros nas zonas de baño a clasificación da auga é excelente”.

A clasificación sanitaria final das zonas de baño no ano 2014, que hoxe recibiu o Concello de Barreiros, foi de excelente en Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Valea, Acantilado-Remior, San Bartolo, Altar e Coto. Dita clasificación faise seguindo o sistema de cálculo da Directiva 2006/7/CE e pode consultarse na páxina web da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública ou tamén a través de www.sergas.es, no apartado de mapa de zonas de baño de Galicia.

Fuente insiste en que “polo tanto é seguro e sen ningún risco para a saúde bañarse nas augas das praias de Barreiros”.

http://www.sergas.es/gal/documentacionTecnica/docs/SaudePublica/praias/ControisZonaBa%C3%B1o_LU.pdf

MapaCalidadAgua