ATENCIÓN!! Con certas complicacións no subministro de material e tamén cos recurso humanos (porque a cousa está poñéndose ben complicada), nos vindeiros días chegaranvos os almanaques deste ano ás casas. Se tedes moita ansia, podedes pasar recollelos polo concello en horario de 9:30 a 14:30 mañá mesmo. Agardamos que vos gusten, porque con eles queremos axudarvos a “ollar cada recuncho para atopar o orgullo da nosa historia”