Biblioteca pública Municipal

✍️🧑‍🎨 CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO LETRAS GALEGAS 2022
▶️ A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Barreiros, convoca na Fase Local o Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2022.
👧🧒 Poderán participar nenas/os e rapazada ata os 16 anos en tres categorías nas dúas modalidades de #Narración e #Debuxo baixo o lema “O QUE PASA AO MEU ARREDOR”
ℹ️ Todos/as as que desexen participar poden recoller as bases e información correspondente na #BibliotecaMunicipaldeBarreiros.
📨 A presentación dos traballos rematará o día 10 de maio, e os traballos poderán presentarse na Biblioteca ou nos colexios de Barreiros, colaboradores no certame.
🏆 Os traballos premiados na Fase Local pasaran a participar na Fase Provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Provincial de Lugo e patrocinado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
📚EXPOSICIÓN DE NOVIDADES “ABRIL… MES ESPECIAL DO LIBRO”
🌷Con motivo do #DíadoLibro (23 de abril), a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros organiza unha exposición de novidades con libros do 2021-2022. A mesma poderá visitarse de luns a venres en horario de 9:30 a 14:30 h. na Biblioteca Municipal ata o 6 de maio. Mostra adicada ao Libro e a Lectura.