BARREIROS SOLICITA ESTUDAR ALTERNATIVAS MENOS AGRESIVAS PARA A ESTABILIZACIÓN DA PRAIA DE ALTAR

Puede ser una imagen de naturaleza, costa y océano

Barreiros quere estudar alternativas menos agresivas para a estabilización da praia de Altar

Barreiros, 26 de abril de 2021. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, reuniuse na mañá de hoxe coa subdelegada do Goberno en Lugo, acompañada da tenente de alcaldesa, Carmen Veiga; onde trasladaron directamente o contido do informe emitido polo Concello de Barreiros ao proxecto de estabilización da praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental.

O informe emitido polo Concello de Barreiros conclúe que “é precisa a reformulación do tipo de solución a adoptar para estabilización da Praia de Altar e a incidencia que se produza na zona do estuario do Masma. Neste sentido, non se considera oportuno neste momento a posta en marcha da tramitación administrativa tendente á execución do “proxecto de estabilización da Praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental”, por consideralo excesivamente duro no impacto que poida producir na zona a outros niveis. Considérase máis oportuno, se procede, o estudo e realización doutras alternativas menos agresivas a nivel medioambiental e paisaxística, aínda sendo conscientes da fraxilidade e/ou provisionalidade de ditas actuacións; como pode ser o imprescindible dragado dunha zona ampla do estuario e o estudo da posibilidade de aproveitamento da area extraída no mesmo.”

No escrito presentado, que recolle o sentir unánime da corporación barreirense, exponse que “o feito de que o proxecto tomado como base veña temporalmente de anos atrás, supón que as modificacións sociais ou colectivas que se puideron producir – que sen dúbida se produciron e máis se cabe nun municipio coma Barreiros, que foi obxecto dunha transformación de modelo socioeconómico con evidentes consecuencias- non se teñan referenciadas ou tidas en conta en dito plantexamento. De feito, con posterioridade a ditas datas, sobre a zona de Altar e o seu sistema dunar, téñense deseñado plans medioambientais de protección –por exemplo no caso da píllara das dunas- que non se contemplan inicialmente no proxecto presentado.

É por isto, polo que o período de información oficial e exposición pública foi notablemente convulso, pois a perspectiva que recolle o proxecto non se adecúa ás expectativas ou preocupacións sociais actuais.”

A alcaldesa agradeceu a receptividade amosada ás apreciacións presentadas tanto pola subdelegada do Goberno coma polo xefe do servizo provincial de Costas e valorou “o diálogo aberto e a disposición a adoptar a mellor decisión posible nunha problemática tan complexa como é a regresión da costa e as súas consecuencias a todos os niveis.”

BARREIROS SOLICITA ESTUDAR ALTERNATIVAS MENOS AGRESIVAS PARA A ESTABILIZACIÓN DA PRAIA DE ALTAR

Data de publicación:
luns, 26 Abril, 2021 – 16:52

Barreiros, 26 de abril de 2021. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, reuniuse na mañá de hoxe coa subdelegada do Goberno en Lugo, acompañada da tenente de alcaldesa, Carmen Veiga; onde trasladaron directamente o contido do informe emitido polo Concello de Barreiros ao proxecto de estabilización da praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental.

Puede ser una imagen de una o varias personas, personas sentadas e interior