Barreiros nueva web de turismo

Barreiros estrea nova web de turismo

O Concello de Barreiros abre unha nova xanela dixital para presentar os seus atractivos e oferta turística ao mundo

Barreiros, 29 de xuño, 2022. Dende hoxe aquelas persoas que queiran planificar a súa viaxe a este destino dispoñen dunha nova web de turismo, barreirosturismo.gal, que se presenta como un espazo onde coñecer as diferentes alternativas que Barreiros ten para ofrecer a veciños/as e visitantes. Dende os espazos naturais e os seus valores ambientais e xeolóxicos ata o seu diverso e rico patrimonio cultural pasando polas praias ou polas experiencias de ocio e servizos que aquí agardan aos viaxeiros/as.

Entre as novidades máis destacadas atópase o feito de que estará estruturada en tres idiomas: galego, español e inglés -aínda que polo momento se atopa en galego e español aos que se engadirá o inglés en datas próximas-; co fin de facilitarlle o acceso á información tamén ao público internacional nun mundo cada vez máis globalizado.

Outro dos aspectos que incorpora son os apartados adicados á oferta de aloxamentos, restaurantes e bares ou cafeterías. A través das correspondentes pestanas, os usuarios/as poden consultar non só os seus datos de contacto senon tamén facerse unha idea dos seus servizos e/ou instalacións ademais de poder acceder directamente ás súas páxinas web e ubicalos nun mapa interactivo.

A súa creación baseouse en tres eixos principais:

A mellora da imaxe turística a través dunha presentación atractiva visualmente, así como da incorporación de imaxes de calidade e da disposición da información enfocada en facer de Barreiros un lugar que apetece visitar.

A desestacionalización da demanda presentando un Barreiros con potencial para ser visitado durante todo o ano e cunha oferta aloxativa, gastronómica e de actividades de turismo activo de calidade e que aposta pola mellora contínua.

A desfocalización dos fluxos turísticos