“Barreiros Mar de Verdes Montes”

“Barreiros Mar de Verdes Montes” é o lema gañador do concurso #MarcaBarreiros, promovido pola recén creada asociación de hostalería barreirense

02-06-18

Barreiros 1-5-18. O concurso, lanzado coa finalidade de procurar un lema co cal identificar o concello de Barreiros e os recursos turísticos existentes, contou con arredor de 150 participacións. Leticia EiroáBalseiro foi a gañadora dun cheque por valor de 180€.

“Hostelería de Barreiros”, a asociación que integra ao sector hosteleiro barreirense e que naceu de forma oficial hai menos dun mes, lanzoucomo primeira iniciativa o concurso #MarcaBarreiros. Tratouse dunha idea pensada para escoller un lema que servirá para visibilizar e promocionar a riqueza natural e oferta turística do municipio barreirense. O concurso, que tivo lugar nas redes sociais de Facebook e Instagram de “Hostelería de Barreiros”, alcanzou a máis 10.000 persoas segundo as estatísticas e foron máis de 150 os eslogans propostos. Dunha selección de 6 finalistas, resultantes das reaccións “gústame” das usuarias e usuarios destas redes, un xuradointegrado por socias/os do colectivo promotor escolleu o lema gañador. “Barreiros, Mar de Verdes Montes” foi o elixido, proposto por Leticia Eiroá Balseiro, quen obtén como premio un cheque por valor de 180€ para desfrutar nos establecementos de hostalería asociados.

Segundo “Hostelería de Barreiros”, este lema convenceu porque xoga coa combinación dos recursos de costa e montaña, e permite intuir que máis alá da tan coñecida riqueza do litoral barreirense hai unha parte de terra adentro, que para moitas das persoas visitantes é a grande descoñecida. A entender das persoas que integran este colectivo, a promoción turística do concellobarreirense e principalmente a procura da desestacionalización da demanda turística, requiren de facer un mellor aproveitamentodoutros recursos existentes, moitos deles, existentes na zona sur do concello.

Reunión co Concello

Aproveitando a escolla deste lema, unharepresentación da asociación de hostalería reuniseco alcalde de Barreiros coa finalidade de tratar diferentes cuestións para a mellora da oferta turística. Unha delas foi a colocación de vallas de sinalización do concello, nas cales figure o lema gañador; outra procurar a actualización da páxinaweb municipal en canto á oferta turística e máisconcretamente dos servizos de hostaleríaexistentes e en relación con isto mesmo, melloraro posicionamento deste portal nos resultados das procuras de internet.

Nesta reunión tratáronse tamén outras cuestiónscomo a mellora do servizo de atención turística, ofrecendo unha abano de horarios e días de apertura máis amplo que o actual, que está sódispoñible de luns a venres en horario de oficina. Xunto con isto tamén se tratou a posibilidade de que exista un punto de referencia de información turística, de calidade, nun punto céntrico da zona de praias.

Os accesos á localidade barreirense dende as principais vías de comunicación, como a autovía, foi outro dos asuntos tratados; mellorar a apariencia da vía de entrada a Barreiros procurando unha mellor estética e taménposibilitar a instalación de vallas de sinalizacióndos diferentes recursos existentes. Cuestións todas estas que simulan, a priori, de máis complicada consecución debido á implicación e competencia de administracións supramunicipais.

Outros eventos

A asociación de hostelería segue a traballar en promover novas iniciativas a poñer en marcha. Así, xa se barallaron ideas de eventos que levar a cabo fóra da tempada estival que atraian novospúblicos ou novos intereses ao concellobarreirense. Así pois, cuestións como os deportes naúticos, a fotografía, a pesca, a gastronomía de tempada, etc. estiveron presentes nunha conversa pendente de continuar de cara á organización de eventos concretos en datas posteriores ao verán.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *