BARREIROS INVESTIRÁ MÁIS DE 90.000 EUROS NA MELLORA DA RÚA DE BAIXADA AO CENTRO SOCIAL DE SAN COSME

‼📣📣 BARREIROS INVESTIRÁ MÁIS DE 90.000 EUROS NA MELLORA DA RÚA DE BAIXADA AO CENTRO SOCIAL DE SAN COSMEPuede ser una imagen de carretera, cielo y texto

➡A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de anunciar que o Concello de Barreiros realizará un investimento de máis de 90.000 euros en obras de mellora e humanización da rúa de baixada ao centro social de San Cosme.

👨‍👨‍👧Coa execución destas obras preténdese dotar ao centro de San Cosme dunha zona máis humana, na que as persoas teñan espazo seguro por onde camiñar; ampliando as beirarrúas e instalando mobiliario urbano que converta a rúa nunha zona urbana atractiva para o seu uso pola veciñanza.

🗣A alcaldesa explica que se trata dun proxecto humilde, pero que se insire no obxectivo de que os núcleos de poboación sexan polos nos que desenvolver vida e no que as persoas estean no centro. A rúa que baixa ao centro social, onde ademais tamén se atopa o centro de saúde, dá ademais acceso ao colexio de primaria e á escola infantil e está situada no centro da parroquia con todos os servizos ao seu carón.

✅Ana Ermida sinalou que se están facendo “pequenas actuacións coas que se pretende dotar a San Cosme dun centro urbano de uso para as persoas, xa que ás obras que se levarán a cabo nesta rúa, súmanse as que se realizarán no Teleclub, xunto coa habilitación do parque de skate e á instalación dunha zona de ocio a carón do colexio público.” A alcaldesa manifesta que se trata de “converter os cascos urbanos en espazos seguros e atractivos para fomentar a socialización e a dinamización, neste caso, de San Cosme.”

💰Para o finanzamento de ditas obras, o Concello de Barreiros conseguiu unha subvención da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio por un importe de 64.110,45 €, nunha convocatoria de axudas non competitivas que se concedían por orde de entrada, ao tela solicitado ás 00:08 do mesmo día que se abría o prazo para a solicitude; esgotándose o crédito ás 00:09:45 e quedando sen axuda todas as solicitudes posteriores.

Ver menos