BARREIROS CONTA CON NOVOS SOCORRISTAS NAS PRAIAS DESDE ONTE

BARREIROS CONTA CON NOVOS SOCORRISTAS NAS PRAIAS DESDE ONTE. EN TOTAL 17 E 2 TÉCNICOS TRABALLAN DE LUNS A VENRES E 19 E 2 TÉCNICOS AS FINS DE SEMANA.  O ALCALDE AGARDA PODER INCORPORAR ALGÚN MÁIS.

Barreiros, 11 de xullo de 2017. O servizo de Salvamento e Socorrismo de Barreiros conta dende onte con catro socorristas máis durante a semana e dous novos para as fins de semana. O alcalde, Alfonso Fuente, lembra que de luns a venres 17 socorristas e 2 técnicos velan pola seguridade dos bañistas nas praias de Barreiros e 19 socorristas máis 2 técnicos traballan as fins de semana. O rexedor agarda poder contar con algún máisen datas próximas e subliña que o servizo está a funcionar moi ben debido á súa implicación e á distribución polos areais.

Fuente Parga manifestou que “o venres pasado remataba un curso en Lugo de salvamento e socorrismo no que os rapaces que terminaban xa podían acceder ao certificado de profesionalidade, e polo tanto inscribirse no Rexistro da Xunta para poder traballar como socorristas. Contactamos con eles e onte, luns, xa se incorporaban á plantilla catro socorristas máis que sumado aos dous que se incorporan os fins de semana, xa estamos coa plantilla cuberta nos fins de semana e seguimos buscando algún máis para aumentala de cara á semana”.

O alcalde dixo: “parece que estes días xa nos vai acompañar o tempo, que ven bo tempo e se vai poder disfrutar das praias, e imos xa cubrir practicamente todas as praias con socorristas. Estes días en función da marea e do día que estaba, se ían atendendo todas as praias para que non houbera ningún problema. A partir de onte xa catro socorristas máis están a traballar no noso concello, e dous máis que se incorporan os fins de semana, que é cando máis afluencia de visitantes temos na costa”.

Alfonso Fuente declarou que “seguimos contactando con outros rapaces dos que remataron o curso, e espero que tamén os outros concellos que tiñan problema poidan completar precisamente as súas plantillas de socorristas con este curso. Foi un curso que remataba o venres e inmediatamente puidemos facer a xestión e tamén a Xunta se implicou en axilizar todos os trámites para que onte puideran xa incorporarse ao traballo”.

O rexedor barreirense lembrou que “agora temos 17 socorristas pola semana máis os dous técnicos, e os fins de semana son 19 máis os dous técnicos. Os fins de semana con respecto ao ano anterior nos faltaría 1 nada máis, e pola semana nos faltarían 3 con respecto ao 2016. Ao mellor antes do día 15 podemos incorporar algún máis”.

O alcalde de Barreiros subliñou que “dada a distribución, a implicación e o traballo que están a facer a verdade é que están intentando cubrir todo e que non haxa ningún problema ademais con garantías”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *