BARREIROS CONMEMORARÁ O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CUNHA CONCENTRACIÓN, COA LECTURA DUN MANIFESTO E CUNHA ENTREGA DE PREMIOS

BARREIROS CONMEMORARÁ O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CUNHA CONCENTRACIÓN, COA LECTURA DUN MANIFESTO E CUNHA ENTREGA DE PREMIOS.

Barreiros, 22 de novembro de 2016. A Concellería de Familia, Muller e Servizos Sociais programou varias actividades para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero baixo o eslogan Móvete contra a violencia de xénero.

Para as oito da tarde do vindeiro venres, 25 de novembro, na praza do Concello está convocada unha concentración para gardar un minuto de silencio polas vítimas desta lacra e darase lectura a un manifesto conmemorativo. Si a climatoloxía non o permite este acto trasladarase ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, segundo informan desde o Concello barreirense.

E a continuación terá lugar a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do II Concurso de Debuxo Di non á violencia de xénero, no que participa o alumnado de primaria dos CEIP de San Cosme de Barreiros e de San Miguel de Reinante.