BARREIROS CELEBRARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON TEATRO E COAS ACTUACIÓNS QUE OFRECERÁN O DÚO ROSAS E A CORAL POLIFÓNICA LOCAL. AS ACTIVIDADES ESTÁN ORGANIZADAS POLO CONCELLO

BARREIROS CELEBRARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON TEATRO E COAS ACTUACIÓNS QUE OFRECERÁN O DÚO ROSAS E A CORAL POLIFÓNICA LOCAL. AS ACTIVIDADES ESTÁN ORGANIZADAS POLO CONCELLO.

Barreiros, 9 de maio de 2018. A Delegación de Cultura organiza varias actividades con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O día 13 de maio terá lugar unha representación do grupo de teatro  O Bordelo, e o día 20 actuarán o Dúo Rosas e a Coral Polifónica de Barreiros.

O grupo de teatro O Bordelo poñerá en escena Depende, unha obra cómico-costumbrista. A representación terá lugar este domingo, día 13, ás 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.

As actividades da Concellería de Cultura de Barreiros con motivo do Día das Letras Galegas continuarán o 20 de maio con dúas actuacións musicais ás 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O Dúo Rosas ofrecerá un concerto de bandurria e guitarra. Esta formación está integrada por Julia María Dopico, profesora do Conservatorio Superior de Música da Coruña, e Daniel Adzemian, profesor de guitarra. Tamén actuará a Coral Polifónica de Barreiros, dirixida por Beatriz Vázquez Mesa, interpretando cancións populares galegas.

Organiza o Concello a través da súa Concellería de Cultura coa colaboración da Coral Polifónica de Barreiros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *