Barreiros acollerá un obradoiro práctico de primeiros auxilios para traballadores do sector gandeiro e forestal

Canteiro30Oct15 (3)Barreiros acollerá un obradoiro práctico de primeiros auxilios para traballadores do sector gandeiro e forestal

29-10-15

Barreiros, 29 de outubro de 2015.- Barreiros acollerá os días 25 e 26 de novembro un obradoiro práctico de primeiros auxilios dirixido a traballadores do sector agrogandeiro e forestal, unha formación que cofinancian o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Xunta, a través do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible, segundo informa o Concello barreirense.

Poderán inscribirse neste obradoiro todas as persoas traballadoras, maiores de idade ocupadas ou desempregadas no sector ao que se dirixe o curso e que teñan domicilio particular nalgún dos municipios da Mariña. O solicitante debe, ademais, traballar ou ter traballado nun centro con actividade agraria ou forestal situado na comarca. Haberá que presentar documento xustificativo de cumprir estas condicións xunto á inscrición, certificado asinado pola empresa ou copia do contrato.

O obradoiro terá lugar no Centro de Instrución e Recreo de Benquerencia, na rúa do Canteiro, s/n, en San Pedro de Benquerencia. É unha actividade presencial que se desenvolverá entre as 16 e as 20 horas e hai 25 prazas dispoñibles. As solicitudes deberán presentarse ata o 20 de novembro ou no enderezo electrónico [email protected]. O teléfono no que solicitar máis detalles é 981 17 43 81.

Os interesados poderán ter máis información na páxina web do ISSGA,http://issga.xunta.es/portal/index.html