Data de envio: 26/01/2017 – 18:51
AXUDAS ECONÓMICAS PARA O PAGO DE PARTE DA FACTURA ELÉCTRICA A TRAVÉS DO TICKET ELÉCTRICO SOCIAL DE GALICIA.
BANDO
O Sr. Alcalde do Concello de Barreiros pon en coñecemento de todos/as os/as veciños/as que a Consellería de Economía e Industria, acaba de convocar unhas AXUDAS ECONÓMICAS PARA O PAGO DE PARTE DA FACTURA ELÉCTRICA A TRAVÉS DO TICKET ELÉCTRICO SOCIAL DE GALICIA.
REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:
– Ser residente na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou persoas con discapacidade cun grado igual ou maior ó 33%.
– Ser o pagador da correspondente factura de enerxía eléctrica.
– Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1.5 veces o IPREM.
– Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións.
– Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
– Do 17 de xaneiro ó 15 de xullo do 2017.
Para maior información, así como para a tramitación do expediente, poden pasarse polo Departamento de Servizos Sociais, mediante cita previa e en horario de mañá.
Barreiros a 25 de xaneiro de 2017
O ALCALDE
ASDO.: D. JOSÉ ALFONSO FUENTE PARGA.
Bandos