Todas las entradas de: Alvaro Vizoso

FUENTE PARGA LEMBROU HOXE QUE ARRANXO DA ESTRADA QUE DISCORRE ENTRE VILAMAR E O ALTO DE CABARCOS ERA UNHA VELLA REIVINDICACIÓN DO CONCELLO BARREIRENSE. O ALCALDE SUBLIÑA QUE É UN VIARIO MOI EMPREGADO POLOS VECIÑOS DE SAN XUSTO E GONDÁN PARA SAÍR CARA BARREIROS

FUENTE PARGA LEMBROU HOXE QUE ARRANXO DA ESTRADA QUE DISCORRE ENTRE VILAMAR E O ALTO DE CABARCOS ERA UNHA VELLA REIVINDICACIÓN DO CONCELLO BARREIRENSE. O ALCALDE SUBLIÑA QUE É UN VIARIO MOI EMPREGADO POLOS VECIÑOS DE SAN XUSTO E GONDÁN PARA SAÍR CARA BARREIROS.

Barreiros, 17 de novembro de 2017. O alcalde, Alfonso Fuente, referíuse hoxe ás obras de arranxo da estrada que discorre entre Vilamar e o alto de Cabarcos. Serán acometidas pola Deputación Provincial de Lugo, que atende así unha vella reivindicación do Concello barreirense, segundo o rexedor.

Fuente Parga lembrou que “dende o Concello de Barreiros, xa dende fai un tempo, levamos demandando na Deputación Provincial que arranxara a estrada que vai a San Xusto, a 0609 que nace en Vilamar e vai ata o alto de Cabarcos”.

O rexedor contou que “hoxe dese plan de infraestruturas confirmábannos que esa vai ser a estrada que se vai arranxar. É posible que teña que ser en dúas fases. Nunha primeira fase serán en torno a 3 quilómetros e logo a seguinte fase, dado que o importe co que se conta para arranxar esa estrada rolda os 230.000 euros, e é posible que non chegue para facer un novo aglomerado”.

O alcalde cree que “era importante darlle para adiante desde o ente provincial, era necesario que arranxara esa estrada, toda vez que a Xunta de Galicia xa amañou o tramo que está en Barreiros da Reme-Vilamar”.

Alfonso Fuente Parga subliñou que “esta é unha estrada tamén moi utilizada por toda a zona de San Xusto e Gondán que a empregan para saír cara Barreiros. É a vía principal. Estaba nun estado bastante lamentable, e xa se leva uns anos reivindicando e pedíndolle á Deputación que arranxara esta estrada. Dentro do plan de infraestruturas, que se ten anunciado por parte da Deputación, nós demandamos o arranxo desta estrada e agora confírmase que si vai ser esta a que van preparar”.

NA MARIÑA SIGUEN A  DENUNCIARSE CASOS DE DEFICIENCIAS NA ATENCIÓN SANITARIA

NA MARIÑA SIGUEN A  DENUNCIARSE CASOS DE DEFICIENCIAS NA ATENCIÓN SANITARIA

Desprazarse a Lugo para facer as probas de detección precoz de cancro  colorrectal semella una burla para as mariñás e mariñaos.

Xove, a 16 de novembro de  2017. A asemblea informativa celebrada o pasado 15 de novembro no Centro Cívico de Xove reuniu a unha veciñanza moi preocupada pola pretensión do goberno da Xunta de eliminar a Área Sanitaria da Mariña, contribuindo así ao desmantelamento da nosa comarca, a máis dinámica da provincia, e xa moi menoscabada en infraestruturas e  comunicacións.

A Plataforma Sanitaria comezou a súa intervención relatando a deriva que dende a aprobación do Decreto das EOXI ven sufrindo a nosa sanidade, con incrementos nas derivacións cara a Lugo para probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas, moitas veces a hospitais privados. Foi no ano 2013 cando se aprobaron por decreto estas estruturas de xestión integrada malia resposta cidadá masiva, que se manifestou en contra e coa promesa por parte da Xunta de que suporían un importante aforro para o sistema público. Estamos ainda agardando polos datos obxectivos do aforro que supuxo a implantación das EOXI, porque ainda non foron que de poñelos enriba da mesa- manifestaron.

Se as EOXI foron sinaladas coma un erro pola meirande parte d@s profesionais do sistema público  e vividas polos doentes con perdas paulatinas de servizos nos hospitais máis periféricos en beneficio dos hospitais de segundo nivel das capitais, a  aprobación deste anteproxecto que eliminaría  a área Sanitaria da Mariña viría a agravar e incrementar esta situación, facéndose efectivo o obxectivo de privatizar a sanidade  xa legalizada trala recente aprobación da Lei de garantías sanitarias o pasado mes de setembro.

En relación á implantación dos controles de detección precoz de cancro colorrectal na Mariña, que segundo o publicado en prensa “ O servizo Dixestivo do Hospital Universitario Lucus Augusti é o servizo de referencia para realizar as colonoscopias”, sinalaron dende a Plataforma Sanitaria que non podemos consentir que nos falten máis ao respecto nen que se rían de nós enviándonos a Lugo a facer as colonoscopias cando temos en Burela un servizo de Dixestivo e dúas salas de endoscopias.

Tamén  mostraron a súa preocupación polo próximo traslado a Lugo dos historiais clínicos de tod@s os usuarios por parte dunha empresa privada que coa excusa de que van dixitalizalas aproveitan para eliminar este servizo do Hospital da Costa e privatizalo, como xa ocorre en Lugo, outra burla máis  á comarca pois existe no Sergas unha categoría profesional creada para tales fins e con persoas que se formaron e optaron  a ditas categorías profesionais-concluiron.

Ao final da exposición d@s membr@s da Plataforma Sanitaria , no  turno d@s veciños e veciñas  relataron o caso dunha doente  octoxenaria que foi derivada a Lugo para a implantación dun marcapasos. Leva ingresada no HULA  tres días e un familiar con ella que ten que pagarse a súa manutención fora . A esto engádese que cando lle den a alta hospitalaria terá que facer todas as revisións do seu marcapasos máis o cambio de pila en Lugo , e os soldos que temos nesta zona non poden sopotar máis desenvolsos de cartos, xa abondo custa chegar a fin de mes con estas pensións indignas para ainda por riba correr cos gastos ocasionados pola derivación a Lugo para procedementos que antes se facían aquí- comentaron.

A Plataforma sanitaria anuncia a súa presenza na  II Carreira Popular  Ao Son do Masma

A Plataforma Sanitaria  anunciou ao final da asemblea que acudirá o vindeiro sábado 18 de novembro á  II Carreira Popular Ao Son do Masma ,que o Colectivo Ollomao organiza en Celeiro de Mariñaos por invitación do mesmo e que está adherido á Plataforma Sanitaria.

Será un acto simbólico do que ainda non trascendeu máis información.

Para máis información chamar a Víctor Vila 677343429

Condenados a dos años de cárcel por agredir a dos guardia civiles en Barreiros

Condenados a dos años de cárcel por agredir a dos guardia civiles en Barreiros

BARREIROS / LA VOZ 

Dos hombres de 36 y 42 años fueron condenados a dos años de prisión por agredir a dos guardia civiles en Barreiros. La sentencia del Juzgado Penal número 1 de Lugo considera probado que el 20 de julio del 2014 ambos acusados se encontraban con familiares y dos perros del primero en la área recreativa de San Estevo do Ermo. Los canes, que campaban sueltos y sin bozal, atemorizaron a varios excursionistas gruñendo, ladrando y mostrando los dientes. Al llegar la Guardia Civil, los perros corrieron hacia los agentes en actitud agresiva, por lo que uno se vio obligado a disparar a un animal, que murió en el acto. A raíz de esto, los ahora condenados agredieron a patadas, puñetazos y empujones a los agentes. Los dos han sido condenados a dos años por un delito de atentado a agentes de la autoridad, y el primero suma 4 meses más por un delito de lesiones. Además, deberán indemnizar a los agentes con 3.444 y 3.610 euros.

HOXE FORON ASINADOS NO CONCELLO OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COS DOUS CLUBS DE FÚTBOL DO MUNICIPIO, O CELTA BARREIROS E O IBEIRA

HOXE FORON ASINADOS NO CONCELLO OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COS DOUS CLUBS DE FÚTBOL DO MUNICIPIO, O CELTA BARREIROS E O IBEIRA.

Barreiros, 15 de novembro de 2017. O alcalde, Alfonso Fuente, asinou os convenios de colaboración do Concello cos dous clubs de fútbol do municipio, o Celta Barreiros e o Iberia.

O rexedor explicou que “hoxe firmamos os dous convenios de colaboración cos dous equipos de fútbol cos que contamos no concello de Barreiros e aos que vimos apoiando desde hai anos con 2.000 euros a cada un, a parte de outras axudas que ás veces se fan ao longo da tempada cando necesitan algunha infraestrutura, etc”.

Fuente Parga subliñou que “este é un convenio económico para que sigan fomentando o deporte no noso concello”.

No acto desenvolvido esta mañá participaron os presidentes do Ibeira e do Celta Barreiros, Noela Fernández Soto e Manuel García Cela.

Regalos, sorteos y más sorpresas en la Carreira Popular Ao Son do Masma

Regalos, sorteos y más sorpresas en la Carreira Popular Ao Son do Masma

La prueba del colectivo Ollomao se celebrará este sábado a partir de las 16.30 horas

.
XAIME RAMALLAL
BARREIROS / LA VOZ 

Ya está aquí la segunda edición de la Carreira Popular Ao Son do Masma. Con los miembros del Colectivo Cultural Ollmoao, de Barreiros, como maestros de ceremonias y un programa de lo más ameno, la prueba tendrá lugar este sábado a partir de las cuatro y media de la tarde.

Además de las carreras para menores y la absoluta de 5 kilómetros, que discurre en su totalidad por las orillas del río Masma y con principio y final en Celeiro de Mariñaos, y que rondará los 100 participantes, la cita incluirá reparto de regalos, sorteos y, cómo no, una copiosa merienda a base de empanada, tortillas o castañas, entre otras cosas. La inscripción, con un precio de 5 euros para las categorías adultas, permanece abierta en la web www.inscripciones.ranckr.com.

Para dar, si cabe, más interés a la cita, el colectivo Ollomao destina fondos propios para sortear dos vales de compra de 200 y 150 euros y una cesta de productos elaborados en la comarca.

Además, en respuesta a la propuesta de la Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, se celebrará un breve acto simbólico por la causa al que se podrán sumar todas aquellas personas que lo deseen.

Convocados los concursos navideños de Burela y Barreiros

Convocados los concursos navideños de Burela y Barreiros

La Biblioteca Pública Municipal de Burela convoca los certámenes infantiles de Nadal de poesía y postales, con sendos plazos para enviar los trabajos que finalizarán los días 23 y 15 de diciembre respectivamente. Habrá, además, una exposición de los trabajos en la sala de arte de la Casa da Cultura desde el 22 de ese mes hasta el 19 de enero de 2018. Por otro lado, también desde la Biblioteca Pública Municipal de Barreiros se convocan los certámenes de poesía y dibujo Nadal 2017, finalizando la recepción de trabajos el 22 del próximo mes. En el primero puede participar menores de 16 años y enel segundo niños de 3 a 5 años.

Carreira Popular ao son do Masma

Barreiros 13-11-17. Este sábado, 18 de novembro, celébrase en Celeiro de Mariñaos a II Carreira Popular Ao Son do Masma, organizada polo Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros.La imagen puede contener: una o varias personas, personas bailando, nube, cielo, calzado, texto y exterior

O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros segue a apostar pola defensa e posta en valor do río Masma. Proba disto é a realización de actividades que a asociación barreirense veu levando a cabo en relación a este enclave natural: o festival Ao Son do Masma, a limpeza do río no marco das accións do “Proxecto Ríos” de Adega, ou a Carreira Popular, que tivo no 2016 a primeira edición. Este sábado, 18 de novembro, terá lugar a segunda edición desta proba deportiva que conta con categorías infantil, adulta e adaptada. Este última pensada para a participación de persoas que, acreditando unha diversidade funcional e opten por non participar na categoría absoluta.

O percorrido da proba absoluta é dun total de 5600m. e discorre na súa totalidade polas beiras do río Masma ao seu paso pola parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos. O punto de saída para todas as modalidades está situado nas Escolas de Celeiros de Mariñaos, sendo tamén o mesmo punto de meta.

Ao remate da proba haberá avituallamento para as persoas participantes. E ademais, estas poderán facer uso das duchas habilitadas para esta ocasión, dispostas polo Concello de Barreiros, colaborador tanto con este recurso como autorizando a utilización das Escolas de Celeiro, de titularidade municipal.

A participación ten un coste de 5€ para as categorías adultas, e a inscrición, así como toda a información sobre esta carreira, están dispoñibles na páxina web: http://inscripciones.ranckr.com/evento/son-do-masma

Actividade dinamizadora da economía local

Esta actividade está pensada como unha forma de promoción dos recursos e atractivos da contorna barreirense. Así, dende Ollomao, considérase que a realización deste tipo de eventos poden servir como canle para a dinamización tanto social como económica do territorio. Así pois, aproveitando que esta ocasión pode supoñer a chegada de persoas de fóra do concello para tomar parte nesta proba, procurarase que este feito repercuta de maneira positiva na economía local. Para isto, a entidade organizadora destina fondos propios aos seguintes gastos:

-Sorteo dun vale de 200€ para desfruta dunha experiencia “turística” na Mariña, que integre tanto opción de aloxamento ou xantar, como a realización de actividades de aventura ou deporte, entre outras.

-Sorteo de 150€ en vales de compra, a gastar en establecementos de Barreiros.

-Agasallo dunha cesta de produtos elaborados na contorna, tales como Mel Alival de Barreiros; Fabas de Lourenzá da Cooperativa Terras da Mariña; Bombóns de Mar de Chocolates Moreno de Ribadeo e infusións Esencias da Mariña, de Foz.

Ademais de todo o anterior, esta proba está tamén concibida como un xeito de socialización. Con esta finalidade, ao remate da proba, haberá unha merenda para participantes e acompañantes, con empanadas, tortillas e castañas, todo isto adquirido en establecementos do concello.

Acto simbólico en apoio á Defensa da Sanidade Pública na Mariña.

Respondendo á proposta da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, na II Carreira Popular Ao Son do Masma haberá un breve acto simbólico de apoio á área sanitaria da Mariña, ao que se poderán sumar ás persoas presentes que o desexen. Este acto secunda accións como as xa levadas a cabo na XVIII Carreira Popular Concello de Viveiro-Memorial “Julián Bernal” que se organiza dende o C.D. Egovarros, ou outras como o concerto da Petit Band do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña está composta 98 adhesións de asociacións de todo tipo (veciñais, culturais, deportivas, de persoas enfermas, etc.), por persoas a título individual, así como por sindicatos e agrupacións políticas. A asociación Colectivo Cultural Ollomao, organizador desta carreira, é unha das máis de 30 asociacións adheridas a esta Plataforma que aposta por: que se retire o Proxecto de Reforma de Lei Galega de Saúde, que non se supriman as Áreas Sanitarias, que a Mariña sexa unha área integrada propia que non teña que depender de Lugo e que se mellore na atención primaria e se dote de recursos económicos e humanos para acadar unha mellor calidade asistencial.

O VINDEIRO DOMINGO, DÍA 19, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO ANDANZAS, DE VIVEIRO, REPRESENTARÁ A COMEDIA LAS ENTRETENIDAS

O VINDEIRO DOMINGO, DÍA 19, HABERÁ TEATRO EN BARREIROS. O GRUPO ANDANZAS, DE VIVEIRO, REPRESENTARÁ A COMEDIA LAS ENTRETENIDAS.

Barreiros, 13 de novembro de 2017. O vindeiro domingo, 19 de novembro, haberá teatro en Barreiros.

Nesta ocasión o grupo Andanzas, de Viveiro, porá en escena a obra Las entretenidas. Será ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.

Esta actividade está organizada polo Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura. Colabora o grupo de teatro Andanzas de Viveiro.

UNHA DOENTE DO HOSPITAL DA COSTA DECIDE FACER PÚBLICAS AS SÚAS RECLAMACIÓNS A TRAVÉS DA PLATAFORMA SANITARIA 

UNHA DOENTE DO HOSPITAL DA COSTA DECIDE FACER PÚBLICAS AS SÚAS RECLAMACIÓNS A TRAVÉS DA PLATAFORMA SANITARIA  

O pasado día 10 de novembro contacta coa Plataforma Sanitaria unha doente que está disposta a identificarse ,e que nos fai chegar as súas reclamacións no Servizo de Atención ao Doente farta de que non se lle faga caso ás súas demandas.

O seu nome é Guida da Costa .

Leva esperando seis meses por un ecocardiograma de stress, que como moi tarde debería terse feito no mes de setembro deste ano. Se un especialista en Cardioloxía  dictamina e prescrebe que esta proba, ou calquera outra, ten que facerse en determinado tempo non é por capricho, senón porque é necesario para o diagnóstico dunha alteración ou enfermidade do corazón ou para descartar algo que pode ser grave.

Como o tempo pasa e non a chaman , chea de angustia e medo polo que poida pasarlle  fai a súa primeira reclamación na oficina de Atención ao doente.O número desta primeira reclamación é, segundo figura no impreso, o 36839. Unha vez entregada a reclamación fica algo máis tranquila pois imaxina que o sistema terá en conta a mesma e chamarana de seguida. Máis pasa o tempo e non a dan chamado, e volta de novo o medo ao corpo porque non se trata de calquera proba sen importancia.Máis ela segue a esperar algo máis para darlle unha oportunidade ao hospital.Ate que pasa un mes exactamente sen recibir a chamada esperada. Entón xa decide, enfadada , angustiada e máis atemorizada, voltar a facer unha segunda reclamación que figura co número 37034.É dicir que, se eses números son correlativos e se as contan non nos fallan,dende o 10 de outubro ate o 10 de novembro deste ano ( un mes xusto) tramitáronse 195 queixas ou peticións no devandito servizo.Unha cifra bastante significativa, sobre unha poboación de oitenta mil habitantes nun mes , e iso que non tod@s reclaman – manifesta Guida.

A responsable de Atención ao Doente , cando presenta esta segunda reclamación polo mesmo motivo infórmalle de “non teño nen idea para cando será xa que a lista de agarda é infinita….” Tremendo!

Guida da Costa tamén fai saber á Plataforma Sanitaria que leva ano e medio en lista de agarda (se é que a puxeron en lista de agarda e non no caixón) para facer Rehabilitación e que a chaman agora para empezar en novembro despois de estar pagando do seu peto todo o ano. Unha vez que pasas un proceso cirúrxico que precisa de rehabilitación  para a reincorporación á vida cotiá, suponse que esta debe ser a máis precoz posible para que a recuperación sexa axeitada.A Plataforma Sanitaria leva tempo demandando a posta en marcha das instalacións infrautilizadas dos ximnasios dos Centros de Saúde que contan con este servizo, en quenda de tarde.Só fai falta vontade e persoal pois as instalacións e a dotación material xa  existe.

A Plataforma Sanitaria esixe á administración que se teñan en conta estas reclamacións e que se lle den unha solución  canto antes, no contexto da sanidade pública e do Hospital da Costa.

Para máis información chamar a Victor Vila 677343429