Todas las entradas de: Alvaro Vizoso

O BNG RECOLLERÁ SINATURAS EN BARREIROS CONTRA A SUBA DO RECIBO DA LUZ

O BNG RECOLLERÁ SINATURAS EN BARREIROS CONTRA A SUBA DO RECIBO DA LUZ

A formación nacionalista informará sobre as propostas que defende para que se rebaixe a factura da luz e recollerá sinaturas entre as 9 e as 12 do vindeiro venres, 8 de novembro, na beirarúa de enfrente do Concello.

Barreiros, 6 de novembro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego colocará un punto de información e recollida de sinaturas sobre a suba da enerxía e o recibo da luz en Barreiros, o vindeiro venres, 8 de novembro, de 9 a 12.

O punto informativo colocarase na beirarrúa de enfrente do concello e nel, a formación nacionalista recollerá sinaturas entre as persoas que apoien as medidas propostas para lograr unha rebaixa no recibo da luz e estabilidade na tarifa eléctrica.

Desde o BNG veñen defendendo a necesidade dunha tarifa eléctrica galega, que permitiría reducir o custo da enerxía sobre un 30% con respecto ao prezo actual. “É de xustiza que nun País produtor coma Galiza, poidamos beneficiarnos cando menos nos nosos recibos, tendo en conta o impacto que teñen as infraestruturas produtoras de enerxía, tales como encoros ou os eólicos nos montes”, afirma a portavoz en Barreiros, Ana Ermida. “O que non é normal é o que está pasando actualmente, que as consumidoras e consumidores galegos teremos que pagar máis no noso recibo da luz en beneficio das eléctricas.”, aseguran.

Desde a formación frontista defenden a eliminación dos suplementos territoriais que se contemplan nos recibos, “xa que supoñen unha clara discrimación para Galiza”. Propñoen tamén a baixada do IVE do 21% que actualmente grava a enerxía ao 4% dos produtos básicos, “porque a día de hoxe a enerxía tense convertido nun ben de primeira necesidade e, por iso, debe garantirse que toda a poboación teña acceso a ela.”

O BNG vai un paso máis aló e defende que aquelas centrais que rematen a concesión, fundamentalmente encoros que se consturíron durante o franquismo con un importante impacto social e ecolóxico, retornen a mans públicas e se xestionen por unha empresa pública galega que socialice os beneficios da producción eléctrica en Galiza”.

O GRUPO DE TEATRO A RABELA ACTUARÁ O VINDEIRO DOMINGO, 11 DE NOVEMBRO, EN BARREIROS

O GRUPO DE TEATRO A RABELA ACTUARÁ O VINDEIRO DOMINGO, 11 DE NOVEMBRO, EN BARREIROS, ONDE REPRESENTARÁ A COMEDIA AS CONSULTAS DO DOUTOR BALDOMERO BAUTISTA.

Barreiros, 6 de novembro de 2018. O grupo de teatro A Rabela actuará o vindeiro domingo, 11 de novembro, en Barreiros. Alí representará As consultas do doutor Baldomero Bautista, unha obra cómica cargada de enredos e improvisacións.

A representación, incluída no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 18:00 horas.

Colabora, na organización deste evento, o Concello de Barreiros a través da Oficina de Información Xuvenil e da Concellería de Cultura.