ATA O 12 DE OUTUBRO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ADULTOS NA IV EDICIÓN DAS CARREIRAS MONTE COMADO

 ATA O 12 DE OUTUBRO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ADULTOS NA IV EDICIÓN DAS CARREIRAS MONTE COMADO, QUE TERÁN LUGAR A VINDEIRA FIN DE SEMANA EN BARREIROS. OS PARTICIPANTES NAS CATEGORÍAS INFANTÍS PODERÁN ANOTARSE ATA O DÍA 14.

Barreiros, 10 de outubro de 2017. A IV edición das Carreiras Monte Comado, que se disputará esta fin de semana, os días 14 e 15 de outubro, mantén aberto o prazo de inscrición ata o 12. O proceso para adultos pode facerse a través da páxina web montecomado.galitiming.com

O prazo para as categorías infantís estará aberto ata o día da 14, podendo inscribirse na mesma zona de carreira. Haberá distintos percorridos adaptados ás necesidades de cada categoría facendo que todos os nenos e nenas gocen da sensación de correr un trail como os maiores.

Os organizadores destacan a gran evolución que está a ter este evento, tanto en número de participantes como en patrocinadores e colaboradores, polo que queren transmitir o seu agradecemento a todos eles.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.