Ata as nove desta noite, do 30 de decembro, segue a recollida de alimentos non perecedoiros no pavillón municipal de Barreiros

Ata as nove desta noite, do 30 de decembro, segue a recollida de alimentos non perecedoiros no pavillón municipal de Barreiros. Alí estase a disputar o II Trofeo Solidario Praias de Barreiros CD de fútbol sala, no que participan o CD Cubelas FS, o Trabada FS, o CDE Marino das Figueiras e o anfitrión. O obxectivo é entregar todos eses produtos ao Banco de Alimentos do Concello barreirense para que os distribúan entre as familias máis necesitadas do municipio. Cos organizadores estivo esta tarde o alcalde, Alfonso Fuente Parga.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *