As praias de Barreiros acollerán a terceira carreira popular o 17 de maio

As praias de Barreiros acollerán a terceira carreira popular o 17 de maio

A III Carreira popular das praias foi presentada este sábado 4 de abril coa presenza de Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación, en Punta Anguieira-San Barolo – Barreiros – Lugo, diante do Hotel Ría do Masma.

Ó mesmo tempo organizouse unha “kedada runner”, na que as persoas interesadas en participar fixeron correndo o percorrido da carreira para dalo a coñecer e facer un adestramento do mesmo.

Houbo duchas no campo de fútbol do Cascabeiro para os participantes e, de maneira opcional, tamén se organizou unha comida no Café Bar Moderno de Barreiros.

Esta terceira edición da Carreira Popular das Praias de Barreiros, organizada pola Peña Barcelonista San Miguel, desenvolverase o vindeiro 17 de maio dende Punta Anguiera ata Barreiros percorrendo unha distancia de 11 km dos que o 90% se realizará pola propia area das praias. Tamén haberá circuitos infantís con varias distancias e tamén pola area.

A carreira de adultos dará comezo ás 10.30 horas, mentres que as dos máis pequenos se realizará a partir das 12.00 horas.

Categorías e distancias:

– PITUFOS: NADOS 2011 – 2014 / 100 m. – Carreira non competitiva

– PREBENXAMIN: 2008- 2010/ 200 m. – Carreira non competitiva

– BENXAMIN: 2006 – 2007 / 400 m.

– ALEVIN: 2004 – 2005 / 800 m.

– INFANTIL: 2002 – 2003 / 1.500 m.

– CADETE: 1998- 2001 / 3.000 m.

– PROMESA: 1991 – 1997 / 11 km.

– SENIOR: 1981 – 1990 / 11 km.

– VETERANO A: 1974 – 1980 / 11 km.

– VETERANO B: 1967 – 1973 / 11 km.

– VETERANO C: 1960 – 1966 / 11 km.

– VETERANO D: antes de 1959 / 11 km.

– PARELLA MASCULINA / 11 km.

– PARELLA FEMININA / 11 km.

– PARELLA MIXTA / 11 km.

(Nas categorías parella, computarase o posto do 2º membro da parella en chegar a meta).

Máis información e inscricións na web: www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com.