AS ESCOLAS VELLAS DE SAN MIGUEL DE REINANTE ACOLLERÁN ESTE DOMINGO, 29 DE MAIO, O DESFILE BENÉFICO QUE ORGANIZA A REDE DE VOLUNTARIAO LOCAL DO CONCELLO

CARTEL DESFILE BENÉFICO BARREIROS (1)AS ESCOLAS VELLAS DE SAN MIGUEL DE REINANTE ACOLLERÁN ESTE DOMINGO, 29 DE MAIO, O DESFILE BENÉFICO QUE ORGANIZA A REDE DE VOLUNTARIAO LOCAL DO CONCELLO. O QUE SE RECADE IRÁ DESTINADO PARA A ASOCIACIÓN RING 14 ESPAÑA.

Barreiros, 25 de maio de 2016. O vindeiro domingo, 29 de maio, terá lugar o Desfile Benéfico, que organiza a Rede de Voluntariado Local do Concello, dentro dos actos do VI Día Solidario.

Segundo explican “nesta ocasión a recadación será doada para a Asociación Ring 14 España, trátase dunha asociación que traballa con familias afectadas dunha enfermidade xenética rara, provocada por alteracións no cromosoma 14. Entre as súas finalidades están divulgar o coñecemento da enfermidade entre os médicos (xenetistas, pediatras, etc.) para que as familias poidan obter unha correcta diagnose, estimular a investigación científica no campo clínico, farmacolóxico, xenético e rehabilitativo, financiando proxectos de investigación e ofrecer apoio ás familias que teñan compoñentes afectados de discapacidades graves”.

O primeiro acto para celebrar o VI Día Solidario será este desfile benéfico, que  terá lugar o 29 de maio ás 17 horas nas Escolas Vellas de San Miguel de Reinante. O custe da entrada será de 3 euros e a recadación íntegra será para a Asociación Ring 14 España.

Os establecementos colaboradores neste acto son: Bandana (Foz), Geno (Lourenzá), Chinela (Foz), María Docampo (Foz), 5 Lobiños (Foz), Deportes Élide (Lugo), Lourdes Moda Íntima (Foz), Xanela Complementos (Foz), CondeSanto Confección (Lourenzá), Peluquería Anabel (San Miguel de Reinante), Peluquería Ana (San Cosme de Barreiros), Peluquería Almudena (Villamar), Peluquería Cid (San Cosme de Barreiros), Floristería Sefa (Mondoñedo), Floristería Cillero (San Cosme de Barreiros) e grupo musical Lecer.