As escolas de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, acolleron un acto en homenaxe a Manuel María

DSC_1194As escolas de Celeiro de Mariñaos, en Barreiros, acolleron un acto en homenaxe a Manuel María no que a concelleira de Cultura, Adelina Fernández, lembrou a vida do poeta lugués e seguidamente tivo lugar unha actuación da DSC_1190Coral Polifónica barreirense. Os asistentes gozaron de temas ben coñecidos como o himno galego, en homenaxe a Manuel María e ao Día das Letras Galegas, e tamén escoitaron unha canción habanera que serviu como adianto do que será o IV Festival de Habaneras que se celebrará este vindeiro sábado, 21 de maio.