AS DEPURADORAS DE BARREIROS ESTÁN TOTALMENTE DESBORDADAS

AS DEPURADORAS DE BARREIROS ESTÁN TOTALMENTE DESBORDADAS.RÍO SAN MIGUEL 3

Aos problemas da depuradora que verte na praia de Arealonga,súmase a falta de depuración en San Cosme e San Miguel.

A formación nacionalista insta ao alcalde e ao concelleiro de medio ambiente a facer un plan de investimentos e atallar estes problemas.

 

Barreiros, 13 de agosto de 2016. O Bloque Nacionalista Galego en Barreiros vén de comprobar que os problemas nos sistemas de depuración non son exclusivos de SAÍDA DEPURADORA SAN COSMEReinante, senón que existen exactamente igual nas parroquias de San Miguel e San Cosme.

“Hai xa unhas semanas que advertíamos ao goberno municipal dos problemas en San Miguel. A decantadora que hai non é capaz de decantar a auga que recibe e sae igual que entra, creando un grave problema de contaminación do río que vai desembocar ao outro lado da praia da Arealonga. De feito, o estado do regato que desemboca na zona de San Miguel desa praia dá boa mostra de que a situación da auga non é normal”, explica a portavoz municipal, Ana Ermida. “Estamos aínda agardando a que se execute o proxecto para unha depuradora que remate con este desastre, pero o propio alcalde no último pleno recoñeceu que non sabe cando se vai realizar”, explican.

RÍO SAN MIGUELA maiores disto, a depuradora de San Cosme segue sen funcionar correctamente, como xa advertimos desde o grupo municipal nacionalista  hai xa meses. “É unha depuradora nova, que non debera ter problema para atender as necesidades actuais, pero a incapacidade na súa xestión fai que non estea funcionando ao cen por cen e exista outro foco máis de contaminación”, asegura Ana Ermida.

RÍO SAN MIGUEL 2Desde o grupo municipal do BNG instan ao goberno municipal, “en concreto ao alcalde e ao concelleiro de medio ambiente a poñerse a traballar con seriedade nun plan de investimentos para atallar estes problemas que non son novos e que amosan a situación na que está o concello de Barreiros como consecuencia da incapacidade do grupo de goberno.”

A portavoz municipal do BNG insiste en que “a falta de previsión e a deixadez deste goberno municipal están levando a este concello a unha situación de caos que cada vez ten máis difícil solución. Están acabando con todo”, sentencian.