Arredor de 200 persoas encheron na noite de onte os xardíns do Eido Dourado, en Barreiros, para disfrutar dos sons de Tanxugueiras, as pandereteiras que
puxeron a nota musical a unha auténtica noite de verán a carón da praia da Pasada. O concerto, que foi un auténtico éxito, enmárcase no ciclo Sons no Solpor, que organiza o Eido Dourado e polo que xa pasaron este verán formacións como Agüeira Project, Milesios ou Barahunda. Celso Dourado subliñou que “quedamos sen sillas e houbo moita xente que presenciou o concerto de Tanxugueiras de pé. Estamos moi contentos coa acollida que está a ter a nosa programación cultural”.