Andrés Míguez “Souka”, novo xogador do Praias de Barreiros FS

Foto de Praias de Barreiros C.D.

Andrés Míguez “Souka”, novo xogador do Praias de Barreiros FS

O conxunto barreirense anuncia a fichaxe de Andrés Míguez Pernas (Celeiro-Viveiro, 02-04-1993). Natural de Celeiro, Souka formouse como xogador de fútbol sala nas categorías inferiores do Porto de Celeiro FS onde estivo en categoría cadete, xuvenil da mesma maneira que participaba co primeiro equipo de Terceira División.

O Burela FS foi a seguinte parada do de Celeiro, formou parte do equipo xuvenil, e do filial laranxa de Terceira División. Chegando a disputar o Campionato de España de Logroño coa selección galega sub-19.

O Xove FS (Terceira División) e o Ventorrillo FS coruñés de Liga Autonómica foron os últimos clubes dos que formou parte Souka antes de unise ó Praias de Barreiros FS.

Alfonso Fernández, secretario do clube barreirense foi o encargado de presentar á nova fichaxe.