Accidente e retencións na A-8 ao seu paso por Barreiros

Accidente e retencións na A-8 ao seu paso por Barreiros

15-10-16

O condutor dun turismo resultou ferido de diversa consideración ao saírse da vía o seu vehículo. Sucedeu ás 16:30 horas deste sábado na A-8, ao paso pola localidade de Barreiros.

Un turismo se saíu da vía cando circulaba en sentido Asturias. A persoa que viaxaba no interior sufriu un traumatismo na cabeza e foi evacuado en ambulancia polos servizos sanitarios de urxencia. Ademais, no accidente viuse implicado un camión, que sufriu pequenos danos materiais e o condutor resultou ileso.

A causa do accidente viuse interrumpido o tráfico, segundo sinalaron algúns conductores que se puxeron en contacto co 112 Galicia.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias informou aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Barreiros, que comprobaron que o ferido estaba liberado e accesible.