A xunta reforza a capacidade dos servizos de emerxencia do Concello de Barreiros coa entrega dun desfibrilador

A xunta reforza a capacidade dos servizos de emerxencia do Concello de Barreiros coa entrega dun desfibrilador

10-04-18

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, fixo entrega dun desfibrilador ao Concello de Barreiros, representado polo seu alcalde, Alfonso Fuente, no marco da aposta continua do Goberno galego por reforzar a resposta ante posibles emerxencias. Balseiro destacou a importancia da cooperación, colaboración e coordinación nun eido que redunda directamente na seguridade e no benestar dos cidadáns galegos, e reiterou a necesidade de seguir sumando na aposta dunha xestión conxunta neste eido, no que é tan importante a implicación de todas as Administracións, tanto autonómica, como locais e as provinciais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *